|
|
Tetragnatha de montaña: características.
![]()
| Nome científico |
Tetragnatha montana, Simon 1874. Taxonomía: Reino: animalia Clase: Arácnidos Orden: Araneae Familia: Tetragnathidae Xénero: Tetragnatha Especie: Tetragnatha montana
|
| Nome galego |
Araña de río.
|
| Nome castelán |
Araña de río.
|
| Dimensións |
Femia ( izq) . Macho (dereita). Entre 15 y 25 mm. A femia é moito máis grande que o macho, polo menos o corpo. De tódolos xeitos hai varios tipos dentro das tetragnathas, inda que coido son moi similares. As fotografías correspóndense a variedade "montana".
|
| Identificación: |
Como todos os arácnidos poseen 4 pares de patas o que a distingue dos insectos. Esta araña atópase preto dos ríos, gusta moito da zona onde hai xuncos, ten unhas patas moi longas, entre duas e tres veces o corpo. Como todas o seu corpo ten duas partes moi diferenciadas, a dianteira que neste caso é pequena e a traseira que é máis blanda.
O seu corpo é bastante tubular é ten cor verde con brillos metálicos. A parte anterior soporta tódalas patas, ademáis dos palpos e os ollos. Os quelíceros veñen a ser como dentes venenosos.
|
| A súa tea de araña, as arañeiras: |
A súa tea pode verse perfectamente ó achegarnos á beira dos ríos, sobre de todo nas mañas de orballo, xa que veremos xunto os xuncos e espadainas unhas arañeiras con pouco máis dunha ducia de radios circulares onde o centro está sin rematar. A araña aparenta ausente, pero si temos paciencia e buscamos non moi lonxe da tea de araña atoparemos a tetragnatha ... seguro. A femia é a única que fai arañeiras. O macho debe adicarse únicamente en procurar as femias da súa mesma especie.
|
| Alimentación: |
É coma todas as arañas: carnívora. Gustánlle moitos todo tipo de insectos. Neste caso comen volvoretas, moscas, mosquitos, efémeras, tricópteros, etc.
Eiquí vese que a arañeira non é unha xoia, pero é efectiva.
|
| Habitats: |
Nos prados a beira dos ríos. Non é doado vela salvo que se teña paciencia. De tódolos xeitos si algo cae na tela acudirá rapidamente. Usan o teléfono de fios dende moito antes que o home. Non lle falla.
|
| Vese nos meses: |
De maio a octubro.
|
| Reprodución: |
O seu apareamento é moi característico, xa que o macho si non anda listo pode morrer no intento. É polo que, o primeiro que fai, é coller coas suas mandibulas as da femia e logo aparearse. Non é de todo tonto...
|
| Protección: |
Non están protexidas que eu sepa.
|
| Curiosidades: |
A súa técnica de camuflaxe é por as súas patas o longo do soporte onde están. Técnica que tamén utilizan para camuflar os ovos.
Nesta fotografía vese o dito anteriormente. Trátase da Tetragnatha montana, nesta caso a femia.
Nesta fotografía vese o dito anteriormente. Trátase da Tetragnatha montana, nesta caso o macho.
Fotografía sacada dun link fantástico sobre arañas.
|
| Pedir perdón: |
Dende estas lineas pídolle perdón a nosa araña. Pídolle perdón como pescador. ¿Por qué ?. Non sei si vos terá pasado , pero a mín moitas, moitísimas veces, que pescando a troita en río difíciles, o subir polo río e ter que meterme por esos lugares, levar por diante, moitas arañeiras, e por suposto conmigo tamén a araña. Si non vos pasou esto é que non pescades "fino", eu teño feito de todo. Por eso pídolle perdón... Eu sei que mo dará...
|
![]()
AS TEAS DE ARAÑA: as arañeiras
Arañeira marabillosa: pero non é da Tetragnata
|
|
|
Outra obra maestra a carón dos ríos:

Tampouco esta arañeira é a da Tetragnatha, xa que esta araña fainas máis simples.
Este foi a araña que fixo esta tela.
Esta tea de araña demostra as claras as auténticas xoias que podemos contemplar algunhas veces. Esta tea atravesa o río, incrible, ademáis tiña varios cabos para tensala, cabos que se poden observar na fotografía, estos cabos son moitísimo máis grosos. Podo decir que facía moito vento e que sin embargo a tea prácticamente non se movía.
Realmente marabilloso. Unha obra maestra.
A fotografía está sacada no río Queixa, Chandrexa de Queixa. Ourense.
---------------------------------------

Fotografía da Tetragnata coa súa tea. Está sacada deste link.
Fai a súa arañeira entre os xuncos e espadainas, pero son con pouco máis dunha ducia de radios e espirais. Son circulares e semella que a araña preguiceira deixou o centro sen rematar.
Vexe que esta araña ten outras virtudes...
Observar as súas patas e quizás se vexan as súas virtudes...

Fotografía sensacional de AMR-Cabor. Internet.
Dicen Victor M. López e Miguel A. Fernández Martínez no seu libro "A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia", auténtico libro de inspiración da miña páxina web:
..."Ó achegarnos á ribeira do río nas mañás de orballo fanse patentes, entre os xuncos e as espadainas da ribeira, unhas arañeiras con pouco máis dunha ducia de radios e espirais. Son circulares e semella que a araña preguiceira deixou o centro sen rematar. Aparentemente a autora da estructura está ausente e aínda que tentamos atopar o refuxio de seda, típico doutras especies, esta non aparecerá. Con paciencia e observando cada un dos talos dos xuncos sorprenderemos inmóbil a araña que sin dúbida pertencerá ó xénero Tetragnata. Estas arañas teñen o corpo alongado e tubular de cor verde con brillos metálicos e para semellarse ó soporte, as longas patas están dispostas na mesma dirección có estrito soporte...".

Fotografía sacada no río Navea. Pozo do Félix. 2008.
![]()