|
|
![]()
| Nome científico: |
Ardea cinerea. (lin. 1758)
|
| Nome galego |
Fotografía de Claude Ruchet. Parece un inmaduro. Garza. Garza real.
|
| Nome castelán |
Fotografía de Claude Ruchet. Garza Real.
|
| Dimensións |
Unha media de 91 cms. Sobre 1600 grs. de peso. Presenta unha envergadura entre 1,65 m. a 2 m.
|
| Identificación: |
Casi do tamaño da cegoña (90 cms.), é doado identificala nos ríos e lagoas galegos.
Pico amarelo e afiado, ten ademais unha crista ou sombreiro característico, como un mechón "O afro", moi típico... Unha especie de boina que remata e dous plumóns máis longos. Nos ollos unha lista ocular negra. O pescozo é branco pero no medio ten unha linea negra. O lombo é gris cinza.
O seu voo é moi característico xa que é moi lento e o seu pescozo forma unha ese, ademáis leva as pernas estarricadas totalmente. Pode confundirse coa cegoña, pero esta ten en voo as ás brancas e negras e van rectas, mentras que a garza son grises e as ás van arqueadas formando unha ponte. A voz é un aspero "craac croae". No voo un "creicc".
|
| Alimentación: |
Peixes, reptis, anfibios e insectos. Realmente come de todo o que se atope na charca ou lugar onde esté, incluidos moluscos, anfibios, etc. De tódolos xeitos o que máis lle gusta son os pequenos peixes.
Garza no río Miño A garza caza inmovil totalmente, o peixe non detecta as patas da garza e o seu pico atravesa o peixe que seguidamente o traga sempre da cabeza a cola.
|
| Habitats: |
Nas lagoas e ríos. Últimamente vin unha en Chandrexa de Queixa nun regato. Incríble. O normal é vela no río Miño cando vai moi baixo ( pechan as comportas en Ourense) ou en río que van baixos, onde poda andar e buscar a comida.
Evidentemente tamén en encoros sobre todo na cola destes. O que pasa é que prefiren os ríos, os encoros cada vez teñen menos que comer.
|
| Niños: |
Cría entre marzo e maio, pon de 3 a 5 ovos e veñen o mundo os pequenos o cabo de 25-28 días. Os niños fainos en árbores pero as veces ocultos entre as canas e carrizos da orilla do río. Os polos da garza son moi agresivos e deféndense moi ben.
A mai pesca e trae a pesca facendo ó chegar o niño unha regurxitación (como si bomitara o que trae). Este proceso é provocado metendo o pico o poliño no pico da nai. Cando xa é grande o polo incluso chega a sacar do buche da nai a comida.
|
| Vese nos meses: |
En outono , inverno, pero realmente eu teñoa visto incluso en abril e no verán, dicen que estos son exemplares inmaduros que quedan. Na fotografía vese unha garza no medio do río Miño en Ourense. As orillas están cubertas de gaivotas. O mellor momento para ver as garzas é o anoitecer. Poden verse garzas en Ourense, no río Miño, xunto a depuradora, seguindo o paseo das ninfas, por Reza. No outono do 2000 estou vendo duas parellas de garza o redor da Ponte Vella. Unha delas ponse preto da ponte nunha ramilla na orilla dereita xusto para arriba da ponte. Un espectáculo. No 2005 en novembro hai máis de 10 parellas no río Miño. Incrible.
Na fotografía, sacada no paseo das ninfas en Ourense, o día 24 de novembro do 2005 había máis de 10 garzas e por riba de 50 cormoranes. Incrible.
Observar os cormoranes. As garzas estaban no coiñal Vín tamén garzas no río Lor. Mal chollo.
|
| Interés: |
Moitísimo. Como o de tódalas aves. O peor é que xa se comenzan a ver en alta montaña, eso quere decir que a comida escasea bastante noutros lugares habituais. Ademais a especulación e o momento en que vivimos fan que os humedais, lagoas vaían desaparecendo.
|
| Protección: |
Está protexida. As garzas son beneficiosas para a pesca.
|
| Curiosidades: |
"Cando a garza vai pró mar, colle os bois e ponte a arar" "Cando a garza vai prá terra, colle a brosa e fai a estela"
|
| Defensa conxunta, unha curiosidade incrible: |
Conta Félix Rodriguez de la Fuente, no cuaderno dedicado As Garzas, escrito no ano 1971, o susto que levou no río Pisuerga una noite de acampada nunha andanza con outros compañeiros. Dice que o entrar nunha zona do río, xa a noitiña, foron recibidos por ruidos moi grandes, xunto con trozos de peixes putrefactos, ras e un pouco de todo. O susto foi moi grande. Efectivamente as garzas deféndense deste xeito,a colonia de garzas bomitan todo o que comeron no día, todo xunto cun ruido incrible. Una forma orixinal de defenderse.
|
| Oir o seu canto: |
|
Río Miño 24/11/2005 o coiñal xunto a depuradora estaba chea de garzas e no río había moitos cormoráns. A fotografía está sacada dentro o outro lado do río.
A misma fotografía noutro lugar.
A misma fotografía aplicando un zoom moi alto permite ver as garzas e os cormoranes.
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro
sensacional.
Tamén utilizo os cadernos de campo: la garza. de Félix Rguez. de la Fuente.
![]()