Unha planta que se distingue moito a beira dos ríos galegos.
É moi bonita.
Non ten lugar a dúbidas.
As súas follas que se ven no dibuxo e nas fotografías de máis abaixo semellan lanzas e pasan de 20 cms.
De 25-40 cm. con tuberculo horizontal de 2 cm.
O pecíolo é de ata 25 cm..
A espiga é pardo roxiza.
Froitos roxo brilante.
O dibuxo é de Otto Wilhelm . Sensacional ( pulsando este link pódese visitar a súa páxina.
.....
Non ten lugar a dúbidas.
As flores son bastante características e semellan un racimo pequeniño, ten máis ou menos un centímetro.
As súas follas semellan lanzas e pasan de 20 cms.
.....
Florece na primavera e no verán xa están maduros, que son redondiños e roxos como se ve na fotografía. Os froitos son algo pezoñentos.
Ten moitas cualidades medicinais: para os catarros, como expectorante; as follas frescas son boas para as queimaduras, incluso os tubérculos son bos para os callos.
En Galicia dáselle tamén outros nomes como corno, cartucho e herba das anadas. Tamén lle chaman cala, pero a cala é outra especie que non hai en Galicia.
Tamén vexo o nome de aro.

Descoñezo o autor da fotografía.

Fotografía do froito do xaro subindo a Devesa da Rogueira no Courel en novembro do 2007.