Os fentos son as plantas máis coñecidas pola xente, en xeral. Pero ollo, en Galicia hai 71 especies, según a recente "Guía dos fentos de Galicia" de Henrique Niño Ricoi, Baía Edicións, de decembro do 2008. Por suposto están excluidas as ornamentais.
Algúns son moi abondosos nas beiras dos ríos galegos.
Para os pescadores son moi prácticos os fentos, xa que postos na cesta da pesca conservan moi ben as troitas e peixes todo o día. A troita ten tendencia a dar a espiña, cando esto ocurre é mellor tirar con ela, para que non pase eu utilizo os fentos.
Os mellores fentos para conservar as troitas: os fentos femia. Persoalmente distingo os machos das femias o tacto... Cincuenta anos a pe de río, teñen que sirvir de moito...digo eu...
CARACTERÍSTICAS DO FENTO FEMIA.

Fento femia, fotografías do autor da web. Na fotografía da dereita vense os soros que son ovais cousa que os distingue dos fentos machos que son redondeados. Ver máis abaixo en grande.
Fento femenino. Athyrium filix- femina (L.) Roth.
|
|
|
Vexamos as diferencia do fento femia e do fento macho:
Para mín son moi distintas o tacto, o fento femia é moito máis suave, as folliñas son distintas e dende logo os soros son completamente distintos xa que no macho son redondeados e no femia son ovais. Tamén son distintas as raíces. Ver os dibuxos:
![]() |
...... | ![]() |
| Fento femenino. Athyrium filix- femina. | Fento macho. Dryopteris filis-mas (L.) Schott |
Ver cousas do fento macho, para ver as diferencias:
Fento macho. Dryopteris filis-mas (L.) Schott
|
|
|
Ver algunhas fotografías miñas sacadas o 15 de Xuño no río Deza en Lalín:

Fento femia a carón do río Deza.

Os soros do fento femia anterior.

Soros do fento macho.
![]()