|
|
A araña saltadora: características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Vese nos meses de.. | Alimentación | Reproducción |
| Interés | Protección | Curiosidades |
![]()
| Nome científico |
Sensacional fotografía de Javier Pérez. Fotonatura.org. SALTÍCIDOS. Taxonomía:
Nota: actualmente hai 4.000 especies de saltícidos. Casi nada. Son as chamadas especies saltadoras.
|
|
| Nome galego |
Arañas saltadoras
|
|
| Nome castelán |
Sensacional fotografía de Irene Martínez. Photonet. Saltícidos. Arañas saltadoras. Saltarina.
|
|
| Dimensións |
Fotografía sensacional de Álvaro Rodríguez. Son moi pequenas estas arañas, entre 2 mm. e 15 mm. Observar a da fotografía de Álvaro é unha miniatura.
|
|
| Identificación: |
É doado identificala polos ollos. Tamén como caza a saltos, por algo se chama araña saltadora. O malo é que son moi pequenas.
Na fotografía de Álvaro Rodriguez vese o pequena que pode ser. Normalmente son de cores apagados. Teñen aparentemente catro ollos en linea. Os dous do centro son maiores que os dos extremos.
O feito é que hai moitos libros nos que aparece que teñen oito ollos, por exemplo en Edicións Omega o libro "Insectos, arañas y otros artrópodos terrestres" fala de que ten oito. Otros libros falan de catro. Eu en principio vou a inclinarme polos oito
Neste trozo de fotografía extraido da páxina web de wikipedia vense seis perfectamente. Seica os ollos dos extremos teñen visión de 360º. É curioso que os palpos dos machos son máis grandes que os das femias.
Sensacional fotografía de Javier Pérez. Fotonatura.org. Observar os palpos deste macho, parecen plumeiros. Ver este link para profundizar.
|
|
| Alimentación: |
Aliméntase de pequenos insectos voadores como o cabaliño da fotografía. A súa forma de caza é saltando sobre a presa. Teñen unha vista excelente. Son catro ollos dispostos a cazar o que sexa. Un fío de seda permítelle cazar incluso en zonas con paredes verticais.
|
|
| Habitats: |
Sensacional fotografía de Javier Pérez. Fotonatura.org. Nas praias a carón dos ríos.
|
|
| Reproducción: |
Sensacional fotografía de Irene Martínez. Photonet. As femias poñen os seus ovos entre a vexetación e o musgo, dentro dunha gran celda de seda. Son vixiadas ata a eclosión. Si se ve apurada pode facer que a eclosión se adiante. Seica teñen un baile moi animado as arañas saltadoras, según Paola Irene-carrizo é unha especie de rock.
É media broma. É tamén unha forma de non olvidarse das cousas. Curioso. Ver este link.
|
|
| Vese nos meses: |
Vese sobre todo na primaveira e no verán.
|
|
| Interés: |
Sensacional fotografía de Javier Pérez. Fotonatura.org. Como todos os seres vivos. Todo o mundo ten dereito a vida.
|
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
|
| Curiosidades destas arañas: |
Ollos desta arañas sacados da desta web curiosa. Seica son increibles. Aparte de ser minúsculas o parecer son incríblemente intelixentes. Por suposto que a mín cóstame moito creelo, pero bueno... O que está claro o parecer é que estas arañas son incribles cazando. Por exemplo explica o autor do traballo que unha araña do grupo dos saltícidos, o sea unha araña saltadora, concretamente a Portia labiata, que seguramente non existe en Galicia, caza outras arañas, incluso maiores que ela simplemente invadindo a súa tela. A araña detecta que ten unha presa e vai por ela. A sorpresa é que esta araña devora a outra. ------------------------------- Outra das curiosidades é que pode saltar por suposto para adiante, pero tamén de lado e para atrás. Incrible. Pode saltar ata 6 cms. Así é como caza as súas presas. --------------------------------
|
![]()