Taraxacum officinale

Mexacán. (Diente de León)

 

 

O Mexacán chamado en galego  Leitaruga e Dente de León  é un grupo de especies de follas basais grandes e grosas, de lóbulos triangulares dirixidos hacia atrás.

Florece en  maio. Vese moi a menudo nos prados.

As follas pódense comer en ensalada ou como verdura. Son moi diuréticas.

A súa raíz foi usada en tempo como achicoria e polo tanto como sustituto do café.

A flor é moi característica, dun amarelo rechamante...

Ver outras características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DENTE DE LEÓN.  MEXACÁN.

Quen non soplou algunha vez estas esferas deliciosas que nada máis sentir o vento xa voan e desaparecen...

Na fotografía son as sementes do mexacán.

 

As follas son moi alongadas e verdes. Son lanceoladas.

Os pedúnculos botan leite o arrincalas.

Florecen todo o ano , realmente, dependendo do terreo.

O nome científico é Taraxacum officinale.

En castelán chámase Achicoria amarga e tamén amargón, e por suposto dente de León.

Foi usada, as súas raices,  como sustituto do cafe.

É Depurativo, desintoxicante, diurético, colerético, dixestivo e laxante.

É unha planta amarga cuio consumo continuado pode causar molestias na mucosa gástrica. O latex que exuda pode  irritar a pel por contacto.

 

Presente en toda Galicia.

Este ano 2013 vense moitísimo a principios de abril pola zona do Cabe no Incio.

Indicaciones y comentarios:  a súa principal capacidade é limpar o organismo de axentes tóxicos. Ten efectos diuréticos e desintoxicante. Actua sobre a vesícula e os rils, imposibilitando a formación de cálculos, facilitando a emisión de orina e a eliminación de toxinas.. Combate a oliguria e a dificultade de orinar e axiliza a curación de outros trastornos como cistitis e uretritis. Ë un depurativo para os hipertensos, enfermos de gota, ademais o sobrepeso por retención de fluidos. Como tónico estomacal estimula os procesos dixestivos e suaviza as dixestións dificiles, posibles malestares e intoxicacións.

Explicación de por que se chama dente de León.

Tomado deste link, que por certo trae unhas fotografías fantásticas. Na da esquerda vese estos dentes que explico a continuación.

Seica o Doctor e botánico Leonhart Duch, no século XVI recomendaba o "Taraxacum officinale" os seus pacentes como astrinxente, antidiarreico, para o dor estomacal e para favorecer a menstruación: tomando como medida unha peza á que chamaba "dente". Así os pacentes tomaban un número determinado de dentes según a doenza e o grado.

Saír.