Mustela visón.

Visón Americano. Visón

Fotografía de Carlos Sanz. Biólogo e fotógrafo de natureza.

Mamífero que é unha especie introducida no noso país, accidentalmente, polas granxas peleteiras en 1920. O feito é que o visón americano,  que pode confundirse cunha nutria ou lontra, comparte o mismo habitats ca lontra e por suposto có furón. O visón ten feito moito dano nos ríos galegos. Non están cuantificados de momento. Desgraciadamente cada día hai máis en Galicia. E raro cando estás de pesca e non fas moito ruido que non se vexa un visón, o malo que é sempre o americano.

  Características.

 

salir.jpg (922 bytes)  Saír.                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características

do Visón.

 

salir.jpg (922 bytes)  Saír.     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Mustela visón. Schreber, 1777

Reino: animalia

Clase: mammalia

Orden: carnivoro

Suborden. caniformia

Familia: mustelidae

xénero: Mustela

Especie: Mustela vison

 

Nota importante: trátase dunha especie alóctona, ou sexa non é orixinal de Galicia e trátase polo tanto dunha especie introducida. Neste caso en particular introducida polos peleteiros galegos e por catro bárbaros que se dicen "ecoloxistas", que están a deixar libres a estos animais, e que de ecoloxistas non teñen nada...

Este visón interacciona co noso e produce efectos negativos, xa que o entrar en celo, xenera un embrión inviable e altera o ciclo do noso xa que a femia xa non pode copular posteriormente.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Visón americano.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Visón americano.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Pode botar entre 40-50 cms. A cola entre 13 a 23 cms.

Con todo pode ir ata os 70 cms polo que é similar a un gato. O peso oscila entre 700 a 1600 grs.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

É inconfundible. A pelaxe é marrón tirando a negra por riba no lombo, e máis clara por debaixo.  Moi lustrosa.

Na fotografía de Carlos Sanz, vese perfectamente a cor marrón tirando a negra dos visóns americanos.

O corpo é alongado e robusto. Desplázase dando saltos e co corpo arqueado de forma moi característica.

As patas son cortas as de atrás palmeadas polo que nada perfectamente. As de adiante teñen cinco dedos. Os ollos son brilantes e as orellas pequenas.

A pel é marabillosa, en determinadas épocas do ano presenta unha borra especial que é unha capa interna de pelo máis espeso. Normalmente no verán desaparece.

O macho é máis grande que a femia.

En Galicia seica non temos exemplares do Visón Europeo que é o Mustela lutreola, un mamífero que actualmente está amenazado de morte. Hai algúns exemplares por Navarra, pero en todo o norte está ameazado.

Visón Europeo (Mustela lutreola)

Distínguese do visón americano xa que o europeo ten o fuciño de cor blanco, mentras que o visón americano soio ten branco o labio inferior.

Fotografía de Carlos Sanz. Biólogo e fotógrafo de natureza.

Visón americano. (Mustela visón)

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Visón europeo:

Fotografía da Fundación Euronerz (Alemania). Muestala lutreola.

Observar o fuciño blanco.

Mustela lutreola (linnaeus 1761).

Sobre o visón europeo, que xa non existe en Galicia,  podedes consultar este link.

Visón europeo.

Tamén neste link tendes algunha información de como se está a levar este tema no pais vasco.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Na fotografía da que descoñezo o autor está comendo, parece, unha troita.

O seu consumo chámase actualmente xeneralista, que quere decir que consume o que atopa no lugar.

De tódolos xeitos o que máis lle gusta son as aves. Si pesca nos ríos gústanlle as anguias (realmente teno dificil xa que a anguia escasea nos ríos) . Come tamén ras e peixes (de todo tipo incluida a troita).

Comendo troita. Fotografía Jhon McAvoy

Seica últimamente aliméntase do cangrexo roxo americano que tamén hai, desgraciadamente dabondo nos nosos ríos.

É un depredador do aguaneiro, mal chollo.

Gústanlle moito as ratas de auga.

O dato anterior está perfectamente confirmado.

Tamén lle gustan as aves de corral e os coellos de corral, confirmado.

Neste dibuxo vese perfectamente que está adaptado, polo menos a súa dentadura,  a comer de todo incluso a matar, observar o dente matador.

Últimamente seica fai estropicios nas poboacións dos cormoráns comendo dende os ovos ata os pitos...

Dos estudios realizados en Galicia sobre a alimentación deste visón estos son os resultados:

3,90% invertebrados

27,10 % peixes

23,41% anfibios.

0,97 reptiles

49,70 aves

11,60% mamíferos

2,20% outros.

Ver este video onde se ve que ataca a todo e con éxito.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

Fotografía de Carlos Sanz. Biólogo e fotógrafo de natureza.

Presente en algúns ríos galegos de augas limpas. Tamén aparece en humedais, lagoas, esteiros e na costa.

Tamén preto de basureiros.

É unha especie foránea. Non caza tan ben como a nutria, pero si é cazador e nada e bucea perfectamente.

Dende logo non ten a técnica da lontra nin moítisimo menos.

É un auténtico depredador, caza moi ben, moito mellor que o visón nativo, e dende logo remata co visón noso, eu penso que xa rematou fai moito. É moito máis duro, aguanta todo, xente, contaminación,  de todo.

Un auténtico depredador.

Ver este video onde se ve que ataca a todo e con éxito.

Actualmente é moi abondoso, cada día hai máis. Queixanse moito pola Labrada, preto do Lor, seica fai unhas desfeitas incribles nas galiñas dos pobos e en todo o que se poña por diante. Mata por matar é unha auténtica desgracia. (Novembro do 2005)

A súa presencia en Galicia, según un artigo que aparece na Voz de Galicia 09/12/2007 e que firma Jorge Casanova, dice que é a que aparece no mapa. Dende logo tristemente xa hai indicios no Courel, concretamente na Labrada, na zona baixa do Lor.

Eu  vin visóns deste tipo no río Lor no couto da Labrada.

Vexo moitos visóns no río Arnoia, en Ourense, en varios tramos. O último no couto de Medos en Xunqueira; andaba pola beira do río como si foxe o amo...

Outros vinos en Outomuro.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Veses nos meses de...

De xaneiro a xuño.

Pola miña banda vin un visón no río Arnoia pola zona de Outomuro e Xunqueira. Non me gustou nada...

Pódese ver en moitos lugares, sobre todo no río Limia, entre outros...

Ver un video do visón:

 

Ver este video onde se ve que ataca a todo e con éxito.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia

Fotografía de Carlos Sanz. Biólogo e fotógrafo de natureza.

No libro "Fauna das augas galegas" de Estanislao de la Cigoña e José Manuel Oujo describe varios lugares onde foi atopado este "furón bravo" que lle chaman por exemplo en Pontecaldelas. 

Tamén en Lalín no río Deza, en Ponte Taboada. En Vila de Cruces no río Arnego; en PonteCaldelas no río Verdugo, en Nigrán, Na Guardia.

En Ourense en Avión, no río Avia pola zona de Albarellos, no chamado "O sesume do Avia". No Pereiro de Aguiar. En Outomuro vín varios. En Xunqueira de Ambia.

Na Coruña en Santiso. Realmente é un pouco preocupante...

O encoro de Cecebre está cheo deles... Tamén no río Mero.

En todas as rías baixas é tamén abondoso.

Últimamente na zona do Lor pola Labrada seica hai moitísimos.

O tema é moi preocupante.

 

 

A súa presencia en Galicia, según un artigo que aparece na Voz de Galicia e que firma Jorge Casanova, dice que é a que aparece no mapa. Dende logo tristemente xa hai indicios no Courel, concretamente na Labrada, na zona baixa do Lor.

O visón americano está en toda Galicia incluidas as islas, sávase de momento o macizo central en Ourense, o Courel e os Ancares.. Incrible.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Fotografía de Carlos Sanz. Biólogo e fotógrafo de natureza.

O normal.

Realmente non debera estar en Galicia, pero os cartos son os cartos, para moita xente que soio pensa neso...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Fotografía de Carlos Sanz. Biólogo e fotógrafo de natureza.

Non protexida. É un depredador para a fauna galega.

A xunta seica vai tomar medidas para estudiar como protexer a fauna galega deste depredador.

Esta noticia é do 09/12/2007, a Xunta está preocupada xa que o visón cada día é maís abondoso en Galicia, ademais é transmisor de enfermedades. Está sin dúbida a estudiar que se pode facer...

En principio, e para evaluar cantos hai por zonas, faranse estudios a base de colocar trampas de vida en determinados lugares.

De momento non se fixo nada. 2011.

O medio ambiente galego está da man do vento...

Descoñezo o que fai a Xunta neste tema...

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Denuncia: desastre ecolóxico:

Fotografía de Carlos Sanz. Biólogo e fotógrafo de natureza.

Texto recollido da revista Terra do mes de xulio:

"A industria peletera foi a responsable de que algúns mamíferos verdadeiramente indeseables, sobre todo polo impacto que teñen coas especies autóctonas, estén afincados en España. Este tipo de introducións chamadas comerciais e accidentais, por tratarse de individuos fugados das granxas, deixaron en libertade o visón americano, una especie orixinaria de norteamérica que xa está asentada en amplias poblacións de Europa e Asia a partir das primeiras granxas en 1920.

Fotografía de Kenneth Johansson. Visón americano. Mustela vison.

En España os primeiros exemplares fugados detectaronse a principio dos sesenta no Espinar ( Segovia) e actualmente xa forman COLONIAS EN LUGARES COMO GALICIA, dende onde pasaron o norte de Portugal.

Trátase dun animal que soporta todo: contaminación, presentacia humana. Realmente adáptase a todo. En 1994 en Madrid no río Manzanares deixabanse ver a pleno día...

Dice Maruja Rincón ( peletera) "non sabemos o que pasou cos exemplares que se fugaban, o único que podo decir é que se reproducen rapidísimo e son moi agresivos..."

Dice Laura Capdevilla, coordinadora del grupo de Especies invasoras "en cada provincia donde hay industria peleteras, hay visón en libertad, ya que las granjas no contaban con la seguridad suficiente".

"La invasión del visón está perjudicando seriamente a otras especies", así o certifica Julio Gisbert, investigador do Museo de Ciencias Naturales, que sostén a posibilidade de que o visón americano  xogara un papel importante na extinción do desmán ibérico no sistema Central. Tamén contribue á extinción do noso visón, xa que o americano é máis forte, soporta mellor a contaminación e todo o demáis.

A especie europea de visón está en total desventaxa.

------------o---------

Esta aquí o que dice a revista La Tierra do mes de xulio do 2001.

¿Que ocurre en Galicia ?. Non quero nin pensalo, aquí houbo e ai moitos peleteiros, xa non digamos en Ourense, polo tanto o anterior elévase a enésima potencia.

Un desastre. Os galegos sin enterarnos...

De feito hai poboacións de visón americano no río Lagares, Miñor e Louro, todos eles escapados das granxas. Tamén en Carral. Hai que pensar que en 1989 había 282 granxas con 115.000 femias reproductoras. Hoxe  sabemos que están granxas, a maioría pecharon. ¿ Onde van os animais que tiñan ?...

Sin comentarios...

------------o-----------

¡¡¡Pobre visón galego!!!.

-----------o-------------

Todos os anos hai soltas de visóns, a maoiría por atentados dicen de "ecoloxistas" que os liberan, deberan decir "terroristas da natureza" ; a última foi o día 13/10/2006 onde se escaparon 6.000 visóns  dunha granxa da Coruña. (Seica xa apareceron 4.000 a maioría mortos).

A verdade que a xente que fai estos atentados teñen moi pouco de "ecoloxistas", para mín non teñen nada, xa que fan máis daño a nosa natureza do que intentan evitar. Menos mal que a maioría dos visóns  morren no intento xa que no saben comer e as súas posibilidades de vivir son mínimas. Pero os que sobreviven fan moito, moitísimo dano.

Por si o anterior fora pouco volve a producirse outro atentado en Xinzo de Limia, en novembro do 2006,  esta vez son 1.600 visóns os que escaparon. Recolléronse a maioría, pero realmente os que fan estos atentados non teñen cabeza...

Ver este video onde se ve que ataca a todo e con éxito.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

É outra salvaxada natural...O soltar este animal levou á desaparición do noso visón, moi similar a este pero menos aguerrido.

Por outro lado adaptase mellor os nosos ríos polo que algúns pensan que está desplazando a nutria...non me extrañaría, inda que as costumes sexan distintas, etc.

O noso visón prácticamente estaba extinguido todo sabemos porque...a caza excesiva ... o meterlle o visón americano rematou inda máis co noso visón.

É transmisor da enfermedade Aleutiana, trátase dunha deficiencia inmunitaria que chega a causar a mortes dos exemplares. Esta enfermedade transmítese entre os visóns...

Outra cousa curiosa é o número de explotacións que poden existir hoxe en Galicia. Pois ben nos anos 80 había sobre duascentas hoxe non chegan a cuarenta. De tódolos xeitos as que hai son máis grandes, polo tanto seguramente a explotacións sexa similar.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ciclo reproductivo

Presenta dimorfismo sexual, os machos son moito maiores que as femias.

Os machos teñen os testículos invaxinados, prácticamente non se ven están nunha pequena bolsa oculta,  que no momento do coito faise visible.

En febreiro ou marzo comenzan os coitos. Os machos son fértiles os 11 meses.

Normalmente os machos que viven apartados das femias buscan a estas polos cheiros, esto é típico tamén doutras especies.

As femias poden aparearse con máis dun macho.

Entre os machos hai auténticas liortas e tamén entre macho e femia.

Unha vez o ano. O período de xestación varia entre 40 días a 75 días. O número de crías por camada é entre 4 a 6 crías.

A parideira é escollida pola femia ben excavando o debaixo de pedras. Sempre cós ríos preto da misma.

O anterior explica o que se monten granxas, xa que o número de crías na camada fai moi productiva a misma.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Posible confusión coa lontra:

Visón.

O feito é que o visón, que pode confundirse cunha nutria ou lontra, comparte o mismo habitats ca lontra e efectivamente poderá confundirse.

Nutria.

A verdade é que hai moitas diferencias, no corpo, por exemplo, xa que a lontra é máis grande, o visón non pasa dos 50 cms. A lontra ten un corpo máis preparado para auga, a cola é completamente distinta, é máis gorda, máis longa e termina nunha fina punta. A pelaxe non ten nada que ver.

Dicen que interfire e en realidade trátase de animais de dietas moi distintas.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A súa pegada:

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

50 visóns= 1 abrigo

Abrigo de visón.

Realmente descoñecía este dato que pón os pelos de punta.

Por suposto trátase dunha media aproximada.

Para facer un abrigo como o que se mostra fai falta matar a 50 visóns.

Realmente é terrible.

Os precios dos abrigos de visóns están por riba dos 4000 €. Todo un negocio...

De segunda mano dende 1.500 € aproximadamente.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links sobre o visón:

Link sobre o visón no baixo Miño.

Moitas cousas sobre o visón.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Video Importante.

 

       

 



 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía do visón

Fotógrafo Jhon MCAvoy.

Sensacional....

Ir a características