|
|
Efemera vulgata: características
![]()
| Nome Científico. |
|
| Nome galego |
Efémera vulgata. Moscas. Efémeras. Pesca o mosquito.
|
| Nome castelán |
Efémera vulgata. Mosca de pesca. En inglés Mayflies " moscas de maio"
|
| Dimensións |
Sobre 12 mm ten esta mosca.
|
| Identificación: |
A maioría son de cor pardo ou amarelo. As ás de algunhas especies parecen ter brillo metálico cando reciben a luz dende determinados ángulos.
As patas de adiante son moi longas e utilizanse por parte dos machos para sosteñer a femia no momento do apareamento, no mismo aire e voando. Os ollos son moi grandes.
|
| Alimentación: |
Non se alimentan cando son adultas, as súas pezas bucais están reducidas e son completamente inútiles. Cando son ninfas alíméntase , si son ephemeridae, como a que estamos tratando, filtrando o limo e extraendo detritus e perifiton. A maioría son herbívoras. Hai que pensar que a maioría non teñen mandíbulas en funcionamento xa que son sedas filtradoras.
|
| Habitats: |
No mesmo río. Nacen e póñense a voar. Moitas duran menos dun día, por eso se chaman efémeras. Emerxen pola noite e pola mañán xa morreron. Outras teñen máis sorte e poiden vivir unha semán como máximo.
|
| Vese nos meses: |
De marzo a agosto. Sempre preto do río a non ser que o vento as leve un pouco lonxe. Elas son malas voadoras.
|
| Metamorfosis: |
Os efemerópteros son cando nacen da forma do dibuxo e viven no leito do río estas ninfas están adaptadas a vivir na corrente xa que teñen o corpo aplanado e ofrece pouca resistencia, esto permite meterse facilmente entre as pedras.
A ninfa dos ephemeridae ten este aspecto:
Os ollos son compuestos teñen as patas articuladas e nas patas soio teñen unha uña ( esto vai a distinguilas dos plecópteros que teñen dúas) tamén os filamentos anales son tres ( os plecópteros teñen dous). As patas son cortas e robustas e as mandíbulas están hipertrofiadas e sobresaen diante da cabeza, como se pode ver na fotografía. As traqueobranquias son estreitas. Estas ninfas son filtradores e comen partículas dese sedimento. Despois de vivir no leito do río, un bon día convértense en imago e nace a efémera que dura un día ( dende logo é efímera). Este proceso é unha auténtica marabilla da natureza e dende logo é complicado xa que incluso ten un estado intermedio de subimago. As veces pasa de 20 os estadios que realiza para convertirse en mosca voadora. O normal é un número entre 10 a 25 estadios ninfais.
O lector debe ter claro que a Efemera vulgata é o estado final desta viaxe que se chama metamorfosis. A fecundación e a oviposición ten lugar o cabo dunhas horas, o normal é que os adultos voen o atardecer en enxames e realizan unha danza nupcial, que é coñecido pola maioría dos pescadores. Nesa danza son atraidas as femias que son fecundadas, xa que o macho en pleno voo realiza a fecundación. Logo as femias van realizando a posta, ven baixando a auga ou ven simplemente tocando a auga. É o momento do pescador e por suposto da troita... Moita desta información está recollida deste libro: Fonte: "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
|
| Interés: |
O interés que poden ter as efémeras en Galicia é incrible, pero para o seu estudio os ríos teñen que estar en condicións. Queda moito por estudiar pero é probable que no futuro non teñamos ríos ben conservados para facer estos estudios, catálogos de efémeras, descubrimento de efémeras novas, etc. Incluso estou seguro que en Galicia hai efémeras que non existen noutras partes do mundo. Pero ollo, os ríos hai que manteñelos vivos. As minicentrais rematan cos ríos e fan inviable este traballo. Estamos, coa política de minicentrais, esnafrando o futuro. Tamén os ríos teñen que ir limpos, as depuradoras funcionando e sin vertidos de ningún tipo. Tamén : Son moi espectaculares os bailes das efémeras. As troitas nestes intres poñense literalmente as botas. Os machos póñense a danzar por riba da auga , moitos xuntos, cando ven unha femia de seguida e collida polo macho e o apareo faise no aire. Nunha hora a femia pon os ovos. neste momento tamén son pasto das troitas.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
| Curiosidades: |
As golondrinas e os morcegos tamén se poñen as botas coas efímeras. As efímeras ou efémeras , en estado ninfa viven no río normalmente alimentándose de herbas e esporadicamente de outros seres vivos da auga. Hai moitos tipos, todas elas requiren unha auga limpa e sin dúbida son uns indicadores da pureza da auga. Normalmente viven un ano previo a voar. Outra curiosidade : as efémeras son incapaces de pechar as ás. O posarse teñen que estar as ás abertas sempre. Unha curiosidade. As ninfas dos efemerópteros son sempre acuáticas. Atención : hai moitisimas efémeras dende a Leptophlebia vespertina da fotografía ata Centroptilum pennulatum...... cantidade. En EEUU, Francia, Inglaterra, etc. hai moitas clasificacións destas efímeras incluso con data de eclosións... En España hai moito feito, pero queda moito por facer, espero que o Ministerio de Medio Ambiente e os Españois en xeral sepamos conservar os nosos ríos para facer estos e outros estudios.
|
Os efemerópteros en Galicia. Unha pequena introdución.
A continuación poño algún exemplar de imago das distintas familias que hai en Galicia.
Para ampliar e profundizar usar o libro que aparece o final da tabla.
|
Dentro dos Ephemeridae: |
A danica,a
lineata e a vulgata. Estos tres tipos viven nos ríos
galegos.
Efemera vulgata. Tratada na ficha anterior |
| Efemera danica
Abdomen blanco ou gris. A ninfa seica ten mandibulas para escabar no cieno. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo. |
![]() |
| Efemera danica
(Outra imaxen) |
![]() |
| Dentro dos Baetidae: | Hai en Galicia moitos representantes como a Baetidae rhodani, fuscatos, alpinus. |
|
Baetis rhodani Con duas colas. Esta mosca é bastante coñecida en Galicia. Ten unha cor aceitunada e algúns chámana "Oliva". Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo. |
|
|
Baetis fuscatus Con unha colas. Esta mosca é bastante abondasa nos ríos galegos. Eu chámoa a "caki" e dende logo é bastante efectiva na pesca. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo. |
![]() |
| Dentro dos Caenidae: |
Soio un representante coñecido en Galicia a Caenis luctuosa. |
| Caenis luctuosa.
Teño as miñas dúbidas que sexa esta mosca. Dende logo é unha caenis de tres rabos pero non sei si será a luctuosa. Penso que non xa que a ninfa non ten o segundo par de branquias ensanchado. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo.
|
![]() |
| Dentro dos Ephemerellidae: | Hai tres xéneros en Galicia e catro especies, a máis común a Seratella ignita |
| Efemerélidos
Teñen ás brilantes. Coloración apagada. Tres colas. Lonxitude de 0,6-1,4 cms. A ninfa aliméntase de herbas e de outros insectos. Ten cinco pares de branquias os lados. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo.
|
![]() |
| Dentro dos Heptageniidae: | Hai cinco xéneros nos ríos galegos e nove especies. Un exemplo pode ser a Ecdyonuros dispar. |
| Heptagénidos.
Ecdyonurus dispar. Dúas largas colas abdominais. Alas posteriores pequenas, alas anteriores apagadas ( ver as lineas do dibuxo). Lonxitude de 0,4 - 1,5 cms. As ninfas comen de todo. Pegadas as pedras en ríos de alta montaña. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo. |
![]() |
|
Heptagenia sulphurea. Dúas largas colas abdominais. Alas posteriores pequenas, alas anteriores apagadas . Lonxitude de 0,4 - 1,5 cms. As ninfas comen de todo. Están pegadas as pedras en ríos de alta montaña. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo. |
![]() |
| Dentro dos Leptophlebidae: | Hai en Galicia cinco xéneros e sete especies. Entre elas por exemplo Calliarcys humilis, Paraleptophlebia submarginata , Traulus bellus e outras. |
| Paraleptophlebia
submarginata
As alas teñen un motedo pardo. Lonxitude 0,3-1,4 cm. A ninfa aliméntase de herbas e follas. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo.
|
![]() |
| Dentro dos Oligoneuriidae: | En Galicia hai dúas especies a Oligoneuriella marichuae, e a Oligoneuriella rhenana. |
Oligoneuriella rhenana
|
![]() |
| Dentro dos
Potamanthidae:
|
Soio hai un representante coñecido en Galicia o Potamanthus luteus |
| Potamanthus
luteus Ten ese rechamante coor. Lonxitude 1-1,4 cm. A ninfa é detritívora. En Galicia soio apareceu no Eo. Para ver as ninfas usar a bibliografía que aparece abaixo. |
![]() |
| Dentro dos Siphlonuridae: | Hai dúas especies en Galicia coñecidas de momento: Siphlonurus aestivalis, Siphlonurus lacustris que ten unha ficha neste traballo. |
Nota importante:
"Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
O resumen anterior está sacado do libro anterior, o que queira ampliar e coñecer a fondo os Efemerópteros que se coñecen actualmente en Galicia, este é o libro indicado. Agradecer os autores o seu uso e as súas investigacións.
Os Efemerópteros teñen unha clasificación bastante complicada.
Atendendo a fase de ninfa estos son:

Vense moi parecidas pero hai moitas diferencias. Nesta clasificación falta os Oligoneuriidae (das que hai representantes nos ríos Tambre e Tea) e os Siphlonuridae (das que hai representanes no río Louro)
Nesta ficha soio está tratada unha representante da familia das Ephemeridae, que foi a Efemera vulgata.
Fonte: "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Edicións. 2006.
A clasificación e os dibuxos anteriores non perteñecen a este libro.
![]()
O CICLO ( METAMORFOSIS) DAS EFÉMERAS.

En realidade nacen como ninfa ( parte esquerda)
os dous ou tres anos convírtense en subimago ata que saen do río para fecundarse primeiro como subimago ( mosca afogada para os pescos) e logo como imago que é a fase final
( Aquí chamámoslle efémera e co seo nome científico por exemplo Serratella ignita que é unha das máis coñecidas ( verde oliva con ás azuis), os pescos neste caso falamos de mosca seca) . Na fase final poden vivir un día ou dous, normalmente morren comidas polas troitas e outros peixes.
Moitos destes insectos presentan, resumindo, unha fase de larva longa ou moi longa e unha curta fase adulta. Moitas soio teñen tempo para reproducirse e deseguido morrer. Hai moitas especies nas que os adultos non se alimentan.