Meles meles.

Teixugo. Porco Teixo . (Tejón).

Teixugo.

De aspecto pesado e forte. O seu habitat case sempre é nas raíces das árbores sobre todo carballos.

Non moi lonxe están as súas letrinas ou cagadeiros, pequenos buratos na terra.  A súa vida faina de noite. Come sobre todo vexetais, pero tamén insectos, miocas , caracois, lesmas, un pouco de todo.

É moi rutinario e así non é dificil de cazar. 

 

Ve-las características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Teixugo- CARACTERÍSTICAS.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Teixugo.

Meles meles. ( Linnaeus 1766)

Mamífero da familia dos mustélidos.

Clasificación:

Reino: animalia

Filo: Chordata.

Clase: mammalia

Orden: carnivoros

Xénero: Meles

Especie: Meles meles.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Fotografía de Antonio Vázquez.

Teixugo, porco teixo, teixo, teixudo, tasugo.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Tejón.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Teixugo.

Entre 60-90 cms.  Un peso entre 7 y 13 kg. A cola ten entre 12 e 16 cm.

O teixugo pode vivir ata os doce anos. O normal é que non pase dos dous.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

É doado de identificalo, na cabeza ten bandas blancas e negras, únicas. Realmente parece que ten un antifaz negro.

 As orellas ten rebordes brancos, as patas e o abdomen son negros, o lomo gris plateado, as patas dianteiras teñen uñas moi largas. É plantigrado.

Inconfundible. Parece un pequeno oso, pero tamén pode compararse a un peludo cocho, de feito fai uns ruidos característicos.

A súa pelaxe é marabillosa, e empleabase non fai moito para facer brochas de afeitar.

Fotografía de Rollin Verlinde. 

Ten uñas poderosas. Con elas escaba profundas covas ou cubís.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Teixugo.

O celo vai de febreiro a octubro, pero sobre todo marzo , abril e maio. A preñez é un tanto variable sobre 60 días. Trae o mundo entre 1 e 5 conxéneres. Son crias desnudas e cegas con pelaxe blanquecina, e que abren os ollos os 30 días. Son amamantadas ata os 3 meses.  Non se sabe canto tempo botan as crías coa nai.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Moitos entre eles o home. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo e o zorro, de feito apareceron restos de teixugo en estómagos destes mamíferos.

De tódolos xeitos en condicións normais o zorro pouco ou nada lle fai o teixugo que sabe defenderse perfectamente. Ten boa dentadura e ten boas pezuñas que poden rebanar o pescozo de calquera.

Si se ve moi apurado métese nun buraco inda que sexa enseñando parte do corpo e cando ocurre esto é prácticamente imposible sacalo sin xogarse a vida o que o intente.

Ten un olfato e un oído fora de serie. A visión nocturna tamén é boa inda que este sentido non é o mellor.

O home caza o teixugo pola noite con lazos e outras trampas, como aparece escrito no libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro .

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Teixugo.

É omnívoro, come animais como lombrices, caracois , ras, pequenos mamíferos, carroña, raíces, bulbos, froita, en fin un pouco de todo.

Gústanlle as castañas.

Tamén lle gustan moito as uvas e o maíz.

Non desdeña comer serpes e lagartos.

O cazador dice que tamén come gazapos de coello, pero eso é ocasionalmente. O teixugo é imposible que colla un coello a carreira salvo que este esté enfermo e medio morto.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

Fotografía de D.E. Ryelandt

Habita en bosques de fronda e mixtos, é solitario, defeca sempre nos mismos lugares e vai sempre polos mismos sendeiros polo que é doado dar con el. Excava numerosas madrigueiras na terra que son usadas pola familia.

A súa madriguera ou tobeira ten moitas partes: camara principal, camara secundaria, conductos de ventilación, conductos de emerxencia, letrinas, literas ou cama, etc. Está moi ben organizado. É un auténtico sibarita.

Toma parexa para toda a vida. Hiberna (inda que máis ben habería que decir que ten períodos de inactividade longos, sobre todo no norte de España).

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de:

Todo o verán. O teixugo fai hibernación: esto quere decir que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir. 

O teixugo pode encontrar un bon lugar para hibernar nunha raiceíra. Ou sexa debaixo dun bon arbor, nas súas raices.

Por suposto o que queira ver o teixugo ten que acostarse tarde ou levantarse moi cedo xa que o teixugo polo día dorme ou come o que caza pola noite. Pola noite está sempre cazando xa que é moi voraz e necesita comer moito.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Fotografía de Jesper Kristiansen

É un animal moi curioso e limpo. Fai unhas litrinas para meter nelas os seus excrementos que xa quiseran imitar algúns humans que van o monte e fan de ventre onde lles peta e non tapan nada....¡¡ porcos!!...

Hai xente que vai o monte que son peores que os teixugos dende logo e que deberan tomar nota deles...

Hai unha cousa curiosa sobre a limpeza do teixugo que se conta no libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro . Seica o raposo si se quere facer con un tobo ou tobeira de teixugo, fai as súas necesidades na misma entrada. O Teixugo que é moi limpo acabará buscando outra coba e deixará esta por sucia.

Repito que moita xente debera tomar nota...

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Teixugo.

Figura no anexo III do Convenio de Berna, pero non goza de protección legal. Aparece na lista bermella de mamíferos protexidos.

Está de feito moi perseguido polos cazadores.

Eu penso que é unha vergoña, pero bueno. País.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Teixugo.

Hoxe atópase en toda Galicia.

É moi abondoso.

Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que é escaso. 

Vive nun radio de 2 kms. da súa madriguera.

Entra moito nas leiras de millo, onde se cazaba , polo menos en Randín ( Ourense) de noite póndolle unhos lazos. 

Logo comíase e seica estaba delicioso. Eu, era cativo daquelas, e non me atrevín a comelo, hoxe tampouco o faría.

Dice o refrán galego: "Si queres sudar e botar o frío fora, come teixugo". Seica ten moita grasa, de feito a súa carne está revestida de grasa amarela que é especial para todo tipo de dores, a reuma e a epilepsia.

Seica era o plato predilecto dos wikingos, según "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Teixugo.

O Teixugo é un "bon vividor", de feito as súas madrigueiras ou tobas teñen de todo: son varias galerias moi complexas, entre catro a oito saídas. As cámaras de reposo están a metro e medio de profundidade. Xeralmente as covas do teixugo desembocan en auténticas covas naturais.

Nos seus sonos invernais, que poden durar varias semáns vive das reservas de grasa acumuladas durante o outono.

O teixugo tratouse de domesticalo, pero seica é un pouco tozudo e non deu moito resultado.  De todas formas contase un caso no libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro no que se dí todo o contrario, ou sexa que si se pode domesticar e que seica sigue o amo a todas partes incluso con pequenos berros, si o amo corre moito...

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A súa pegada:

Dende logo é bastante característica e distinta.

Os seus Excrementos: son inconfudibles pola forma xa que fai un pequeno burato no chan, de aproximadamente uns 10 cm de profundidade e  dentro deposita os seus excrementos. Normalmente son cilíndricos e cortos, pero poden atoparse blandos. Normalmente ten algunhas letrinas xusto a saida das cobas que utiliza.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links teixugo:

Teixugo.

Link para ampliar datos sobre o teixugo.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Teixugo.

Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995. Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres cazadores" de Xurxo de Vivero.

"Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de José María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro

Volver a características