Notonecta glauca. Nadadora de espalda. (Garapito)
|
|
O nadador de espalda: Características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Vese nos meses de | Interés |
| Protección | Curiosidades | Notonectidae en Galicia |
![]()
| Nome científico |
Taxonomía:
|
| Nome galego |
Nadador de espalda. Notonecta. Abellas de auga. Garapito.
|
| Nome castelán |
Nadador de espalda, garapito. Remero grande. Notonecta.
|
| Dimensións |
1 cms. Máximo 1,5 cms.
|
| Identificación: |
O único que os pode distinguir de outros é que nadan de espalda coa parte ventral cara arriba (que é de cor parduzco e amarelo), por outra banda teñen moi longas as patas nadadoras, cheas de pelos. Suben moi a menudo para respirar, xa que o fan polo método da burbuxa (atrapan unha burbuxa de aire que manteñen baixo as ás, de feito si o necesitan fan usos desta burbuxa. O sistema respiratorio é de tipo traqueal. Ten polo tanto uns espiráculos no abdomen que se abren ou cerrar cando quere.
Teñen ollos moi grandes, oscuros e brilantes. As patas posteriores son auténticos remos. Os adultos son bons voadores. Os machos atraen as femias frotando as patas na cabeza. É moi sensibles as vibracións.
|
| Alimentación: |
Devoran de todo: renacuaxos, peixes pequenos, artrópodos, de todo. É insaciable e dunha voracidade incrible, fai auténticos estragos entre alevíns e renacuaxos.
Ademáis son voadores. Ollo, xa que si entran nun acuario poden rematar con il, sempre que as pezas sexan pequenas.
|
| Habitats: |
Todo tipo de charcas, estanques e orillas dos ríos. Poñen os ovos nas cañas da orilla do río e outras plantas acuáticas.
|
| Vese nos meses: |
De maio a agosto.
|
| Interés: |
Son moi espectaculares: xa que aparte de feroces depredadores están continuamente a subir a superficie, non paran realmente.
|
| Protección: |
Non están protexidas que eu sepa.
|
| Curiosidades: |
Ollo xa que son moi picadores, hai xente que lles chama abellas de auga e debe ser por algo, a xente é moi sabia.
Esta é a súa cabeza, observar o aguillón que ten. O garapito ou abella de auga é polo tanto un nadador moi bon, tamén corre perfectamente e por riba voa. Que naden de espalda non está claro, hai xente que dice que é por camuflaxe simplemente, pero tamén hai teorías que dicen que o fai pola incidencia dos raios solares, desta forma controla de meior xeito a luz.
|
| Xéneros en Galicia: |
En Galicia según o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González y Fernando Cobo coñécense tres xéneros de Notonectidae (Notonecta, Anisops y Micronecta) e sete especies, a maioría das cales perteñecen o xénero da Notonecta (Notonecta glauca, Notonecta merionalis, etc).
|
![]()