|
|
![]() |
|
|
| Nome científico | Nome castelán | Nome galego e outros. |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Vese nos meses de... |
| Oír como canta | Protección Videos | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Pica pica (Linn.)
|
| Nome galego: |
Pega, porca, pega rabilonga.
|
| Nome castelán |
Urraca.
|
| Dimensións |
46 cms. Sexos iguais.
|
| Identificación: |
É inconfundible e a verdade é que abonda moito hoxe en Galicia. A plumaxe é blanca e negra. Camiña a brinquiños ou anda. En Ourense ciudade hai moitísimas. No Ribeiro por contra van a menos, deben ser os pesticidas e herbicidas.
|
| Alimentación: |
Eu penso que come de todo preferentemente: insectos, miñocas, ras, ratos, ovos, crías doutros animais, etc.
|
| Habitats: |
Abondosa en tódolos sitios ata 1300-1400 m. de altitude. Na montaña vense poucas, sobre todo nos altos. Saben moi ben que neses lugares teñen pouco que facer e moitos depredadores. Hoxe nas ciudades abonda moito.
|
| Niños: |
Fai o niño en árbores ou arbustos. O niño soe ter unha entrada por un lateral, en plan despiste. Pon de marzo a maio entre 4-8 ovos que choca en 21 días. Os polos voan os 27 días.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano. O seu voo é moi característico xa que parece un helicóptero, fai un batido e plegado das ás moi característico. Ademais non sigue unha linea recta, vai subindo e baixando. Non é nada rápida. Na terra da saltiños.
|
| Oir como canta e ampliar datos. |
Os datos do canto están sacados dunha www
sensacional La Sociedad Albacetense de
ornitología.
|
| Protección: |
|
Fontes :
Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
![]()