Clematis vitalba L.   Valdeba. Hierba de los pordioseros.

 

 

As gabeadoras ou lianas adoitan ter talos fortes que lles permite subir e agarrarse as arbores. É o caso da valdeba.

Son abondosas nas beiras dos ríos galegos. Estas plantas buscan a luz encaramandose nas árbores, ata que a consiguen.

A Valdeba ou herba dos mendigos,  era usada polos mendigos que a frotaban nos brazos e nas pernas para producir feridas. A flor da valdeba é aproveitada polas abellas.

Na fotografía a valdeba no Courel.

Ver dibuxo sensacional de Otto Wilhelm Thomé e características.

 

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Valdeba

Clematis vitalba L.

Fotografía Antoni Mielnikow

O dibuxo é de Otto Wilhelm Vitalba.

Follas compostas pinnadas. Anteras de 1-2 mm.

A planta pode ter ata 30 metros con base leñosa. Follas xeralmente con 5 foliolos ovalados, enteiros ou dentados. Flores blancas, algo verdosas, olorosas, dunhos 2 cms. de diámetro.

Pétalos vellosos polas dúas caras. Froitos pouco comprimidos. Florece por maio e xuño.

Trátase dunha planta tóxica e irritante para o gando, Vese en matorrais e bosques, por suposto preto dos ríos tamén se pode atopar.

Valdeba. Clematis Vitalba.

Na fotografía vese que é unha planta tremedamente trepadora, a clásica enredadeira que se atopa a carón de moitos ríos.

Ten moitos nomes: Omiña, umiña, valdeba, veldregas, clemátide, congorcia,  herba dos pordioseros, herba dos mendigos, cabelo de rei, etc.

Na subida a Devesa da Rogueira no Courel, no mes de novembro había moitas valdebas, ver as fotografías debaixo.

Os seus talos e follas novas producen irritación na pel por eso o nome de "Herba dos mendigos" ou "herba dos esmoleiros", xa que os mendigos conseguían, frotándose con esta planta feridas nos brazos e nas pernas e así solicitaban lismosna, implorando piedade... 

A planta é moi utilizada como medicinal: neuralxias, sarna, ulceras varicosas, etc.

O texto está sacado do libro "Claves de la Flora en España". Mariano Garcia Rollán. 1981.

Estas fotografías están sacadas polo autor da web na Devesa da Rogueira o día 14/11/2007.

En castelán chámanlle: Barba de Dios, placer del viajero, entre outros moitos...

Estas fotografías están sacadas polo autor da web na Devesa da Rogueira o día 14/11/2007.

Na devesa da Rogueira, sobre todo na primeira parte da subida,  é moi abondosa.

Saír.