Rumex hydrolapatum. Romaza grande (Romaza)

Trátase dunha planta robusta  de ata 1 metro de altura. As ramas forman racimos estreitos con multitude de flores verdes o longo do talo.

Esta planta é dificil de identificar xa que o xénero Rumex é amplísimo.

É común na beira dos ríos, tamén en lugares como terreos abandonados.

A fotografía é do autor da www é está sacada en Ourense a beira do río Miño na zona de Oira, xusto por riba da desembocadura do río Lonia e da acea que hai no luga, que se ve enfrente.

Ver outros datos.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRA FOTOGRAFÍA.

Fotografía do Rumex en Oira, a beira do río Miño.

O xénero rumex non é doado de identificar xa que son moi abondosos. De tódolos xeitos o aspecto xeral é moi similar.

Ten entre 1 metro e metro e medio.

As inflourescencias son longas e formadas por multitude de flores verdosas.

As follas son oval - acorazonadas, con marxen ondulado e pecíolo longo e acanalado por riba, vaina grande.

Repito hai moitos tipos polo que non é doado identificalo.

A fotografía está sacada a carón do río Miño en Ourense.

Nesta fotografía vense perfectamente as follas.

Esta fotografía está sacada nun terreo abandonado preto de Rubián, pola estrada de Monforte a Lugo. O campo aparece cuberto de mapoulas e margaridas.

En primeiro plano unha romaza.

Outra fotografía do autor da web. Romaza grande.

Saír.