Nasturtium officinale. 

Agrión. (Berro)

Photo © Carl Farmer

Son abondosos nas beiras dos ríos galegos. Sobre todos en augas limpas.

Os agrións son moi coñecidos. Hai moita xente que os toma en ensaladas, simplemente con aceite e vinagre. Os agrións ten un contido en sales e minerais (potasio, calcio, ferro, azufre e sodio moi grande. Tamén vitaminas A e C).

Eu son un deles.

Gústanme moito...

 

Ver  características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agrión ou berros.

Nasturtium officinale R. Br.

Agrión.

O dibuxo é de Otto Wilhelm Vitalba. Sensacional.

Entre 10-80 cm., a menudo tendida e medio sumerxida no borde da auga.

As follas son lastrosas, con 1-4 pares de foliolos ovales e o final maior.  Son algo carnosas.

Frecuente por debaixo dos 800 metros en Galicia.

Vive nos regos medio asolagada sempre.

Flores brancas ou algo purpúreas de 4-6 mm. de diámetro; pétalos casi doble de largos que os sépalos. Fruto de 13-18 mm.

Abondoso nas orillas dos ríos e prados moi húmidos. En galego chámanse agrión, mastranzo, agrón, berrago, berro, briza, brizo, cardama, mestranzo e mestruzo.

Os agrións son depurativos, diuréticos e estimulantes.

No son bóns para as gastritis e inflamacións das vías urinarias. Tamén é malo para a hipertensión ou enfermedades coronarias.

Especial para a reuma e os seus dores. Tamén para gretas na pel, feridas e gretas nos labios (mezclado con mel e triturado é especial).

 

Fotografía sensacional de  A. Mrkvicka.

Non se deben tomar despois de florecer. Tampouco en moita cantidade. A parte que está na auga debe tamén desecharse. Son moi especiais.

Fotografía deste link: en.heilkraeuter.net/herbs/watercress.htm

Páxina en inglés que fala sobre as grandes propiedades dos berros.

O texto está copiado  do libro de Mariano Garcia Rollán " Claves de la FLORA DE ESPAÑA"

Tamén consultei o libro sensacional "Flora de Galicia" de Xose Ramón García.

Saír.