Rhamnus frangula. Sanguiño. Arraclán.
O sanguiño é moi común en toda Galicia, sobre todo na beira dos seus ríos, en media montaña.
O sanguiño pode atoparse en Galicia ata os 1.000 metros.
É unha árbore máis ben pequena, ata 4 metros.
As súas follas teñen uns nervos moi marcados e os seus froitos son moi característicos, primeiro son vermellos e logo o final son negros.
![]()
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Follas | Flores | Froito |
| Tronco | Interés e utilidades. | Bibliografía |
| Nome científico: |
Frangula alnus Miller. Rhamnus frangula L. Nota: Frangula ven do latín romper, quebrar e fai alusión o quebradizo da súa madeira. Alnus venlle por habitar a carón das ribeiras dos ríos e regatos.
|
||
| Nomes galegos: |
Sanguiño, sangobín, sangobino, sangomiño, sangriño, sangubiño, sangumín, sangumo, arraclán, e outros. Nota: o nome de sanguiño ou sangriño venlle de que as ponlas teñen a casca sanguiñenta ou vermella coma a sangue. O contraste é que as follas teñen un verde especial.
Nesta fotografía pode verse as pólas ou ramiñas saguiñentas ou vermellas.
|
||
| Nome castelán: |
Arraclán, sanguiño.
|
||
| Dimensións: |
Trátase dun arbusto ou pequena árbore de ata 4 metros. Na fotografía vese perfectamente que é pequeno. Por certo este sanguiño está có seu froito, observar as boliñas bermellas.
|
||
| Identificación: |
Dibuxo sensacional del Prof.
Dr. Otto Wilhelm Thomé As follas son caedizas, simples, alternas, cun pecíolo tomentoso, puntiagudas e algo sinuadas. Moi verdes. Entre 2 a 8 cms. A nervadura central é moi marcada. Rematan seguindo a curba da folla. As beiras son enteiras.
As ponlas do sanguiño son delgadas.
|
||
| Habitat: |
Sempre a carón dos ríos galegos, non en primeira liña pero si en segunda e moitas veces. Habita en lugares húmidos e sombríos próximos os ríos e os regatos de Galicia, por suposto tamén en valgadas húmidas e bosques que reunan estas condicións. Escaso en alta montaña.
Realmente é un arboliño moi bonito e dende logo doado de atopar en Galicia. En Ourense ciudade podedes atopar sanguiños nas ribeiras do río Lonia, inda que a serra do Concello anda a facer das súas e distingue pouco. Xa vín varios cortados a carón do río LOña preto da ponte de Mende.
|
||
| As follas: |
As follas son grandes, máis longas que anchas. O pecíolo é tomentoso, moi intensa a cor verde por diante e máis pálidas por detrás.
Nesta fotografía de Michael Oust pódese apreciar o anterior. As follas rematan dunha forma especial, observar que rematan en curva, refírome o nervio. Como si seguirá polo borde. Son moi nervudas, ou sexa os nervios laterais son moi marcados. O borde tamén é moi marcado. Son moi pecioladas, aparte de alternas. Tamén teñen certa tendencia a abovedarse.
Realmente é un arboliño moi bonito e dende logo doado de atopar en Galicia.
|
||
| Flores: |
Na fotografía de Walter Obemayer pódese apreciar as flores nacendo nas axilas das ramas e soldadas a base. Florece na primaveira.
As frores son de tamaño moi pequeno con 5 pétalos dunha cor amarela verdoso. Nacen nas axilas das follas e forman grupos de 4 flores.
|
||
| Froito: |
Froitos novos e vellos.
O froito é unha drupa, primeiro verde pero o final vermella
Na madurez completa volve a ser negra. Madura no mes de xullo. Na fotografía hai de todo, froitos negros, vermellos. Son unhas boliñas de 1 cm.
|
||
| Tronco: |
|
||
| Interés: |
Interés:
|
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
"Flora de Galicia" de Xosé Ramón García.
"Guía para una fácil identificación de especies arbóreas y arborescentes" de Concepción Fidalgo y otras.
Saír.