Bryonia dioica.

Saltasebes. (Nuez negra).

As gabeadoras ou lianas adoitan ter talos fortes que lles permite subir e agarrarse as arbores.

Son abondosas nas beiras dos ríos galegos.

Entre estas plantas a da figura é a saltasebes.

Estas plantas buscan a luz encaramándose, realmente enrodélanxe,  nas árbores, ata que o consiguen. Sempre no sentido das agullas do reloxo.

Ver características

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Saltasebes

Ten un tubérculo grande negro e tóxico. O tallo de ata 4 metros estriado e retorcido.

O nome de saltasebes está claro, xa que esta planta salta sebes e valados. As follas teñen cinco lóbulos.

Frente o peciolo leva un gavilán revirado, como os das viñas. Pode verse nesta fotografía.

Flores entre 10 a 15 mm. levan cáliz e corola de cinco pétalos, as masculinas. As femininas levan un estilete curto.

Na fotografía   pódese apreciar perfectamente os frutos do saltasebes que comenzan sendo verdes e rematan cun roxo vivo moi característico.  Son baias de 5 mm.

Tamén se aprecia na fotografía o gavilán enrollado, parte de abaixo da fotografía no centro hai dous.

Ollo que esta pranta é velenosa, inda que se ten empregado como mediciña sobre todo contra o reuma.

Frolece na primavera e os froitos madurecen durante o verán.

En galego ten moitos nomes: saltasebes, nabo caíño, nabo deu.

En castelán chámanlle nuez negra,  nueza, uva de lagarto, etc.

Saír.