|
|
AGULLA DE AUGA, a Ranatra linearis: Características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Vese nos meses de... | Interés |
| Protección | Curiosidades | Os nepidae en Galicia |
![]()
| Nome científico |
Ranatra linearis. Linnaeus 1758. Taxonomia:
|
| Nome galego |
AGULLA DE AUGA.
|
| Nome castelán |
AGUJA DE AGUA.
|
| Dimensións |
O tamaño do adulto en Ranatra linearis varía entre os 30 e 35 milímetros, máis un tubo ou sifón respiratorio no extremo do abdome dun 20 mms. Os adultos chegan a vivir dous anos, alimentándose nese tempo de pequenos animais acuáticos ós que lle succiona os líquidos corporais como o resto das chinches.
|
| Identificación: |
Dende logo non é moi común, por outra banda dado o aspecto de pau que ten non é doado de identificar. Ten un certo parecido coa barbantesa, soio que a agulla é acuática, inda que se pode atopar fora do río.
Teñen unha cola que é pola que respiran. Trátase polo tanto dun sifón respiratorio.
|
| Alimentación: |
Son unos chupadores natos de todo tipo de pequenos seres dos ríos. É un cazador rapidísimo. Pasa o seu tempo entre as ramas do fondo esperando as súas presas.
|
| Habitats: |
Dentro dos ríos e charcas.
|
| Vese nos meses: |
De maio a agosto.
|
| Interés: |
Son moi espectaculares.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
| Curiosidades: |
Ollo a súa picada é moi dolorosa.
En Galicia hai duas especies de Nepidae nos nosos ríos, a Nepa cinerea que está tratada noutra ficha desta páxina web o chamado en castelán "escorpión de auga" e en galego "rezadeira de auga" e a Ranatra linearis a chamada en galego "Agulla de auga".
Ranatra linearis. Que trato nesta ficha. Esta información está sacada do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de los autores Marcos A. González y Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006
|
![]()