Apuntes sobre fauna e flora do
Incio
Comarca de
Sarria-Lugo
Secundino Lorenzo Fernández.
Nota moi importante:
No que sigue farei unha relación de fauna e flora sempre
referida os ríos do Incio e de Sarria e a miña páxina web
"A
vida nos ríos galegos".
Páxina na que podedes ampliar coñecementos, xa que
tendes fichas de todos eles.
Parto da base de que o número de seres vivos que se poden
atopar tanto no leito do río como nas súas beiras e
inmensamente grande, e polo tanto imposible de mencionalos todos
en ningún tipo de traballo, moitos inda non están estudiados
ou catalogados, polo que tratarei de poñer os
que máis abundan. Por poñer un pequeno exemplo do que estou
a decir, soio os macroinvertebrados catalogados que habitan
as augas doces en Galicia, e polo tanto nos nosos ríos, superan con
moito os 2000...
Compre decir que este traballo está feito a partir doutro
adicado o río Miño na súa totalidade, en donde saquei o que
realmente non existe na comarca de Sarria, ou sexa en Sarria e no
Incio.
Importante:
si
queredes consultar calquera ficha ou dato basta
pulsar no link. Para volver usar o retorno do ratón
ou do móvil.
Detrás deste estudio da fauna hai nada menos que 20 anos de traballo do
que escribe. Espero que lle saquedes partido...
Este é o meu
email por si queredes correxir ou ampliar
calquera cousa. ------------------------------------------------
.- ALGUNHA FAUNA DOS RÍOS da Comarca de
SARRIA
.- os PEIXES.

Os peixes exóticos
levan no nome algunha letra vermella. |
OS PEIXES |
F
Nota sobre os Peixes:
A comarca de Sarria, os seus ríos así como os do Incio eran
en tempos dos máis troiteiros de Galicia, así estaba
catalogado por exemplo o río Mao, o que pasa por Vilasouto;
confirmo este punto xa que pesquei o Mao nos anos setenta.
O encoro de Vilasouto en primeiro lugar rematou coas troitas,
polo menos no encoro. Botaron carpas, Black-Bass e
carangueso americano e en pouco
menos de sete anos adios as troitas. No río inda queda
algunha sobre todo pola parte de Goó e cara ao nacemento, pero moi poucas. Non
se depura ó suficiente. O río ten nesa zona peixes,
escalos e algunha troita. No encoro de Vilasouto hai moita
carpa, bass e caranguexos.
No río Sarria ten máis troita.
Por suposto desapareceron as anguías
dende o ano 1945 xa que non suben cos encoros.
-------------------------------------------------------------------
.-MAMÍFEROS
SL
 |
MAMÍFEROS
que podedes atopar
na Comarca de Sarria.
|
F
Nota sobre os
mamíferos: dudo moito que se atopen aguaneiros ,
salvo nas cabeceiras dos ríos
e tamén ratas aguadeiras. Por suposto nos
encoros non poden vivir, xa que o auganeiro
aliméntase de macroinvertebrados que nos encoros non
existen; nos encoros soio queda lodo... O resto pódesen atopar. O
feito de poñer o visón americano, o visón noso que é
distinto está practicamente extinguido (ten cor blanco
pola boca), o visón vese hoxe
en calquera lugar, é unha plaga, por
suposto non é galego e soio é producto dos que
escapan das granxas de visón. Unha magoa.
Hoxe en Galicia tamén é unha plaga o
xabarín, non ten moitos depredadores polo menos nesta
zona e repito unha plaga. Subindo ata Calvos polo alto
da Santa Cruz teño visto manadas enteiras cruzando.
Corzos vense moitos.
Dende esta páxina podedes
entrar nas fichas de cada un deles.
---------------------------------------------
AVES
SL
 |
AS AVES que
podedes ver na nosa comarca.
Algunhas non é
moi doado.
|
F
Nota sobre as
aves: na relación anterior está unha voa mostra das
aves que podemos ver preto dos ríos.
Logo engadín as
típicas que podedes ver e ademais son unha pasada
auténtica como o ouriolo (no tempo das cereixas, polo
menos en Calvos, fálase do galo cereixeiro) o galo que anda nas hortas e por
suposto os ferreriños, paporrubios, rula, pombo, etc.
Arriba sempre
vixiando algún miñato, na serra hai moitos. Pola noite
podedes ver algunha curuxa, en Calvos sei onde hai unha
pero non o digo...
Teño que facer
referencia, xa que hai varias e crian en Vilasouto das
cigoñas, concretamente a cegoña blanca Ciconia ciconia.
Poño dúas
fotografías sacadas en Vilasouto en maio de 2023, onde
hai varios niños de cegoña, aproveitando sobre todo o
cable da electricidade que vai a Calvos, as fotografías
gústanme moito:

Cegoñas na cima dos postes da
luz eléctrica, en Vilasouto, camiño de Calvos.

Cegoñas na cima dos postes da
luz eléctrica, en Vilasouto, camiño de Calvos. A misma
fotografía pero con máis detalle.
Poño polo menos un
video xa que non fixen ficha da Cegoña blanca.
Link sobre a Cegoña
Quedoume algún que
podedes ver pero non é moi doado como os mouchos e
outros. Na páxina miña de ríos galegos tendes máis.
Para profundizar
podedes usar este link.
--------------------------------------------------
.-Réptiles
 |
OS RÉPTILES
|
F
Nota sobre os
réptiles: na relación anterior está unha voa mostra
dos que nos podemos atopar, en particular as dúuas
cobras
natrix, inofensivas, dentro das cobras. Estas
normalmente están nos ríos.
Poño tamén a
Vibora de seoane, Vipera seoanei xa que eu atopei en
Calvos e convén coñecela xa que esta é a única culebra
velenosa que hai na comarca de Sarria. O ollo rasgado e
a cabeza son básicas para identificala.Na ficha tendes
as fotografías que fixen. Así que ollo...
No monte hai
outros tipos de culebras pero non son velenosas, salvo
esta. a Vibora de seoane. Na web tendes fotos e como
identificala.
O noso
sapoconcho (Emys orbiculares) non existe na
zona polo menos que eu sepa.
Dende esta páxina podedes
entrar nas fichas de cada un deles.
---------------------------------------------
.- Anfibios:
 |
OS ANFIBIOS
|
F
Nota sobre os
anfibios: na relación anterior está unha voa mostra
dos que nos podemos atopar. Eu non teño visto a ra
de san Antón por Vilasouto e Goó pero vexo que está
citada como estroza. Pudera ser, por eso a poño na
relación
Dende esta páxina podedes
entrar nas fichas de cada un deles.
---------------------------------------------
.-Insectos
 |
ALGUNHOS INSECTOS
|
F
Nota sobre os
insectos: dos miles de insectos que se atopan tanto
dentro do río como fora estos son os que máis se
mostran. Entre eles moitos que sirven de comida as
troitas e peixes e outros que están nas beiras do
río: en prados, zonas de cultivos, viñas, etc.
Dende esta páxina podedes
entrar nas fichas de cada un deles.
Faltan algúns
que temen precisamente os labradores: como o escarabello
das patacas, certos grilos, e outros. Pero aquí tendes
unha boa mostra.
----------------------------------
.-OUTRA FAUNA
IMPORTANTE:
 |
OS ARÁCNIDOS E
OUTROS SERES VIVOS
|
F
Nota sobre
este grupo de fauna: neste grupo hai algúns xa
desaparecidos como o noso cangrexo de río que
abundaba no Miño por exemplo por riba de Portomarin
na desembocadura do río Neira. Había moitos en ríos
de Sarria. Hoxe nada de nada. En algúns lugares botaron
o carangueso bermello que é unha equivocación tremenda,
rematou precisamente co noso entre outras barbaridades.
Ollo, no encoro
de Vilasouto hai caranguexos de río pero non é o
autóctono, xa quixera, trátase do caranguexo americano
que botaron coas carpas e os bass. Ver si queredes a
ficha do noso caranguexo que desgraciadamente está
desaparecendo dos nosos ríos, había moitísimos no río
Neira.

Caranguexo americano. Hai moitos no encoro de
Vilasouto, polo menos fai uns anos.
Esta
é a ficha do caranguezo autóctono e das características.
---------------------------------------------
.- Árbores:
 |
AS ÁRBORES
|
F
Nota sobre
este grupo: neste grupo están a maioría das árbores
que se poden atopar ou ben no mismo canle como
moitos salgueiros ou ben en primeira e segunda liña
do río.
O que marca a
nosa comarca son os castiñeiros e os carballos: por
suposto que hai outros que os plantan pola madeira e o
crecemento doado como o eucalipto.
Deixo aparte os
árbores frutais.
As tres
últimas son auténticas invasoras en Galicia e van a
máis as mimosas.
Dende esta páxina podedes
entrar nas fichas de cada un deles.
-----------------------------------------------------
Para rematar vou poñer algunhas plantas, soio 87,
que se poden atopar a beira dos nosos ríos ou mesmo no canle, como
plantas sumerxidas, algunhas delas son típicas dos primeiros kms. dos
ríos e outras como os ranúnculos e ceratófilos ou verdexos están en todo o
canle. O salgueiriño que aparece na primeira fotografía
é das plantas máis típicas que podedes atopar na misma beira do río,
esta fotografía está sacada nos Peares :
.-Plantas:
 |
ALGUNHAS PLANTAS E
ARBUSTOS
A BEIRA DOS RÍOS
|
F
As cinco últimas aparecen en xunqueiras.
Ata aquí as plantas que eu
penso podedes atopar a beira dos ríos da zona e
outras noutros lugares.
No monte veredes: toxos, xestas
(blancas e amarelas),
brezos, codesos, ortigas, silvas, caramuxo, uzes, veredes que
estas e algunhas máis están neste resumen.

Caramuxo ou silva macho. O froito
chámase escaramuxo.
Fotografía sacada preto de Belesar, á
onde fun en maio de 2023 buscando o Castro de
Belesar e vín moitos caramuxos no camiño.
Esta é a ficha desta planta.
Dende esta páxina podedes entrar nas fichas de cada unha delas.
Na miña páxina
tendes moitas máis.
Para regresar
pulsar flecha de volver.
Saír
a web do Incio-Calvos e Vilasouto.
|