Prunus padus.

Pau de San Gregorio. (Cerezo de racimo)

Esta árbore é escasa en Galicia. Atópase nas zonas altas da Provincia de Lugo e Ourense.

Dende fai moito tempo era cultivada como planta ornamental, xa que cando está en flor é unha árbore marabillosa.

No outono cando as follas adquiren tonalidades amarelas ou ámbar son tamén unha auténtica marabilla.

A fotografía é de Armin Jagel.

 

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pau de San Gregorio.

Prunus padus: Características

salir.jpg (922 bytes) Saír.                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Prunus padus.

Reino: Plantae

Clase: Magnoliopsida

Orden: Rosales

Familia: Prunoideae

Xénero: Prunus

Especie: Prunus padus

 

Nota:

É nativo de Europa central e do norte e Asia menor; crece en bosques, especialmente xunto a regatos e ríos, como un arbusto baixo inda que de modo raro pode chegar ata os 8 m. de altura.

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome galego

Pau de San Gregorio, Pau de San Guirgoriño, Pau de San Guirgorio, Cireixón, Pau de Rabia, árbore da rabia,  acereixo dos danados.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Cerezo de racimo, cerezo aliso

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Dimensións:

Trátase dun arbusto ou pequena árbore que non pasa dos 7-8 metros como moito.

Entre 500 e 2.000 metros de altitude.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Identificación:

Dibuxo onde se ve a árbore coas follas, os froitos de verdes a negros, as ponlas de cor vermello e as flores blancas. Estas son as características de identificación do Pau de San Gregorio.

Ten varias cousas que son identificables entre elas as follas que son ovais, agudas no ápice, cuneadas na base. Finamente serradas e moi verdes. Son grandes sobre 10 x 7 cms. Son simples e alternas.

No outono virán as follas o amarelo ou vermella.

Os pedúnculos das follas son de cor vermella oscura.

A árbore en si é moi vistosa.

Fotografía de birdcherri@imag-2371

Vistosa sobre todo si está en flor.

Fotografía de Dietrich Sprekr von Kreudensten

Ir a características

 

 

 

 

Habitats:

Gústanlle os solos silícicos, húmedos e con materia orgánica abondosa, en definitiva habita na beira dos ríos e regatos de Galicia con alturas entre 500 m e 2.000 metros.

É máis ben escasa e vese nos Ancares e na zona de Peña Trevinca.

Tamén seica hai esta árbore en Beade no bosque de Ridimoas en Ourense.

Tamén algúns exemplares en Santiago.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

As flores e o froito:

Florece na primavera.

Flores:

Pequenas, blancas e fragantes, realmente son moi aromáticas. Están sempre agrupadas en longas extensións entre 8 a 15 cms e normalmente en racimos colgantes.

Fotografía de Norman Hagen

Froito:

Globular e brilante,  sobre 8 mm. de diametro. O madurar pasa do cor verde a negro.

É comestible ainda que ten un sabor bastante amargo. A semente é tóxica.

Madura a finais do verán.

Esta é a semente que é tóxica.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

A corteza e o tronco:

Copa:

Redondeada, coas pólas superiores que ascenden de forma aguda e as inferiores que se extenden ou quedan colgantes.

Corteza:

Lisa e de cor pardo oscuro; cun forte olor a améndoa amarga.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Curiosidades:

A madeira seica é util para a fabricación de zocas, mangos de ferramentas, bastóns, etc.

A cortiza foi utilizada como colorante.

A cortiza tamén ten utilidade medicinal como diurético e contra a febre, a gota e a reuma.

As follas en infusión seica son moi boas para calmar a tos e tamén contra a asma.

Cheira a améndoa amarga.

 

Ärbore ameazada en Galicia

Seica é unha planta que está hoxe moi ameazada en Galicia. De feito existen moi poucos exemplares de Prunus padus.

ORTIZ, S.; RODRÍGUEZ OUBIÑA, J. & PULGAR, I. (1998): Unha primeira aproximación ao listado da flora rara e ameazada de Galicia (NO da Península Ibérica).Nova Acta Científica Compostelá (Bioloxía). 8:95-101. Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Bilbiografía

Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. Tamén  Flora de Galicia de Xosé Ramón García.

 

 

Ir a características