Ver características da abella.
|
Coa abella pasóume unha anécdota un pouco seria, pero que supen reaccionar a tempo, e hoxe incluso me río do trance. Polo demais e un insecto o que lle teño moita simpatía por razóns obvias. Un día estando de pesca no Leboreiro, en Montederramo en Ourense, oín un zumbido forte, que foi a miña salvación. Cando virei a cabeza viña un balón enorme de abellas voando e na miña dirección. Naquel intre o único que se me ocurriu foi votarme o chan, e penso que foi a miña salvación. Xusto nun árbore que estaba xunto a min, fícaba o molocote de abellas que segundo antes viñan voando. ¡ Que mal o pasei!. |

Tamaño real.
|
|
Reino: Animalia Clase: Insectos Orden: Hymenopteros Familia: Apoidea Xénero: Apis Especie: Apis mellifera
|
|
|
Así remataron as abellas cando pasaron por riba da miña cabeza. En realidade trátase dunha reina e o seu séquito en busca de lugar para completar o seu ciclo reproductor. As abellas son uns dos insectos máis coñecidos, de feito chámase "abella doméstica" e sin dúbida é un animal doméstico. A producción de mel en Galicia é de moitísima abundancia e moitísima calidade. O seu sabor cambia según as flores da zona. A mel é exquisita e nos pobos de Galicia é a mediciña para todo. As fotografías están sacada do libro "Insectos" de Gunter Steinbach. |
|
|
Na fotografía vese a reina cuidada polos seu séquito. A organización das abellas e un dos feitos máis coñecidos polo gran público, polo que penso que non fai falta explicalo. Por resumir moito: os panales das abellas que poden estar nun árbore ou nos trobos domésticos ou colmeas, teñen unha zona interior onde en celdas exagonais, van pondo os ovos e una exterior onde se acumula os alimentos: ademais do polen e a mel, que logo serviran de provisións. As obreiras veña a traballar e traer comida, os zánganos a aparearse coa reina, e a reina a poñer ovos. O finalizar o ano cambia de nido có seu séquito e veña a comenzar o ciclo novamente, con nova reina, etc. |
|
|
|