É inconfundible. Nidificante / sedentaria |
É unha ave abondosa nos ríos de Galicia. Habita nos ríos e encoros con vexetación mesta. Tamén nas marismas. Construe o niño moi preto da auga. É doado observala coa súa niñada percorrendo o río e ensinando a súa prole. O asustarse, a prole escóndese preto da orilla. En Ourense, últimamente, marzo - abril do 2000, vense varias niñadas no río Barbaña, é un bon síntoma, inda que falta moito para limpar ben o río, ten máis de 30 lugares por onde saen vertidos fecais asquerosos.
|
AS PITAS DE AUGA; características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Alimentación |
| Habitats | Niños | Vese nos meses de |
| Interés | Protección | Curiosidades |
| Videos sobre a pita de auga. | O seu canto |
|
![]()
Nome científico
Gallinula chloropus
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Gruiformes
Familia: Rallidae
Xénero: Gallinola
Especie: Gallinola chloropus.
Nome galego
Pita de auga. Galiña de río. Galiñola.
Nome castelán:
Polla de agua.
Dimensións
Ten como media 33 cms dende a cabeza os pes. Os dous sexos son iguais.
Identificación:
O seu pico é inconfundible. Son pequenas incluso de adultos, como pitos de corral un pouco grandes.
Completamente negras e sempre co rabo a darlle para arriba e para abaixo nerviosamente.
Deféndense moi ben no río, nadan rápido.
Para emprende-lo voo bate as ás con forza axudándose coas patas. Pode margullar.
Nesta sensacional fotografía, da que descoñezo o autor, vese como levanta o voo axudándose das patas e batendo fortemente as súas ás.
Alimentación:
Herbas acuáticas, tamén de insectos, moluscos, vermes e caracois.
A galiña de río pode mergullarse perfectamente no río.
Habitats:
Bastante común en toda Galicia. Na fotografía pitas de auga no río Barbaña en Ourense.
Gústalle que o río teña vexetación.
Son bastante desconfiadas, enseguida se esconden...
Aguantan moito a contaminación. En Ourense teño visto a pita de auga en auténticas cloacas cheirentas.
Niños:
Constrúe o niño preto da auga, normalmente é unha especie de cesta a que lle pon un teito. Neste caso da fotografía o niño está construido entre pallas reais.
Pon entre 5-12 ovos cremosos con manchas pardas. Chocan os dous sexos durante 19-22 días; os polos son nidífugos,
Dúas roladas.
Os polos son alimentados polo macho e a femia.
Vese nos meses:
Eu penso que se ven durante todo o ano.
Interés:
Evidentemente teñen moito interés, sobre todo nos ríos de ciudade xa que aportan vida.
Son perfectamente compatibles con todo tipo de parrulos e lavancos.
Protección:
Especie vulnerable inda que hoxe é bastante abondosa nos ríos de Galicia..
Curiosidades:
Construe o niño moi preto da auga.
É doado observala coa súa niñada percorrendo o río e ensinando a súa prole. O asustarse a prole escóndese preto da orilla.
En Ourense, últimamente, marzo e abril do 2000, vense varias niñadas no río Barbaña, é un bon síntoma, inda que falta moito para limpar ben o río, ten máis de 30 lugares por onde saen vertidos fecais asquerosos.
Oir como canta e ampliar datos.
![]()
Pódese visitar esta páxina www. para oir como canta a pola de auga ( o querric forte) e o mesmo tempo ver outras fotografías e ampliar datos.
Tamén esta páxina é moi boa. Tamén se escoita como canta.
Videos sobre a galiña de auga: Videos sobre a galiña de auga:
Videos sobre a galiña de auga.
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
![]()