Acacia dealbata.

Mimosa. ( Acacia)

 

É moi frecuente a beira de moitos ríos, realmente dende fai uns anos é unha  praga.

Hai moítisimas sobre todo nas concas dos ríos Miño e Sil.

Hoxe podemos dicir que é unha especie invasora; bioinvasora dirían algúns.

Utilízase como ornamental e tamén en carpintería; en Galicia, ademais,  é utilizada para apuntalar terrapléns, para facer estacas para as vides, entre outras cousas.

O máis bonito son as súas flores, de cor amarelo,  e cun cheiro moi agradable e particular.

Ver características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MIMOSA ou CHORÍN.

Nome científico Nomes galegos Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Flores Froitos Tronco
     
Interés e utilidades. Praga da mimosa. Outros tipos de acacias
     
Fotografías da mimosa. Acacia de Constantinopla Acacia de Persia.
     
A sismonastia. Actualización ----->

16/01/2013

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Fotografía do autor da www. Río Avia. Ribadavia.

Acacia dealbata Link.

Clase: Anxiospermas

Orde: Fabales

Familia: Leguminosas.

Nota: o nome do xénero ACACIA parece ser que deriva da palabra Akakia, nome grego dado a unha árbore con espiñas, efectivamente moitas acacias (sobretodo as africans, non as de Australia que son as que hai en Galicia)  teñen espiñas; a dealdata ou acacia común non as ten.

Dealbata ven do latín dealbatus que quere decir clara ou branqueada, fai referencia a un tono plateado que teñen as follas en determinada época do ano.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nomes galegos:

Nomes galegos:

Mimosa, chorín, mimosa común, acacia, alcacia.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Nome castelán:

Mimosa común.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Dimensións:

Árbore de ata 20 metros. As raíces son oblicuas.

As follas teñen 12 x 4 cms.

As flores son pequenas e amarelas.

No seu lugar de orixe Nova Gales do Sur (Australia) é unha árbore que chega os 30 metros.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

As follas son pecioladas, compostas, bipinnadas, con 10-26 pares de pinnas e con 20-50 foliolos cada pinna. Penso que na fotografía pode verse estos detalles, sin entrar no número.

Non ten problemas de identificación cando está en flor.

Na fotografía vense as influorescencias típicas da mimosa; son moi numerosas como 20 ou 30 xuntas, de cor amarelo moi intenso e moi olorosas.

Si non está en flor xa é máis dificil.

Fotografía de Russ Collins.

De tódolos xeitos hoxe é tan abondosa que empeza a ser un problema polo menos na provincia de Ourense. Vese por tódolos lugares da provincia, é unha auténtica praga invasora.

Os froitos, que saen por xuño e xullo son sámaras parecidas as fabas.

O tronco ten unha corteza de cor grisácea e lisa.

Según algúns amigos debéramos falar de planta bioinvasora, ou sexa unha planta intrusa que, fora de catividade, establece poboacións que se auto-rexeneran nun lugar ou medio situado máis alá do seu límite histórico de distribución (definición sacada dun artigo dun bon amigo, Juan Carlos Fernández,  publicado no Faro de Vigo o día 20/02/2005, na sección de Ourense Ecolóxico,  có título de As Bioinvasións en Ourense: a praga da mimosa.).

Fotografía sacada en Ourense o día 14-02-2002 na zona de Reza, ver a invasión na marxe dereita do río Miño. Incrible.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitat

Sitúase en zonas máis ben baixas, ata 600 metros de altitude como moito, buscando zonas sin árbores ou lugares queimados. Non lle gusta nada a sombra de outras árbores. Os chan sempre acedos, evita os básicos.

Fotografía sacada en Ourense o día 14-02-2002 na zona de Reza, ver a invasión na marxe dereita do río Miño. Incrible.

Non soporta os invernos fríos, as nevadas nin os ventos fortes.

No Ribeiro xa chega as viñas, é actualmente ano 2008 unha auténtica praga.

A verdade é que aparece como invasora en tódolos sitios, preto dos ríos, por exemplo o río Cerves está cheo na parte baixa, por Prexigueiro, así como o río Outeiro en Quines e Barcia, outra praga. Tamén en toda a conca do Maquiáns, afluente do Avía en Ribadavia.

Mimosa no río Avia. Aquí as mimosas xa están a carón do río. 

En Galicia é invasora de todo o litoral, así como as provincias da Coruña e Pontevedra. En Ourense toda a zona do oeste inda que seguindo o Miño e o Sil chega ata o Barco.

No río Miño xa pasa de Chantada e no río Sil xa chega o Barco de Valdeorras.

Salvase, de momento, a provincia de Lugo. Hai unha razón, a mimosa non quere sombra polo tanto de momento no Courel e nos Ancares non ten nada que facer. Esperemos que por moito tempo...

Outra fotografía de Ourense, río Miño. Enfrente os montes de Quintela, unha auténtica praga de mimosa. 14-02-2002.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Flores:

Flores:

Flores amarelas moi vistosas, de 1 a 2 cms.,  e tamén moi olorosas. Despiden un aroma moi característico.

Florece entre xaneiro e febreiro.

Fotografía do 14/02/2006. A Chavasqueira. Río Miño. Ourense

Dende logo invaden todo, o río Miño ten todo o encoro de Velle cheo de mimosas o redor. É incríble.

Outra fotografía dende a zona de Reza no río Miño en Ourense 14-02-2002. Observar enfrente a cantidade de mimosas; toda a ladeira chea...

Acacias no río Deva, nas chouzosas.

Acacias no Deva, na ponte de San Xoán.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Froito:

Froito: 

     

O froito é unha legume esmagada, de 5 a 7 cms., parecen fabas. Ver o dibuxo anterior.

Madura entre xuño - xullo.    

 

Fotografía do froito da acacia en xullo. Hai árbores enteiros con esta cor do fruto. A fotografía está sacada preto do encoro de Velle en Ourense. En xullo do 2002.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tronco:

Tronco: 

Tronco da acacia. A Chavasqueira. Ourense

Irregular,  a cortiza é verde -azulada nos exemplares novos, gris ou negra nos adultos.

Copa esférica e irregular.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés: 

Orixinaria de Australia.

Trátase dunha especie invasora (Ata 50 anos pode conservar a semente a súa capacidade de xerminación, realmente preocupante...).

Introducida como ornamental.

Plantouse como cortavento para facilitar o voar das abellas.

Fotografía de Russ Collins.

Outro dato, pouco coñecido é que Renfe plantouna como función estabilizadora para apuntalar terrapléns, por mor da tupida rede fixadora das súas raices no chan. Así pode verse na liña de Ourense a Vigo en moitos lugares.

A mimosa é rica en tanino polo que tamén se emprega para curtir.

Tamén se utiliza en carpintería, pero non é boa madeira; hai que deixala secar moi ben e nin así.

No Carballiño en Ourense celébrase a "Festa da Mimosa"  tódolos anos. Unha festa literaria importante.

En Francia seica se lle ten moito aprecio, así o 70% dos ramos de flores que se regalan levan flores de acacia.

Tamén se utiliza, as flores concretamente, en perfumería.

Outra curiosidade: a acacia,  pódese comprobar, o simple roce  as follas,  fai que se pleguen, simplemente como defensa o roce. Esto é o que se chama sismonastia.

Moi curiosa:

A Sismonastia é unha resposta da planta o simple roce dun insecto ou dun herbívoro que intente comer as follas, e estas como resposta plegan as follas ata parecer un tallo ou unha rama, parte da planta que é menos apeticible para o animal que provoca esta reación.

Ver este video feito no IES Francisco Asorey.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A praga da mimosa en Galicia é preocupante:

A praga da mimosa:

A mimosa é unha praga xa que se propaga facilmente por medio de sementes e por brotes da propia raíz.

Efectivamente hoxe, no ano 2005, a praga da mimosa é moi preocupante en Galicia. En Ourense, concretamente no ribeiro,  é unha auténtica praga.

Mimosas no Ribeiro. Río Avia.

Únicamente, que esta www sepa, en Galicia salvo a Asociación Ecoloxista "Ridimoas" do Ribeiro, que teñen en Beade un bosque modélico,  o resto non se teñen preocupado por combatir esta praga auténtica.

Mimosas no río Avia. 2008

A Consellería de Medio Ambiente, como noutros moitos temas que lle atañen, está a dormir. Noutras Comunidades Autónomas ofrécense axudas os labregos e os particulares para combatir a praga.

En Galicia nada de nada, polo menos nos anos 1997-2005. Esperemos que as cousas cambien para ben no futuro.

Penso que xa é hora de facer algo en contra desta auténtica praga.

 

Outra fotografía de Ourense, río Miño. Enfrente os montes de Quintela, unha auténtica praga de mimosa. 14-02-2002.

 

Según algúns amigos debéramos falar de planta bioinvasora, ou sexa unha planta intrusa que, fora de catividade, establece poboacións que se auto-rexeneran nun lugar ou medio situado máis alá do seu límite histórico de distribución (definición sacada dun artigo dun bon amigo, Juan Carlos Fernández,  publicado no Faro de Vigo o día 20/02/2005, na sección de Ourense Ecolóxico,  có título de As Bioinvasións en Ourense: a praga da mimosa.).

 

Acacias no Deva, na ponte de San Xoán. O río Deva é un afluente do río Miño en Arbo. As mimosas van subindo polo seu canle, pouco a pouco...

Febreiro 2012.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outros tipos de acacias en Ourense a carón do río Miño:

Outros tipos de acacia:

 

En Ourense tamén se ve, pero moito menos, a Acacia melanoxylon, que é a acacia negra. tamén chamada acacia moura.

As flores son parecidas, pero as follas son moi distintas. Ten dous tipos de follas.

Unas, que son as falsas, son  lanceoladas e moi longas sobre 13 cms. , en realidade son pecíolos transformados de forma oval-lanceolada, duras e lisas, de cor verde-gris. Na fotografía anterior soio se ven as falsas.

As outras,  as verdadeiras,  son dobremente divididas, con 14-20 foliolos que se poden observar sobre árbores máis novas. Na fotografía de Weberseeds poden observarse as dúas follas, a falsa e a verdadeira.

Florece entre marzo e abril e as flores son brancas- cremosas ou amarelas pero claras.

O fruto tamén parece unha legume.

A acacia negra é máis ben das zonas costeiras de Galicia. En Ourense non é abondosa e dende logo é moito máis abondosa a mimosa común.

 

Volver a características

 

 

 

 

Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. 

Fotografías do autor da www. Mimosa común. Acacia dealbata.

 

Fotografías:

Fotografías do autor da www. Foron sacadas o 14/02/2006 na Chavasqueira, a carón do río Miño en Ourense. Trátase da mimosa normal, a mimosa común. Acacia dealbata.

Fotografía da acacia. Vicente Santos. Río Miño en Ourense. 2008

Mimosas no río Avia. Ribadavia. Ourense. 2008. Secundino Lorenzo.

Mimosas no Ribeiro. Río Avia 2008. Secundino Lorenzo

Acacias no río Deva, nas Chouzosas. Arbo. Ponte de San Xoán. Febreiro 2012.

Fotografía Secundino Lorenzo.

Postal do Ribeiro. Descoñezo o autor da fotografía.

 

Acacia de Australia:

Nesta fotografía sacada de internet e firmada por Weberseeds.d , trátase da acacia con nome científico Acacia melanoxylon, que é a acacia negra ou acacia de Australia.

Acacia de Constatinopla

ou Acacia de Persia.

Fotografía da Acacia de Constantinopla sacada a carón no río Miño por baixo da Ponte Nova. Por suposto foi plantada seguramente polo Concello de Ourense. Tiran as nosas árbores: no lugar había lodoeiros, chopos, amieiros e freixas e agora neste paseo que se fixo hai estas árbores, algún tilo  e outras.

Tampouco se debe confundir a acacia normal coa Acacia de Constantinopla, Lebizia ou árbore da Seda, tamén chamada Acacia de Persia ou Parasol das chinas, e que abonda moito en Ourense, por suposto plantada como ornamental. Hai dez seguidas no parque Barbaña, na marxen dereita do río Barbaña. Bota no verán unha flor vermella moi característica.

Acacia de Persia:

Esta é a flor da Lebizia ou Acacia de Persia ou Árbore da Seda.

Fotografía miña da acacia de Persia, a carón do río Barbaña en Ourense. Xuño 2007

Fotografía da Acacia de Persia, a carón do río Barbaña en Ourense. Xuño 2007

Os parasoles chinos ou acacias persas nas beiras da canalización do río Barbaña en Ourense. En realidade están no paseo do Barbaña.

Volver a características

 

 

 

 

flecha.jpg (1049 bytes) Subir.