Chondrostoma duriense.

Peixe. Boga del Duero.

Peixe. Fotografía de S. Lorenzo, autor da www.

Este peixe, que se ve na fotografía,  é o típico ciprínido que os pescos ourensáns chamamos peixe, sin dúbidas é o máis sabroso no plato.

En Ourense os peixes de Leboreiro, de Chandrexa de Queixa, do Salas e de  San Cristobal (Trives) son os mellores, pero cada día hai menos e de peor calidade. Os das Conchas eran moi bons pero hoxe casi non existen. ¡Unha mágoa!

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características: peixe

Peixe. Fotografía de S. Lorenzo, autor da www.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Alimentación e hábitos
     
Habitats Desove Ver a distribución.
     
Vese nos meses de ... Interés Pesca
     
Protección Curiosidades

Peixes e bogas

salir.jpg (922 bytes) Saír.                

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Chondrostoma duriense Coelho, 1985

 

Clasificación:

Reino: animalia

Filo: Chordata

Clase: Actinopterygii

Orden: cipriniformes

Familia: Ciprinidae

Xenero: Chondrostoma

Especie. Chondrostoma duriense

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Peixe , boga, pepa

Nesta fotografía cunha parte dunha pescata feita polo autor da web vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda a dereita é boga.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Fotografía do peixe. Río Navea. Ourense. Foto de S. Lorenzo.

Boga del Duero.

 

Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses. Merece a pena velo. Espectacular.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Peixe. Fotografía de S. Lorenzo, autor da www.

Ata 40 -50 cms como moito. O normal son 15 cms.

Nesta fotografía cunha parte dunha pescata feita polo autor da web vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda a dereita é boga.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Peixe. Fotografía de F. Palacios "libro roxo e atlas dos peixes de España". 2001.

O corpo é moi alongado, máis que a boga ( xeralmente) e outras especies, a abertura bucal é inferior e recta. O labio inferior é groso e presenta unha lámina córnea desenrolada. As aletas dorsal e anal son longas frecuentemente con oito radios ramificados e algunhas veces con nove.

Escamas pequenas e na linea lateral soe ter entre 63 e 74.

O número de dentes farínxeos é de 5-5 e o de branquiespinas de 12 -24.

O corpo soe ter pequenas manchas negras moi marcadas.

Fotografía do peixe. Río Navea. Ourense. Foto de S. Lorenzo.

Ata aquí a descripción que fai o libro "Atlas y libro rojo de los peces continentales de España " de I. Doadrio, Ministerio de Medio Ambiente de España e o  CSIC, copiado ó pé da letra.

Nesta fotografía cunha parte dunha pescata feita polo autor da web vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda a dereita é boga.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación e hábitos:

Fotografía do peixe. Río Navea. Ourense. Foto de S. Lorenzo.

Estos peixes aliméntase de bichos do río, casullo, pequenos anfibios, ovos, etc. Tamén mosquitos, moscas, etc.

A súa reproducción faina entre abril e xuño. As veces suben a miles polos ríos, é incrible.

É un peixe moi gregario, andan en manadas e eso sábeno ben os pescos que normalmente ceban o río para pescalos (no ano 2001 está permitido). O cebar, xúntanse todos a comer e, péscanse mellor.

Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses. Merece a pena velo. Espectacular.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

 

Poden vivir nos encoros de todo tipo, aguantan a eutrofización perfectamente, polo menos de momento.

Tamén se atopan en ríos de correntes máis rápidas e dende logo son os mellores, refírome a que os mellores peixes no plato, son os de correntes rápidas.

Xeralmente gústanlle os tramos medios dos ríos. Non son peixes de cabeceira como outros.

Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses. Merece a pena velo. Espectacular.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desove:

Fotografía do peixe. Río Navea. Ourense. Foto de S. Lorenzo.

A reprodución faina entre abril e xuño. Durante a freza, os machos mostran uns tubérculos nupciais moi característicos na cabeza e na parte inferior do corpo. Os ovos en número de 50.000 ata 200.000, dunhos 2 mm de diámetro son postos en augas moi baixas e terrenos pedregosos e de pedriñas ou areosos.

As larvas eclosionan entre 5 e 8 días e miden 4 mm, tras 1-5 anos o peixe pasa a ser adulto.

Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por suposto un apartado dedicado a boga. Leva por título Durienses. Merece a pena velo. Espectacular.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de ...

Vense moítisimos nos meses de maio e xuño. Xulio tamén é un bon mes.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Normal. Son imprescindibles nun río.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pesca:

A súa  pesca é bastante doada incluso para os novatos. Un cana de 3,5 m. ou máis, un sedal fino ( ata 500 grs o 1 kg de resistencia), o típico corcho ou flotador, un anzó do 15 ou 16, un bicho blanco ou o casullo (que se pode coller no mismo río) e veña a sacar peixes. Hai dende logo auténticos mestres que os sacan a pares ...

Logo, na sartén, volta e volta, e si son de correntes lentas ou rápidas,  é un manxar super-exquisito e único.

Nesta fotografía cunha parte dunha pescata feita polo autor da web vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda a dereita é boga.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Fotografía do peixe. Río Navea. Ourense. Foto de S. Lorenzo.

Normal. Eran moi abundantes pero, ollo en Ourense están a desaparecer totalmente

Nas Conchas: casi só hai carpas.

No río Miño en Ourense : moi poucos ou ningún, cóllese o escalo que é distinto.

En Chandrexa : cada vez menos, hai moita boga e seguramente botaron especies exóticas xa que non hai nin o 10%  do que había fai 10 anos.

E así suma e sigue en Ourense...

Razóns: todo o mundo as coñece,  menos as nosas autoridades, que non se enteran. 

Según o libro recientemente publicado, febreiro do 2001 "Atlas y libro rojo de los peces continentales de España" está especie é vulnerable debido á introdución nos nosos ríos de especies exóticas como a carpa e outras, as minicentrais e encoros , a extracción de áridos, o mal uso dos regos no verán que deixan os ríos secos e morre todo canto hai, e sobre todo a contaminación galopante.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Peixe no Vanvea. ASutor S. Lorenzo F.

Peixe do Río Navea en Ourense. Esta fotografía é do día 28 de xulio do 2001, na presa dos Peixes. Unha presa que se chama así xa que é moi dificil que suban os peixes desta presa para desovar. De tódolos xeitos coas riadas do 2000 subiron moitos.

Foto do autor da www.

Nesta fotografía cunha parte dunha pescata feita polo autor da web vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda a dereita é boga.

Para mín, en Galicia, quitando o salmón, que prácticamente xa non existe (e que tuven o gusto de degustar, nunca mellor dito) e despois da nosa troita (unha boa troita das nosas serras, inda hoxe é boa), os peixes desta especie son un bocado exquisito, sensacional e único, as veces incluso son máis ricos que as troitas, certifico.

E que conste que son pescador e por regra xeral os pescadores non lle gusta o que pescan, a mín sí me gusta, pero cada día teño que ir máis lonxe:

A contaminación, a merda, os vertidos fecais directos, os vertidos industriais, etc... son un auténtico asco. Sin meterme hoxe, coas especies foráneas ou coa desfeita das minicentrais na nosa provincia que non teñen perdón...

¿ Quen, con un mínimo estomago normal, pode comer un peixe ou troita pescada no río Miño en Ourense? .

Hai que ter cara...e pensar pouco nos demais... cando a mín soio con pensalo danme nauseas...

Hai moito que depurar nos ríos de Ourense ciudade.

Na provincia hai tamén que mirar un pouco máis polos ríos. Temos que cuidar o que temos. O peixe desta ficha está a desaparecer totalmente, en xulio do 2002. Esto, sabémolo moi ben os pescos, pero a nosa Consellería de Medio Ambiente non se entera.

Vamos mal, moi mal...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Peixes e bogas

Nesta fotografía, cunha parte dunha pescata feita polo autor da web,  vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda a dereita é boga.

Nesta fotografía os peixes e as bogas están limpas polo que aparecen sin aletas e aberta o corpo.

Esta é unha boga para os pescos de Galicia. Por certo menos apreciada que o peixe, ten moita máis espiña e peor sabor.

Este é un peixe para os pescos de Galicia. Por certo con moito mellor sabor que a boga.

Nesta fotografía os peixes e as bogas están limpas polo que aparecen sin aletas e aberta o corpo.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

Peixe. (Boga del Duero)

PEIXE - (BOGA DEL DUERO)

Este peixe está presente en tódolos encoros e moitos ríos de Galicia.

Vai a menos paulatinamente. Hoxe non chega nin o 10% dos ciprínidos, cando realmente estaba no 90% fai 30 anos.

¿Que está a pasar?.

Unha política nefasta cos ríos de Galicia, onde está a proliferar a boga, a carpa, o black Bass e dicen que ata o lucio...

¡¡¡ Que desastre !!!.

Nesta fotografía cunha parte dunha pescata feita polo autor da web vense casi todos peixes e catro bogas. As bogas teñen a librea toda igual con escamiñas parecidas. Arriba a segunda a dereita é boga.

Boga dos nosos ríos. Nesta fotografía  ten cortadas as aletas. Simplemente ver a librea.

Ir a características