Austrapotamobius pallipes.

Caranguexo de río. (Cangrejo de río)

Austropotamobius Pallipes, autóctono.fotografía de José Luis Gómez de Francisco.

riosnat21.jpg (15709 bytes)

O noso caranguexo de río xa prácticamente non existe, polo menos na Provincia de Ourense. Era moi abondoso, por exemplo, no río Salas,  ata que se lle ocorreu a alguén botar o caranguexo americano, que rematou co noso nativo. Unha mágoa, como outras barbaridades feitas e que se están a facer en Galicia coa natureza.

Hoxe en Galicia non se sabe que facer coa plaga de caranguexo americano.

O caranguexo americano resiste a todos os inimigos e hai moitos hoxe no 2018.

riosnat21.jpg (15709 bytes)

Ver características.    

salir.jpg (922 bytes) Saír.                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARANGUEXO DE RÍO: características

 

riosnat21.jpg (15709 bytes)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Fotografía de Pepo Nieto Santín. Link sobre o cangrexo

Austrapotamobius pallipes

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Crustaceos

Orden: Decápodos

Suborden: Astacidae.

Xénero: Austrapotamobius

Especie: Austrapotamobius pallipes

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Fotografía de Pepo Nieto Santín. Link sobre o cangrexo

Caranguexo de río, Cangrexo. Cangrexo de río.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Fotografía Josep Escribano

Cangrejo de río.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Austropotamobius Pallipes, autóctono.fotografía de José Luis Gómez de Francisco.

Entre 10 e 12 cms. pinzas non incluidas.

Fotografía sacada deste link.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Fotografía de Casáreo Martín.

Coloración moi diversa, que vai dende o marrón ata o azulado, pasando polo verde e o gris - verdoso. Presenta dúas marcadas suturas lonxitudinais separadas no caparazón aparte doutras diferencias.

riosnat21.jpg (15709 bytes)

Dibuxo do noso caranguexo. Ver as suturas no caparazón que están claramente separadas.

Nesta fotografía de Pepo Niete vese como remata o rostro do noso cangrexo totalmente en triángulo. Outra diferencia clara.

As pinzas teñen una superficie rugosa e por baixo, ou sexa a base,  é branca.

Dende logo non é vermello como o americano, que é negro por riba e vermello por baixo.

      

(Fotografias do americano que prolifera  en Galicia en tódolos ríos. No río Limia é unha plaga. un caranguexo que ata sabe mal.). Penso que as diferencias son claras.

Austropotamobius Pallipes, autóctono.fotografía de José Luis Gómez de Francisco.

Este era o noso cangrexo de río. Patas brancas, pinzas rugosas e cunhas espículas no seu caparazón. As pinzas son de tamaño pequeno en comparación cós outros. O caparazón é especial.

O noso cangrexo sempre vai cúas pinzas por diante.

Non é nada agresivo.

Este é o cangrexo que prolifera actualmente e que matou o noso. Non ten lugar a dúbidas, as pinzas moito máis grandes, vermellas incluso ten un espolón (ver a toda pantalla o espolón típico) detrás das pinzas moi característico. Logo ten o caparazón distinto.

Cangrexo Señal (Pacifastacus leniusculus). Fotografía  de José Luis Gómez de Francisco, revista  Biológica Enero 2002.

Este caranguexo ten as pinzas moito máis grandes e ten unha mancha branca nas pinzas. Tamén as pinzas teñen a cara inferior roxa ou vermella.

O noso é moi distinto:

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Austropotamobius Pallipes, autóctono.fotografía de José Luis Gómez de Francisco.

Todo tipo de invertebrados acuáticos e materia vexetal.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Fotografía de Casáreo Martín.

Fotografía de Josef Escribano, da que dice que está no seu medio natural pero non dice onde, por  si as moscas...

Vive en cursos fluviais de augas limpas e osixenadas, máis ven de augas calizas ou tirando a calizas con suficiente cobertura vexetal e refuxios onde esconderse. O ideal entre 10-15ºC.

Esto explicaría o porque o cangrexo era máis abondoso na zona do Barco, A Rua, A Veiga, Alberguería e partes limítrofes con León, onde o terreno tira máis a calcáreo.

Os hábitos son crepusculares e nocturnos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Moitísimo, pero non hai caranguexos deste tipo en Galicia que eu sepa.

O interés culinario do caranguexo foi extraordinario, era un manxar exquisito, pero hoxe prácticamente non existe.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Cangrexo de río.

Actualmente, esta especie atópase recollida no  "Libro Rojo de Especies Animales Amenazadas de la IUCN",  e catalogada como "Vulnerable", e nós anexos II y IV de la Directiva de Hábitats e da "Fauna y Flora Silvestres de la Comunidad Económica Europea".
 

En Galicia:

Non está protexido que eu sepa, xa que non existe. Esta especie debera estar prohibida a súa pesca.

Está contemplada a pesca do cangrexo vermello americano, que se pode pescar todo o ano nos encoros de Sabón e Cecebre así como nos ríos Sil e Bibei, Pozas da Lagoa de antela, etc.. Tamén noutras charcas e demais

Moitas comunidades están a facer investigacións para tratar de recuperar o caranguexo noso, o autóctono, así Castilla - León , Castilla - La Mancha , Andalucía , Valencia, Aragón e Navarra.

¿Galicia? . Que eu sepa non se está a facer nada. En Galicia os ríos están da man do Señor...abandonados. Unha década 1997-2007 onde os ríos foron en picado. Un descoñecemento total e absoluto.

Así nos luce o pelo...

As perpectivas non son optimistas de cara a recuperación desta especie.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia

Había caranguexos nos ríos da zona oriental de Ourense: río Salas, río Tamega, no río Sil na zona do Barco, Rio Xares, etc.

Descoñezo actualmente as poblacións deste animais. Dende logo no Salas desapareceo e dudo moito que existan caranguexos en Ourense.

No río Limia en Ourense no ano 2000 hai unha auténtica plaga, pero do caranguexo americano.

Austropotamobius Pallipes, autóctono.fotografía de José Luis Gómez de Francisco.

En lugares insólitos de Ourense, alguén anduvo a botar o caranguexo americano, é incríble. Así por exemplo nunha canteira abandonada de Paderne, preto do pobo do Pazo na estrada de Ourense a Maceda, está cheo deles (ano 1999). Verdade que é raro. Alguén se dedicou a sembrar o caranguexo americano pola provincia.

¡¡¡ En Ourense hai moito "biólogo" solto, que máis lles valdría quedarse na casa, están a estragarnos o pouco que temos en pé...!!!.

Intentos en Galicia có Austrapotamobius pallipes

Dice Pepe Nieto, no link que cito abaixo que este cangrexo vive asustado nun pequeno curruncho de León...No me estrana...

Nota: houbo algún intento en alguns ríos da zona do Barco limitando con Ponferrada de levar arriba, outra vez, o noso cangrexo autóctono. pero non houbo maneira.

Na fotografía do link que cito a continuación vese un cangrexo efectuando  a muda do caparazón.

Ver este link, que é para chorar.

De tódolos xeitos, dende Ourense, doulle as gracias por intentalo.

 


Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O cangrexo autóctono en España:

Alonso, F. , Temiño, C.  y Diéguez-Uribeondo, J.

 

O parecer as cousas están desta forma.

Mal moi mal

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

riosnat21.jpg (15709 bytes)

 

Pasa o inverno escondido en refuxios que o mesmo cangrexo  escava e onde as femias incuban os ovos.

Na fotografía de José Luis Gómez de Francisco vese o caranguexo  de río autóctono de España, o numeriño 1, marca unhas espículas especiais que ten no caparazón e que o distingue, xunto coas patas brancas, o menor tamaño das pinzas e a forma do caparazón das outras especies que se botaron nos ríos españois.

Algunhos barbaros (a principios dos anos 70)  botaron tamén nestos ríos o caranguexo americano, o Procambarus clarkii , que como outra moitas destas soltas, sin pés nin cabeza, rematou co autóctono, de feito foi introductor dun fungo que se chamou "a peste do cangrexo", o que o americano era resistente pero non o nativo. De feito como se comercializaban vivos fóronse botando nos ríos e hoxe no ano 2.018 é un auténtica plaga.

Este da fotografía é o americano. O caranguexo vermello que foi o transmisor da afanomicosis ( enfermedade producida por un fungo parásito Afanomyces astaci, que actua na masa muscular do caranguexo, de forma que afectan o sistema nervioso de maneira fulminante. A mortandade é do 100%). Os americanos son máis resistentes a esta enfermedade.

No ano 1978 os caranguexos desapareceron de prácticamente tódolos ríos de España, quedando únicamente nas cabeceiras dos ríos ( que son os poucos que se conservan hoxe no ano 2000, a peste transmítese río abaixo, lóxicamente).

Dende logo onde se botou o americano non hai un autóctono. Unha auténtica desfeita.

Este caranguexo é unha auténtica plaga en tódolos los lugares que se botou.

O tema está moi pouco estudiado (o parecer ) en Galicia.

O que si podo decir é que na zona do Salas en Randín rematou totalmente cos autóctonos.

Na fotografía de José Luis Gómez de Francisco vese o cangrexo vermello, o numeriño 1 marca o espolón característico que o diferencia dos outros. 2 marca o caparazón.

Unha desfeita.

En octubre do 2000 estanse queixando na Limia desta plaga. É incrible as salvaxadas que se fan en Galicia co Medio Ambiente.

---------------------------------------------------------------

Na fotografía vese a femia do noso cangrexo cargada de ovos dos que nacerán posteriormente os pequenos cangrexos.

O apareamento fano a finais de agosto e a femia trasporta como se pode ver na fotografía os ovos, que poden chegar a ser sobre 60.

Alcanzan a madurede sexual os tres anos de edade.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Outros caranguexos

 

Caranguexo americano

Caranguexo americano, chamado cangrexo roxo ou cangrexo vermello. O nome científico é o de Procambarus Clarkii.

Chega a medir entre 10-12 cm. ten a cabeza afiada e a cor vermella azulada.

En Galicia debeu ser soltado por "pescadores da piolla", ou "técnicos especializados en esnafrar os ríos",  que son uns entendidos que máis lles valera non vivir en Galicia para que non fixeran estas barbaridades. Actualmente hai ríos que están cheos desde caranguexo. Así moitos tramos do río Miño e os seus afluentes como o Sil;  tamén no río Limia, en Monterrei no Támega, Corrubedo, alrededores da Coruña, e outros moitos lugares.

En Ourense capital hai tempo que aparecen nos ríos Lonia, no Miño por suposto e no Barbaña. Na desfeita do río Batbaña onde morreron 17.000 peixes, habia moitos caranguesos americanos e eso foi polo 2009.

Este caranguexo é unha desgracia, xa que aparte de eliminar o autóctono come de todo, como os ovos de peixes e a vexetación.

 

Ver como en Asturias están intentando erradicalo:

 

 

Caranguexo vermello

 

 

 

Fotografía de Juan Delibes.

Caranguexo Señal .

O nome científico é o de Pacifastacus leniusculus. Tamén introducido en España o desaparecer o caranguexo autóctono. É tamén americano e chegou coa etiqueta de manxar exquisito, botándose no Douro. Veu avalado por científicos suecos, xa que cuidaban que se adaptaba perfectamente a España. É maior que o autóctono e maior que o caranguexo americano.

Cangrexo Señal (Pacifastacus leniusculus). Fotografía  de José Luis Gómez de Francisco, revista  Biológico Enero 2002.

Este caranguexo ten as pinzas moito máis grandes e ten unha mancha branca nas pinzas. Tamén as pinzas teñen a cara inferior roxa ou vermella.

 

Este caranguexo tamén é portador do hongo que rematou cós caranguexos autóctonos. Non é polo tanto a alternativa para volver a ter o autóctono. De exquisito ten pouco.

En Galicia seica se atopa pola zona de Valdeorras.

 

Caranguexo siñal.

---------------------------------------------------

Última hora (La región Valdeorras), este caranguexo está a infectar totalmente o río Sil en Valdeorras. Seica medio Rural iniciu un seguimento deste feito. Horas eran xa que leva varios anos este tema, ata esta páxina xa facía mención fai cinco anos.

O caranguexo está infectado con anisakis e ademais poden cos outros entre eles o americano.

Hai xente que os come previa conxelación. A verdade que hai xente que lles vai calquera cousa... Aparte de non saber gran cousa, según dicen, inda por riba córrese o peligro que coller o gusano anisakis.

--------------------------------------------------------------

Para terminar decir que de momento inda non botaron o caranguexo chinés o Eirocheir sinensis, inda que eu teño as miñas dúbidas. Hai moito depredares soltos...

----------------------------------------------------------------

Para distinguir os tres caranguexos ver esta explicación.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Causas da desaparición do Cangrexo en Galicia.

Dice Pepe Nieto que este cangrexo que é o noso o Austrapotamobius pallipes está asustado, non me estrana...

Supoño que en Galicia serán as mismas causas que a nivel do estado.

Está claro que hai moitos factores da desaparición como pode ser a alteración do seu habitat, a sobrepesca, etc.; pero todo o mundo científico dice que a principal causa é a  afanomicosis ou "peste do cangrexo", como pasou e aconteceu no resto de Europa.

Fotografía Pepe Nieto. Cangrexo afectado de afanomicosis. .Unha magoa...

A enfermedade consiste no ataque do fungo  oomiceto Aphanomyces astaci , que seica se detectou no ano 1969; que é endémico de Norteamérica. Este hongo veu pola introducción de poblacións de cangrexos americanos como os    (Orconectes limosus, Pacifastacus leniusculus y Procambarus clarkii) en aguas europeas. 

Cangrexo de Luisiana. Procambarus clarkii.

Cangrexo vermello. (Galicia está plagado deles...)

Inda por riba saben mal...

Pacifastacus leniusculus, cangrexo señal.

 

Orconectes limosus. Cangrexo de río americano

Nota: para profundizar en las causas ver este link.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inda por riba saben mal...

Galicia está chea deste elemento o Cangrexo vermello, o Cangrexo de Luisiana. Procambarus clarkii.

A verdade que aparte de ter esta pinta tan rara é moi agresivo, de feito o autor da fotografía, pudo comprobalo,  enseguida se enemistou do fotógrafo.

En Ourense hai cangrexo de Luisiana nos ríos Sil e no Bibei, tamén nos canles e pasos da antigua Lagoa de Antela, nas Pozas dos Milagres no Concello de Maceda, nas Pozas de Rioseco no Concello de Paderne de Allariz, nas Pozas de Niñodaguia en Xunqueira de Espadañedo e no Concello de Oimbra. Por suposto neste lugares é unha auténtica plaga. O peor é que os hai en algúns ríos.

O que os botou fixou a conciencia.

Que listo...

Temos en Galicia uns biológos especialistas nestas falcatruadas que damos envexa, debemos ser os número un do mundo neste tipo de tropelías.

Ademais por si fora pouca as salvaxadas anteriores, agora resulta que este cangrexo de Loisiana non sabe nada ben, incluso sabe muy mal.

Unha magoa.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Esquema dos autores que figuran abaixo.

Esquema dun traballo feito por Javier Galindo, Javier Monzó e Vicente Sancho, publicado pola revista Quercus. Mes de Xulio do 2000.

O traballo está referido a comunidade valenciana. Trata de buscar plans de recuperacións do caranguexo autóctono na comunidade valenciana.

Tamén utilizo nesta ficha un artículo de Juan Delibes.

Fotografías do traballo de Raquel Arias.

Tamén utilizo un artigo de Raquel Arias publicado en Xaneiro do 2002 na revista Biológica.

Links do Cangrexo no Bierzo.

Links: sobre o noso carangueso.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESQUEMA PARA DISTINGUIR O CARANGUEXO AUTÓCTONO DOS OUTROS.

As figuras dos tres son as seguintes:

Esquema dun traballo feito por Javier Galindo, Javier Monzó e Vicente Sancho, publicado pola revista Quercus de Xulio do 2000.

O esquema anterior pode completarse cun traballo aparecido na revista Biológica de Xaneiro do 2002 que firma Raquel Arias, con fotografías de José Luis Gómez de Francisco, que aclaran perfectamente as diferencias anteriores:

Austropotamobius pallipes, autóctono.

O noso cangrexo ten as patas blancas, unhas espículas características, marcado con 1 na figura. As pinzas son máis pequenas e o caparazón é totalmente distinto ( ver o esquema de dibuxo de máis arriba). A cor é marrón, ou negro ou gris verdoso. Repito a parte interior das pinzas é blanco, non vermello como nos dous que siguen.

Procamburus clarkii, cangrexo vermello.

Penso que as diferencias están claras, o espolón característico marcado có número 1 , as pinzas roxas e por suposto o caparazón dividido en dúas partes (ver o dibuxo de máis arriba). Por outra banda as pinzas son moito maiores e totalmente diferentes. As pinzas son moi espiñosas.

Pacifastacus leniusculus, cangrexo señal.

Este ten unha mancha branca xunto as pinzas que o distingue perfectamente dos dous anteriores. As pinzas son moitísimos máis grandes que as dos dous anteriores. A cara anterior é lisa e de coor bermello.

O artigo fala de como se pode axudar a que vaian para arriba os nosos cangrexos e fala tamén do futuro esperanzador na Rioxa.

Galicia está a dormir...

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografía sensacional de David Pérez.

Fot. David Pérez. Caranguexo en algún río de León. (Sacado de internet)

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

El cangrejo rojo resiste a sus enemigos


Lleva tantos años en Cecebre que los más jóvenes ya creen que es una especie autóctona. Pero el cangrejo rojo americano (Procambarus clarkii) asomó por el almacén de agua de A Coruña a finales de la década de los ochenta, después de colarse en el país unos años antes por las marismas del Guadalquivir. Según registran los expertos fue en 1973.Hoy sigue siendo una especie invasora perfectamente visible en cualquier punto próximo a la lámina de agua de Cecebre. No obstante, según apuntan los que estudian el terreno de forma periódica, la gran población actual dista mucho de ser la gran masa de los años de su irrupción. «Como cualquier especie foránea, al llegar y colonizar pega muy fuerte porque pilla al resto de comunidades por sorpresa», explica Alejandro Martínez Abraín, profesor de Ecología en la Facultad de Ciencias de la Universidade da Coruña, donde también lleva años con trabajos de investigación, precisamente con Cecebre como trabajo de campo.

«Cuando el cangrejo americano irrumpe en el embalse a los depredadores naturales les cuesta hacerse con una imagen de búsqueda, es decir, entender que eso nuevo, el cangrejo, se puede comer», ilustra Alejandro. Y mientras los potenciales verdugos del cangrejo, como la nutria y varios tipos de aves, resuelven sus dudas sobre ese extraño nuevo vecino teñido de rojo, este eclosiona sin barreras de tal manera que cuando empieza a ser devorado la colonia ya se ha hecho infinita. El profesor Martínez Abraín extrae un lado positivo de esta invasión, de hecho, su punto de vista es poco peyorativo con respecto al crustáceo, al que incluso atribuye efectos positivos. «El morito común era un ave en peligro de extinción en la década de los ochenta -explica el profesor de la UDC-, y gracias al cangrejo americano ha conseguido multiplicarse, ya no solo en Doñana -precisamente por donde entró el cangrejo-, sino en muchas partes del país». Ha estudiado de cerca la evolución de las nutrias, y atribuye al propio crustáceo rojo el repunte de esta colonia. «Estudiando las heces de las nutrias de Cecebre descubrimos que está viviendo prácticamente de especies exóticas». Por contra, los anfibios parecen ser los mayores damnificados del cangrejo.

Desde la Universidade de Vigo, otro profesor de Biología, Luis Navarro, es menos considerado con los teóricos beneficios de esta especie colorada. «Todas las especies invasoras llegan al nuevo territorio sin sus enemigos naturales y entonces empieza a perjudicar de forma seria a las especies nativas», señala. «Especies invasoras las hay en todas partes, no solo las sufrimos nosotros. Por ejemplo, nuestro tojo está causando estragos en Chile, y en muchos lugares de América Latina se han llevado nuestro abejorro para la polinización. ¿Eso es positivo? Para esa función sí, pero la presencia del abejorro fuera de su lugar natural está causando muchos problemas a otras especies, como lo estamos viviendo nosotros ahora con la avispa velutina», afirma Navarro.

La Xunta ha incorporado la mano del hombre como medio para reducir la presencia del cangrejo rojo americano en embalses como el de Sabón, Belesar, As Forcadas y Cecebre, entre otros, excepto en los tramos vedados. La posibilidad llega tras las últimas modificaciones de la Ley estatal de Patrimonio Natural. «Non se establecen dimensión mínimas nin cotas de captura e os exemplares destas especies (la norma incluye también la perca negra, la carpa y el cangrejo señal) que sexan extraídos da natureza por calquera procedemento non poderán ser transportados con vida nin devoltos ao medio natural, debendo se sacrificados no momento da captura», indican desde la Consellería de Medio Ambiente. Para recoger estas especies se requiere licencia de pesca.

Ir a características