Salamandra
salamandra. Píntega común. (Salamandra).
Fotografía de Fernando Bellido.
(Salamandra variedade Gallaica)
Poño este anfibio con certos respetos.
A
píntega é tan terrestre que si cae a auga pode perde-la vida.
De tódolos xeitos non anda moi lonxe dos ríos. Cando vai a parir acude o
medio acuático introducindo a cloaca e a parte caudal na auga.
Vese nas carballeiras e soutos sempre pretos da auga. É o único
anfibio galego negro con manchas amarelas. Pode vivir 25 anos. Abonda moitísimo en Galicia.
Ve-las
características.
Saír
Píntiga común:
CARACTERÍSTICAS.
Nome
científico |
Nome científico:
Salamandra salamandra
( Linnaeus 1758)
Clasificación:
Reino: animalia
Filo: chordata
Clase: Amphibia
Suclase: Lissamphibia
Orden: Urodela
Xénero: Salamandra
Especie: Salamandra salamandra
Volver a
características |
Nome
galego |
Nome galego
Píntega,
sacabeira, salamandiga, salamanca, sacarrancha, pintárraga, pezoña,
pinchorra,
zarramancha, roncha, sapagueira, pinta, zaramela, e outros.
Volver a
características |
Nome
castelán |
Nome
castelán
Salamandra.
Volver a
características |
Identificación: |
Dimensións:
Entre 6 e 11 cms. de lonxitude corporal.
Coa cola pode chegar os 20 cms.
Pode vivir 20 anos.
Volver a
características
|
Identificación: |
Identificación:
O aspecto é gordocho, con cabeza
grande e glándulas a vista xunta a cabeza.
Neste trozo de fotografía (aparece abaixo
completa) vense perfectamente as glándulas parótides detrás da
cabeza.
Pero os aspectos poden ser distintos según sexa o
exemplar do norte ou do sur de Galicia ou norte de Portugal.
En resumen:
|
|
Salamandra salamandra
var. Bernardezi
Norte de Galicia |
Salamandra salamandra
var. Gallaica
Sur de Galicia
Norte de Portugal. |
Hai distintos tipo de corpo
da píntega en Galicia, según sexa do norte ou do sur, en realidade son
distintas subespecies; no norte de Galicia soe estar a Salamandra
salamandra Bernardezi; no sur e norte de Portugal a Salamandra
salamandra a variedade Gallaica.
Así:
Negro con
pintas marelas que, nas poboacións do norte, son dúas liñas cáseque
continuas ó longo do dorso, rabo e cabeza. As liñas amarelas
xúntanse na cola. Esta píntiga é máis pequena que a do sur.
Diseño en banda ralladas máis ben no
norte de Galicia. Variedade Bernardezi.
Sin embargo nas poblacións do sur de
Galicia é máis normal que sexa desta forma:
Fondo negro manchas amarelas máis ben
no sur de Galicia e norte de Portugal. Variedade Gallaica.
Destacan as dúas glándulas
parótidas a ámbolos dous lados da cabeza e unha liña, de glándulas
máis pequenas, paravertebral que recorre o corpo e mailo rabo. Con elas
segregan sustancias noxentas para defenderse.
O aspecto da píntiga o sur de
Galicia e norte de Portugal. Salamandra salamandra variedade
Gallaica.
Exemplar un pouco distinto, vese menos, pero dende
logo pode verse así en Galicia, sobre todo no sur.
Volver a
características
|
Alimentación: |
Alimentación:
Todo tipo de insectos. Gústanlle as miñocas e larvas
de insectos, inda que come un pouco de todo incluso arácnidos.
Tamén gusta moito das babosas e caracois.
Dende logo presta moitos servicios os homes,
ainda
que non o recoñecemos así.
Curioso: nunca xanta animais mortos.
Volver a
características
|
Habitats: |
Habitats:
Vive nos bosques, é polo tanto terrestre, evita os
prados así como os recunchos moi abruptos e o mato seco. Follas e
árbores caidas sempre que sexan húmedas e sombrias son o seu lugar
preferido. Tamén se encova baixo as pedras e por suposto as raigotas
dos arbres e matos.
Trátase dun anfibio nocturno.
Durante o inverno, a máis altura, soe darse o
período de hibernación, que remata coa primavera.
A hibernación non é polo tanto moi normal, xa que se
da en montañas altas.
Volver a
características
|
Reproducción: |
Reproducción:
O apareamento é moi curioso xa que o
cortexo e totalmente un xogo, corren, abrázanse, entrelázanse,
refréganse entre sí. Logo o macho deposita o seu esperma no chan, onde a
femia o recolle e introduce na súa cloaca.
O
que sigue, é máis curioso.
Trátase dun caso único de ovoviviparismo entre anfibios en Galicia. Pare
as súas crias en aguas limpas e osixenadas. Pode chegar a parir as crías (
cabezolos ou cágados) totalmente
desenvolvidas.
A verdade é que trátase dun caso inda non
moi estudiado, non está claro. Unhas veces nacen as larvas provistas de
branquias e a súa metamorfosis tarda de tres a cuatro meses en
completarse; outras veces trátase dun auténtico parto, xa que os
novos nacen totalmente desenrolados, despois de alimentarse, dentro
do útero, dos seus irmáns menos desenrolados.
"Pero o máis curioso da reproducción é o seu
ovoviviparismo, de xeito que os ovos se desenvolven e eclosionan dentro
da nai ata chegar a un grao de desenvolvemento variable segundo as
zonas. Durante esta xestación as larvas poden devorarse unhas a outras,
o chamado "canibalismo intrauterino", de xeito que nos casos
en que os xuvenís son paridos totalmente metamorfoseados o número de
crías é moi pequeno, entre dúas e catro, pero isto confírelle á
especie unha total independencia da auga e ás crías maiores
posibilidades de supervivencia, un caso único entre os anfibios
galegos. Este fenómeno parece ser máis frecuente na subespecie bernardezi
e témolo comprobado en poboacións da localidade de Cariño,
concretamente nunha horta rodeada dun muro duns tres metros de alto e
sen ningunha charca ou poza que fixese viable parir larvas con respiración
branquial. Mesmo así o máis frecuente é que as larvas sexan
depositadas na auga, aínda con branquias externas, e que aquí
completen o seu crecemento". Texto de Xusto Calvo Peña,
sacada
da dirección www de SGHN.
Outro misterio é que hai femias que paren os
poucos meses das cópulas e outras despois de varios anos. Incrible.
Vive entre 20-25 anos.
Volver a
características
|
Interés: |
Interés:
Fotografía de Giorgio Gozzi
"Luteus"
Moito como tódolos anfibios.
Interés especial. Sin embargo non figura na
UICN.
A píntiga ten sufrido unha notable
regresión en Galicia nos últimos anos, as causas están a vista: os
incendios, a destrucción do seu habitat en favor da presión urbanística,
o cambio climático, a introdución de especies que nada ten que ver co
noso entorno, e un longo etc.
Volver a
características
|
Protección: |
Protección:
Descoñezo o autor da fotografía.
Non está protexida que eu sepa.
Si está ameazada. Evidentemente poden verse ameazadas
pola desecación de zonas húmidas, así como a introdución de peixes e
crustáceos foráneos, moi típico últimamente en Galicia. Estos actuan
sobre as postas e as larvas.
Por suposto os incendios e a presión urbanística son
outras das causas da regresión da píntiga.
Volver a
características
|
Distribución
en Galicia: |
Distribución en Galicia
Dende logo é moi común en Galicia e atópase
prácticamente en calquera lugar, sobre de todo no outono e períodos
húmedos. A proba do anterior é que se trata dun animal que ten moitísimos nomes, esto demostra que é coñecido e
que é abondoso en toda Galicia.
Tamén se pode pensar que os nomes lle veñen de
que é o anfibio máis fuxido polas xentes, xa que coidan que ten
pezoña, aínda que no sexa peligrosa.
Pode atoparse ata alturas de 1.800 metros. De
tódolos xeitos é máis abundante no norte que no sur de Galicia.
Volver a
características
|
Curiosidades: |
Curiosidades
A píntiga sempre foi perseguida no noso país galego e tamén en
Asturias, sempre foi, inxustamente, acusada de envelenar fontes e
regatiños pequenos.
"Un anfibio sobre o que pesan acusacións
tales como provocar terribles doenzas ó seu contacto, bota-lo
"aire", mexar veleno, apodrece-lo membro da persoa que o
tocou... , todas elas falsas e seguramente provocadas polo audaz deseño
da súa coloración e tal vez polo "veleniño" que excretan
pola pel en caso de apuro como intento de disuadi-los predadores, que
poucas veces se dan por aludidos, pero que pode provocar unha pequena
irritación de entrar en contacto con ollos ou mucosas. Tamén a
suposta inmunidade ó lume é falsa e, de feito, os incendios forestais
son unha das principais ameazas tamén para a píntega" .
Xusto
Calvo Peña.
Realmente trátase do seguinte: cando se molesta solta un líquido
de aspecto leitoso e desagradable e que pode producir en algúns un
pequeno prurito na pel. Nada máis. Basta con lavar as mans.
Polo demáis sobra decir que é moi beneficiosa .
A súa defensa as veces, aparte do xa dito, é
facerse a morta, para elo, ponse panza arriba e a esperar, as veces da
resultado.
Rematando e resumindo a píntiga común: non é velenosa, non
escupe, non pica, non se meten polas orellas, no lume queimanse,
viven moi pouco (en libertade sobre catro anos). Si morden, pero
apenas se nota, os seus dentes son moi pequenos; tamén emiten un
sonido para comunicarse, pero non cantan...
Poden
trepar por cristales ou superficies totalmente lisas. E por último
non teñen párpados polo tanto non pechan os ollos, que por certo
limpan coa lingua.
Volver a
características
|
Folk: |
Folk da píntiga:
Os labregos en Galicia sempre tuveron a píntiga como
velenosa, e pensaron que podía dañar ao gando si chegaba a tocar o
zume que botan polas costas, e que lle chaman orballo.
A verdade é que non é certo. A mordedura da
píntiga pode producir un coxo ou goxo, que e unha sorte de pequeno
prurito, pero nada máis.
De tódolos xeitos para atallar o mal, que se
decía que era unha especie de chaga ou tumor, fanse cruces no sitio
infetado e recitase un ensalmo : "Si es de salamantiga, deiqui
abanta".
Volver a
características
|
Bibliografía
Fonte: "Esos anfibios e reptiles gallegos". Jose Curt y
Pedro Galán. Tamén utizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo
I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran
libro sin dúbida.
A maioría das fotografías están sacadas de
Internet e non figuran os autores.
Tamén teño consultado, octubro do 2006 o libro "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia" de Moisés Asensi.
Volver a
características
Saír.
|