É importante coñecer o mentastro ou mentrastes tamén chamada menta do Burro e científicamente Menta rotundifolia.
Trátase, nin máis nin menos, dunha herba moi boa para que pasen os picores das ortigas. Pero teñen moitas máis aplicacións.
A natureza é moi sabia e sempre presenta a carón dunha herba que pode causar problemas, a herba que os soluciona. Efectivamente frotando con esta herba a zona irritada polas ortigas o picor pasa.
Sabia natureza...
Fotografía do mentastro feita na misma cepa da ponte Vella de Ourense.
En galego ten moitos nomes como se corresponde a unha pranta moi coñecida: mentrastes, mentastro, matapulgas, mentoes, mentón, mentrastre, mentrastes, mentrasto, mentraste, mentrastro, puexo e ventastre.
Casi nada...
Menta rotundifolia
|
|
|
|
|
....
|
Ortiga. |
Mentastro |
O picor das ortigas pode paliarse dalgún xeito utilizando a herba mentastro ou mentrastes en galego, tamén chamada menta de burro ou astamenda. |
É da familia das Labiadas. |
|
|
|
Trátase dunha planta que ten moitos máis pelos que a menta normal. |
Aparece sempre moi ramificada como se pode ver en algunhas das fotografías, moito máis que a menta común. |
|
|
|
Son grandes as súas propiedades medicinais como estimulante, como estomacal e tamén como tónico. |
Conta Txumari Alfaro no seu libro "Plantas y remedios naturales del Camino de Santiago" que esta planta foi moi usada nas pousadas dos peregrinos para escorrentar as pulgas nas camas dos mismos; pero tamén no tratamento das lombrigas así como na recuperación estimulante do organismo. |
Notas sacadas do libro Flora de Galicia, de Xosé Ramón García, e outros datos de Internet. Tamén datos suministrados polos colegas do IES As Lagoas Milagros e Paulino o que lles dou as grazas.
Tamén se utiliza o libro "Plantas y remedios naturales de los Caminos de Santiago" de Txumari Alfaro.
Tamén foi consultada a "Guia de campo de las flores de Europa" de Oleg Polunin.