Fraxinus angustifolia. Freixa. (Fresno de la tierra)

A freixa vese moito na beira dos ríos ourensáns, concretamente  no río Miño o seu paso por Ourense hai moitas, tanto en Reza como   na desembocadura do Loña, ou en Outariz; como a da fotografía.

Son árbores de folla moi tupida pero moi estreita; o tronco é dereito.

A súa madeira era moi apreciada para facer mangos de ferramenta, etc. A leña é boa combustible.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FREIXA:    Características

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Habitat
Froito     Forma das follas Tronco e madeira.
Protección Curiosidades Interés
Fotografías varias

Freixas monumentais

Bibliografía

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

Nome científico

NOME CIENTÍFICO:

Fraxinus angustifolia. (lin.)

Clase: Magnoliophyta

Orde: Lamiales

Familia: oleaceae

Xénero: Fraxinus.

 

Nota: angustifolia quere decir follas estreitas. Efectivamente esta árbora ten as follas moi estritas.

Volver a características

 

 

 

 

 

Nome galego

NOME GALEGO:

Freixa ou freixo a carón do río Miño en Ourense.

Freixa, freixo de folla estreita.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Nome castelán

NOME CASTELÁN:

Fresno. Fresno de la tierra. Fresno de hoja estrecha, fresno de Castilla.

Freixa no Paseo das Ninfas en Ourense. Río Miño.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Dimensións

DIMENSIÓNS:

Ata 25 metros. De tódolos xeitos non é moi normal que pase dos 15 metros.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

IDENTIFICACIÓN:

           

As follas son compostas, bastante caedizas, máis ben lanceoladas. Estreitas. Enteiras na base e dentadas o resto. Curioso, tantos dentes como nervios secundarios, as veces algún dente máis.

Ten entre 5 e 13 folíolos, un deles sempre é terminal. Ver a fotografía da dereita. Ou ver a de abaixo, que ten 8 folíolos.

Os folíolos son, como xa está dito, estreitos e coas beiras dentadas.

E tamén característico os froitos en samara:

Follas e froito.

Así como tamén as flores en espigas que primeiro son erectas e logo colgan como si foran péndulos:

Non é tan alto como o fresno común. Co follaxe menos denso.

As follas moi estreitas como se ve na fotografía. Sempre cun folíolo central de terminación

A copa é alta ovoide, alongada. Trátase dunha arbore de pouca sombra.

O tronco tamén é bastante característico xa que é agrietado na súa madurez. A corteza é marrón-vermella.

Volver a características

 

 

 

 

 

Habitats:

HABITATS:

Foto do autor da www.

Fotografía dunha freixa (freixo de folla estreita)  na zona de Reza en Ourense onde hai uns cantos.

A beira dos ríos pero ollo máis ben na zona de Ourense e Pontevedra. Pola zona do norte non existe, salvo algunhos exemplares pola costa da Coruña.

Ou sexa,  no norte de Galicia dase o freixo que é Fraxinus excelsior,  e na zona de Pontevedra e Ourense tamén o freixo ou freixa que é o Fraxinus angustifolia. Ou sexa a freixa dase no centro e no sur de Galicia.

A distinción non é moi doada o tema está nas xemas que no F. angustifolia son castañas oscuras e lampiñas, mentras que no excelsior son negras e aveludadas.

Esta é a xema da freixa, tira a castaña oscura. Esta é a xema do freixo que tira a negro.

Volver a características

 

 

 

 

 

Froito:

FROITO:

Floración precoz entre febreiro e abril, moi pouco vistosa e pequenas. O froito é como un á oblongo-lanceolada. Realmente é unha sámara inda que a mín máis ben paréceme como unha faba.

O feito é que esta á móvea o vento e fai a súa misión.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Forma do tronco:
Forma do tronco e madeira.

Na fotografía vese o tronco da freixa que é dereito e de cor parda grisácea inda que depende da edade lóxicamente. O tronco e groso e de cor grisácea

Nesta fotografía, sacada no río Lonia en Ourense vexe mellor.

Densidade Moderadamente pesada .
Utilización: Mobiliário: macizo; contraplacado e folheado (elementos estruturais; paneiss e follas decorativas).
Construción: carpintaria de limpos -decoración, pavimentos e teitos; portas interiores, etc
Indústrias conexas: torneados, molduras, ornatos, escultura, etc.
Mangos de  ferramentas.
Formas de calzado.
Estores e persianas.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Forma das follas:

      FORMAS DAS FOLLAS:

               

Follas da freixa. Son follas estreita, de onde lle ven o nome. 

Aquí vese a forma das follas que son estreitas e longas entre 15-25 cms. Pódense atopar ata 13 folliñas no mismo pau, ou sexa ata 15 folíolos, un deles sempre é terminal...

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Interés:

INTERÉS:

Moito. A leña é moi boa tanto como combustible ou ben para facer carbón. A madeira utilizábase fai anos para facer mangos de ferramenta. 

As follas son moi boas para o gando

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Protección:

PROTECCIÓN:

Non está protexida.

Esta da fotografía non creo que lle queden moitos días de vida. A fotografía é de xuño do 2005. Está feita en Ourense a carón do viaducto.

De feito na zona están a facer un sendeiro e xa está media desfeita co terraplén.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Curiosidades:

CURIOSIDADES:

Freixa no paseo das ninfas en Ourense.

A cortiza utilízase como tónicas.

Outra fotografía da freixa, a beira do río MIño.

En tempos de sequía a folla do freixo metíase na palleira e utilizábase no inverno para dar de comer o gando. Efectivamente a folla cómena perfectamente as vacas.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Freixas monumentais en Galicia:

FREIXAS MONUMENTAIS EN GALICIA:

Sin dudalo hai unha freixa no pobo de As Nocedas en Monforte de Lemos que ten por riba dos 250 anos, ten 6,5 metros de perímetro e mide por riba dos 18 metros. É impresionante inda que non a tratan ben, está a beira dunha estrada e un pouco descuidada, incluso o tendido eléctrico pasa entre as ramas...

¡Impresionante!.

Freixa de Montepando. O Val (As Nocedas. Monforte de Lemos)

As fotografías son do autor da www, as dimensións aparecen no libro de A Nosa Terra titulado Árbores de Galicia.

 

Volver a características

 

 

 

FOTOGRAFÍAS

Esperemos que esta freixa non a pasen pola "serra" nos próximos días. As árbores téñeno mal en Ourense ciudade...

Freixa impresionante a beira do río Lonia en Ourense. Xuño do 2005. Neste río de Ourense ciudade, maltratado e esquecido por tódolos gobernos do Concello de Ourense dos últimos 30 anos, hai unhas freixas impresionantes. O peor é que o río está desfeito.

Volver a características

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA

Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.

Volver a características

 

 

flecha.jpg (1049 bytes) Subir.