Reproducción:
Desova en bolas grumosas. O celo ten lugar na primaveira e chega ata o verán.
Entón xúntanse os machos a cantar nos regueiros pouco profundos.
Na primeira fotografía vese un
macho croando. O seu croar é moi alto e escoitase moi lonxe. Escoitar o
croar desta raniña neste link.
Desplázase ata 1.500 metros a determinadas charcas para aparearse.
É moi esixente coas charcas onde se aparea, non lle vale
calquera: entre 6 e 10,2 de PH, normalmente sin peixes e con
vexetación.
O canto chega moi lexos nas noites húmidas de primaveira.
Sin dudalo é a ra que en Galicia mellor canto ten. Dende logo, é
a que máis lexos
chega. O seu canto é ruidoso formando un coro nocturno de tres a seis
"guecs-guecs" por segundo.
Polo demais sigue as mismas pautas que tódalas rás.
A reproducción empeza en marzo. O canto dos machos acompaña os pescos
da troita nos primeiros días e dura ata xuño. Os machos poden cantar
metidos na auga, nadando, ou ben na beira, formando as veces grandes
concentracións.
Por certo o macho ten os membros anteriores
mais grandes ca femia e na primaveira mostran unhas rugosidades
negruznas na base do primeiro dedo que lle van a servir para agarrarse
as femias no momento das manifestacións nupciais. É o que se chama
amplexus, que son posturas moi peculiares.
Cando freza pon entre 2 a 125
ovos e esto faino entre 2 a 53 veces. En total sobre 2000 ovos. O
macho vai fecundando os ovos que pon a femia, con esta postura, que non
é o que se pode pensar. O amplexo é precisamente, esa pretuberancia
para collerse ben a femia e poder desenrolar esa labor, básica para a
vida.
Máis adiante apareceran, a partir dos ovos os
cágados. Os
cágados poden chegar a ser moi grandes. A metamorfose soe durar 2-4
meses, saíndo da auga a meirande parte dos xuvenís ó remate do
verán.
O proceso é moi complicado xa que os
cágados pasan da sustitución de algúns membros a aparición de
outros. Así aparecen as patas e o aparato respiratorio branquial é
sustituido por outro pulmonar.
Ver un pequeno esquema:
|
METAMORFOSIS.
A metamorfosis das ras é incrible, e
aparece nos dibuxos feitos por Felix Rodriguez de la Fuente, nos
seus cadernos de campo.
Na parte de abaixo os ovos, que as ras
poñen baixo a auga formando grandes masas de globos.
Logo pasa a cágado ápodo, é decir sin
patas. Dibuxo 2.
Máis tarde no dibuxo tres aparecen as
patas.
Finalmente nos dibuxos de arriba o cágado
xa se convirte en rá con cola que perde logo no último estadio.
|
Alcanza a madurez sexual os dous anos.
Logo
vive entre 6 a 9 anos, con un pouco de sorte.
Volver a
características