Tamén xa escasa en Galicia. A xeneta non é oriunda de España xa que a trouxeron os mouros. Era moi hábil cazando ratos.
Está presente por exemplo na Lagoa de Antela e nas fragas do Mandeo entre outros lugares. Ten o tamaño dun gato doméstico; a verdade que é fácil de distinguir polos suas cores. O rabo ten como oito ou dez aneis negros.
É un animal eminentemente nocturno, de ollos moi grandes, gatuña moi ben polas árbores. Come de todo, pero gústanlle moito os ratos. Come paxaros e tamén moitos insectos e incluso frutos como uvas , figos, etc.
![]()
| Nome científico |
Fotografía de Nigel Dennis Wildlife Phot Genetta genetta. ( Linnaeus 1758) Clasificación:
|
||||||||||||||
| Nome galego |
Fotografía de Nigel Dennis Wildlife Phot Xeneta, algaria , gato algario, gato de algalia, rabisaco.
|
||||||||||||||
| Nome castelán |
Fotografía de Antonio Vázquez. Gineta
|
||||||||||||||
| Dimensións |
Entre 40-55 cms. Ancho ata 38-48 cms. Peso 1 e 2,3 kg. Pode vivir entre 14 e 20 anos. Fotografía de noite, bastante curiosa. Ve-los ollos moi grandes, con estos ollos pode percibir perfectamente calquera movimento das súas presas. Sobra decir que é moi áxil, aparte de gatuñadora e segura. Baixa das árbores gatuñando pero cabeza abaixo. As pernas de adiante son moi cortas e as de atrás longas. As pernas típicas do mamífero saltador. É toda unha especialista.
Nesta fotografía sacada do fascículo nº 7 publicado pola Voz de Galicia sobre a Geneta, vese perfectamente o anterior. Por certo observar os bigotes, son bastante longos.
|
||||||||||||||
| Identificación: |
É moi dificil de ver, xa que actua de noite. Estamos ante un gato moi, moi grande. De tódolos xeitos a súa estampa é inconfundible e na miña opinión pódese confundir cun gato montés, de tódolos xeitos xa se ve , as súas manchas negras polo lombo, fanno inconfundible. A súa cola con ata 8 canelos tamén é típica. O gato soio ten manchado de negro o remate do rabo. A cabeza tamén é pequena en comparación coa do gato que é máis redondeada.
As orellas son moi grandes, así especiais para oir o que sexa pola noite. Ten tamén uns bigotes respetables, pola mesma razón, para detectar de noite todos os obxectos. Os ollos son verticais.
Pódese confundir có gato montés, pero a cabeza é moi distinta non tan redondeada e a cola remata en punta.
Nesta fotografía de Hervé Michel, onde se ve unha xeneta atropelada nunha estrada, vese como a cola remata en punta, así como o anelado típico.
A cola tamén é moi longa. Por certo a cola fai de timón direccional tanto na carreira como nos saltos. As uñas son semirretráctiles para que resulten eficaces a hora de saltar e a hora de cazar. Seica pode facer saltos de 4,5 metros e desplazarse a razón de 50 Km/h.
Ten un oído finísimo, unha vista moi penetrante e ademais capaz de ver pola noite (pupila vertical) e uns bigotes que lle informan dos mínimos obstáculos.
|
||||||||||||||
| Reproducción: |
A madurez sexual tena os catro anos. Ten dous apareamentos , un en febreiro-marzo e outro en xulio-agosto. A preñez dura entre 10-11 semáns, e trae o mundo entre 2-4 crias, cubertas de pelo, cegas e xordas, os oidos ábrense os cinco días e os ollos os 10 días. Son amamantadas durante 6 semáns e permañecen coa nai durante un mes.
|
||||||||||||||
| Inimigos: |
Moitos entre eles o home. O máximo peligro que teñen é a caza. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo. O feito de que poda vivir en case calquera lugar faina vulnerable. Morren moitas nas estradas.
|
||||||||||||||
| Alimentación: |
É un cazador nato, na súa dieta atópasen todo tipo de ratos (25%) e topos e pequenos mamíferos ata do tamaño dunha lebre. Tamén come paxaros, anfibios e reptiles, insectos, e frutos silvestres e baias. É preferentemente nocturno ou crepuscular. Por suposto que a súa dieta é oportunista. Así: Inverno: aves de corral, roedores e aves silvestres. Primaveira: coellos, aves, roedores e insectos. Verán: froitos, roedores, aves e insectos. Outono: froitos, aves, insectos e roedores. Nota: o que máis lle gustan son os ratos de campo, os tordos e as aves de corral.
O seu sistema de caza sempre é aproveitando a sorpresa, pode dar saltos incribles apoiandose no seu timón que é o rabo. No dibuxo de Felix Rodríguez de la Fuente sacado do Cuaderno de campo nº 39 vese un salto de árbore a árbore para coller un pito real antes de meterse no nido.
Outra técnica é acercarse de noite onde están dormindo. Así faino con moitos córvidos.
Moitas veces algúns roedores como os leiróns, por exemplo, póñense, escapando, as últimas ramiñas e en lugares que eles creen de dificil acceso para a xeneta. O final caen nas redes debido a axilidade que tén. Os coellos podeos atacar no seu tobo. Normalmente dalles morte polo pescozo.
|
||||||||||||||
| Habitats: |
Habita en fragas e masas arbóreas nas proximidades de ríos e regatos, manantiais e áreas de rochas en ripisilvas de ríos encaixonados, mesmo en ríos de pouco caudal e regueiros. En zonas boscosas e zonas mixtas. Gústalle moito estar preto de pobos, iglesias e caseríos sobre todo no inverno. O sistema de marcaxe é como o de moitos mamíferos, orinando e defecando nas fronteiras dos seus dominios.
|
||||||||||||||
| Vese nos meses: |
É dificilísimo vela. Ten hábitos nocturnos polo que é francamente dificil observar os seus movementos.
|
||||||||||||||
| Interés: |
Máximo. É unha auténtica xoia entre os mamíferos galegos. Por suposto cumple a súa misión, non debe esquecerse que o que máis lle gusta cazar son ratos de campo.
Non se entende como moitos cazadores teñen o dedo rápido para disparar a xeneta e matala. Esos cazadores deberan ser inhabilitados de por vida.
|
||||||||||||||
| Protección: |
Figura no anexo III do Convenio de Berna. Está protexida. Está tamén na lista vermella de especies a desaparecer.
|
||||||||||||||
| Distribución en Galicia: |
Habita en toda Galicia. É abondosa. Moi frecuente en áreas de bosque e sotobosque, sobre todo nas proximidades de canles de auga. A súa distribución é moi alta. ( Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I. Sociedade Galega de Historia Natural. 1995). Abondosa en fragas e masas arboreda nas proximidades de ríos e regatos de Galicia. Vive dende o nivel do mar ata os 1000 metros de altitude.
|
||||||||||||||
| Curiosidades: |
Cando se defende utiliza unhas glándulas que producen un fedor especial. As glándulas están no ano e cheira a almizcle. De feito esa algalia foi utilizada en Europa como compoñente de medicamentos e , sobre todo, como materia prima para a fabricación de perfumes, moi apreciada e cotizada antiguamente, actualmente esto soio se aprecia nos paises orientais. Emite uns berros típicos cando se ve alarmada. Tamén uns gruñidos típicos. Os excrementos son largos e finos con numerosas estrangulacións (sobre 8/9 cms de longo e de 1/3 cm de ancho) , e máis cortos que os da garduña e a marta. Fai as suas necesidades, ou sexa teñen os seus cagarruteiros en xeral en zonas elevadas pero moi visibles.
|

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995.
Cuadernos de campo. La gineta y el meloncillo. nº 39. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.
![]()