Tamus Communis.

Uvas do Can. (Nueza negra).

As uvas do Can , son lianas ou plantas trepadoras e que se enroscan na dirección contraria das agullas dun reloxo. Poden ter ata 4 metros.

Esta planta e facilmente identificable xa que posee dos tipos de follas, unha en corazón e outra en forma de ril, as dúas  moi grandes.

Pero ollo coa confusión có saltasebes que enrosca no sentido do reloxo. As uvas do can, non, en sentido contrario. Ver fotografía; o ascenso da planta de esquerda a dereita, ou sexa en sentido negativo.

De tódolos xeitos ver as características. 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outra fotografía.

Uvas do Can

En galego ten moitos nomes: uvas do can, naboda, norza negra, nouza, noza, saltasebes,  uvas da cobra e valdeba.

En castelán: nueza negra, briona negra.

 

As uvas do Can , son lianas ou plantas trepadoras e que se enroscan na dirección das agullas dun reloxo, o que se chama en galego enrodelar. Poden ter ata 4 metros.

Esta planta e fácilmente identificable xa que posee unhas follas en corazón moi, moi grandes, e outras en forma de ril.

 

As follas son de 5-10 cms de dous xeitos distintos. Unhas son acorazonadas, rematando en punta longa.

Os talos son lampiños.

 

Outras teñen forma de ril. Tanto unha como outra son alternas e con pecíolo tan longo como a folla. Na base levan duas estípulas.

As flores femininas e masculinas van cada unha pola sua parte. Son distintas, como se ve no dibuxo.

Frolece dende a primavera e madurecen os seus froitos dende a mitade do verán.

Hai quen confunde as Uvas do Can co saltaseves. Este enrosca o revés e ten as follas distintas. O Saltasebes enrosca no sentido do reloxo. As uvas do can o revés.

Saltasebes.

As follas son distintas

Uvas do can.

As follas son distintas.

 
A folla do saltasebes é bastante distinta e non ten talos lampiños.
 

Uvas do can.

As uvas do can gabean casi sempre en sentido contrario o reloxo, mentras que o saltasebes no mismo sentido. De tódolos xeitos nesta fotografía non é certo...

Uvas do can.

As uvas do can gabean casi sempre en sentido contrario o reloxo, mentras que o saltasebes no mismo sentido.

Aquí si que vexo esta regra.

Na fotografía sacada na Devesa da Rogueira no Courel no outono de 2007 vese o froito das uvas do can precisamente a carón dunha silva macho. O froito pode confundirse co caramuxo, pasoume a mín,  pero son moi distintos.

Este é o caramuxo o froito é distinto parece unha ceboleta pequeniña.

 

Saír.