É o obxecto preferido na astroloxía para o signo Aries.
Ademais sobre o loureiro hai un refrán: "o que planta un loureiro nunca o verá medrar", este refrán fai mención de que o loureiro tarda moito en medrar.
O loureiro é bastante común preto dos ríos galegos, xa que inda que é unha arboriña de litoral, desplazouse moito polos ríos.
Non ten perda, as súas follas son moi características e o seu cheiro cando se corta a folla non ten igual.
Sobra decir que é fundamental na cociña, xa que é un condimento básico para cocer o marisco e nos escabeches.
A súa madeira é moi dura e cheira moi ben.
![]()
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego: | Nome castelán: |
| Habitat | Dimensións | Identificación |
| Froito | Flores | Tronco |
| Curiosidades | Bibliografía |
Revisado: 26/02/2008 |
| Nome científico. |
Laurus nobilis L.
Nota: Laurus= del lat. laurus, nome dado ó laurel/ nobilis= del lat.nobilis, -e, noble, xa que na época grega condecorábase ós nobres con coroas de loureiro.
|
| Nome galego |
Loureiro, gamallo
|
| Nome castelán |
Laurel
|
| Dimensións |
Fotografía sacada moi preto do muíño de Mercedes e Mourin, no río Sarria. Lugo. Matas de laurel. Entre 5 a 10 metros. Pode chegar ata 20 m.
Nesta lámina de Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé Edade media de 80 anos.
|
| Identificación: |
As follas son moi evidentes, son coriáceas, borde enteiro lanceoladas, cor verde escura, máis pálida no envés. O rompelas e rozalas na man, confiren un olor característico.
|
| Habitats: |
Fotografía sacada no Regato da Fefa, moi preto do muíño de Mercedes e Mourin, no río Sarria. Lugo. Matas de laurel. O laurel dase prácticamente en toda Galicia, máis nas Provincia de Pontevedra e Coruña, xa que é moi abondoso no litoral e penetra polos ríos ata o interior. Quere chans que sexan húmedos, xa que non aguanta a sequía.
|
| Froito: |
O froito é unha baga pequena, primeiro verde e logo negra na madurez.
Na lámina o froito está abaixo a dereita, é moi pequeno sobre 10 a 15 mm, ovoide e carnoso. Parece unha oliva.
|
| Flores: |
As flores son blancas verdosas ou amarelas, como as da fotografía de Thomas Schoepke. As flores vense perfectamente nesta fotografía:
Fotografía de J.R. Crellin. 2005
|
| Tronco: |
O tronco é dereito. A cortiza e parda vermella. Copa baixa cónica.
|
| Curiosidades: |
O ramo do loureiro é o símbolo históricamente da victoria, con este ramo eran coronados os príncipes e tamén se lle poña os poetas. Tamén era utilizada para venerar os deuses. O laurel é básico na cociña, sobre todo para cocer marisco, nos escabeches, etc. A madeira é moi dura e ten moitísima utilidade aparte do bon olor. As súas propiedades medicinais son abondosas: para o reuma, o estómago, etc. Tamén se utiliza como planta ornamental. Por último é curiosa esta historia: É o obxecto preferido na astroloxía para o signo Aries. Ademais sobre o loureiro hai un refrán: "o que planta un loureiro nunca o verá medrar", este refrán fai mención de que o loureiro tarda moito en medrar.
|
Casi toda a información está sacada do libro "Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Calros Silvar. Os dibuxos son deles.