|
|
Lipafontes común: CARACTERÍSTICAS.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Identificación | Habitat | Alimentación |
| Reproducción | Distribución Galicia | Interés |
| Protección | Curiosidades | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Fotografía de P. Dubois. Triturus boscai ( Lataste, 1879) Nota: actualmente seica se chama Lissotriton boscai según vexo nos estudios da Lista patrón actualizada da herpetrofauna española que se pode ver neste link. Por suposto tamén no libro citado na bibliografía e publicado por Moisés Asensi en Baía Edicións. Trátase dun anfibio urodelo, con cola coma as salamandras. Taxonomía: Reino: animalia Clase: anfibios Orden: caudata Familia: salamandridae Género: Lissotriton Especie: Lissotriton boscai
|
||||
| Nome galego |
Foto de P. Dubois. Limpafontes común. Pintafontes común. Sabanduxa común. Lagartixa de auga. Gardafontes.
|
||||
| Nome castelán |
Lagartija de agua.
|
||||
| Identificación: |
Como moito pode botar unha lonxitude de 10 cms. Moi parecido o triturus helveticus ( limpafontes palmados, que son os que hai en Galicia) , pero o seu tamaño é un pouco maior. O peito e o ventre son vermellos e non ten antiface, tampoco ten crista na parte de atrás, nin filamento caudal nin palmaduras nos pés.
Son un pouco distintos o macho e a femia. Ver os dibuxos dos outros trituros que hai en Galicia, para distinguilos:
Ver tamén as imaxes: |
||||
| Alimentación: |
Na fase acuática consumen larvas de dípteros sobre todo. Logo consumen todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros trituros, etc.
|
||||
| Habitats: |
Foto R. Griffiths. Prefere pequenas masas dos ríos, fontes, pozas nas beiras dos ríos, pilóns, etc. Hai quen dice que é moi sensible a contaminacións e que nas fontes onde vive este trituro pode beberse sin problemas. Por eso se chaman gardafontes. Tamén se dice o contrario, ou sexa que se atopan tamén nas fontes contaminadas. O que está claro é que limpan as fontes xa que a súa alimentación está clara.
|
||||
| Reproducción: |
A reproducción comenza en febreiro ou abril. Pon os ovos na auga, as larvas (cágados) rematarán o seu desenvolvemento polo verán.
Vive entre 10 a 15 anos.
|
||||
| Interés: |
Moito como tódolos anfibios. Interés especial.
|
||||
| Protección: |
No está protexida que eu sepa. De feito na UICN non está catalogada. En España é unha especie que está catalogada como de preocupación menor LC. Dende logo é o urodelo máis abundante en Galicia, pero ollo que é moi sensible a calidade das augas.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Foto F.P. Glez. de la Vega. Dende logo é moi común en toda Galicia, en algunhos lugares máis, por soposto. É común en toda a Provincia de Pontevedra e a Coruña, en Ourense e Lugo menos. Está máis limitada pola altitude que os outros limpafontes; chega os 1.600 en Trevinca , 1.200 nos Ancares e Courel e 700 no Xistral.
En Ourense seica se ten localizado na Limia, nos montes de Vilar das Tres e Cudeiro; tamén na baixa Limia e na Ribeira Sacra.
|
||||
| Curiosidades: |
Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno dragón.
|
Fonte: Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán. Tamén utizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.
Hai un traballo sensacional en internet neste link. É de Carmen Díaz-Paniagua.
![]()