Mantis religiosa. Barbantesa. (Mantis).

A Barbantesa ou mantis é incrible. Toda unha máquina de matar.

Na fotografía, do autor da www, vese colgada, pero na orixinal, que figura máis abaixo, estaba boca abaixo sobre unha rama; non é unha posición que lle guste, xa que foi forzada por mín.

A súa cabeza é movil, as patas raptoras o 100% e a súa incríble vista fan dela un insecto marabilloso. É moi dificil vela , xa que o seu mimetismo é fora de serie e confúndese facilmente co entorno de follas verdes. Si estas non son verdes tamén se adapta.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

       

 

MANTIS: características.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Habitats
Alimentación Reproducción Interés
En contra da Barbantesa Curiosidades Distribución en Galicia

Fotografías

  salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Mantis religiosa

 Linnaeus 1758.

 

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Insectos

Orden: Mantodea

Familia: Mantidae

Xénero: Mantis

Especie : Mantis religiosa

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Fotografía do autor da web.

Barbantesa. Mantis.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Fotografía do Ministerio de Educación.

Mantis religiosa. Insecto de Santa Teresa. Campanero. Campamocha. Tata diós. Mamboretá.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Dimensións:

Entre 4 e 12 cms. de lonxitude. Os machos son máis pequenos, bastante máis que as femias.

Ver esta fotografía:

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Cor verde.

Dependendo onde viva pode ter cor verde ou castaño.

 

Ten tres rexións perfectamente diferenciadas: a cabeza, o torax e o abdomen.

Fotografía sensacional, de Juan Manuel Sanchez Marquez. (Vitoria).

O torax é moi longo e eso fai o seu aspecto distinguido. Por iso a chamamos Barbantesa ou  mantis religiosa.

As patas frontais teñen garras para coller as presas mellor.

Os ollos son compostos e grandes e a cabeza xira ata 180º. Incríble.

Seica ten tres olliños máis entre as antenas e entre os ollos que se ven, son bastante grandes.

Nesta fotografía de Marc Carriére apréciase os ollos perfectamente.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Ten moitísimo apetito. É moi, moi voraz.

Gústanlle todo tipo de insectos: polillas, grilos, chapulíns e moscas. Incluso é posible que se coman unhas a outras.

Repito é unha máquina de matar. Rapidísima.

A verdade é que lle vai todo, incluso as vacalouras, que mira que son duras, pois pode con elas, búscalle o xeito e  veña pro bandullo.

A mantis actua da seguinte forma: sopoñase que Vd. é un grilo, de repente entre a vexetación surxe un ser moi feo, vd. queda paralizado mirando, sorprendido, ¿ que será esto? , mentras unhas patas increibles:

Veñen super-rápidas é producen un abrazo mortal, cólleno por sorpresa.

A verdade "dese por morto"...

As súas mandíbulas son moi fortes e cortan perfectamente os insectos como os saltóns , grilos e mismo vacalouras que teñen un caparazón bastante groso. Todo vai para dentro.

O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán. Casi nada.

 

Ver nesta outra imaxen como ten collido a un saltón:

Ademais come as súas presas vivas...

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Viven en todo tipo de bosque onde teña plantas. A barbantesa sempre será de cor parecido, si son plantas cor verde, será verde.

Si son árbores será do cor da árbore.

Si hai palla o redor será da cor da palla como nesta fotografía.

A barbantesa gústanlle sobre todo os prados, xa que neles ten moita posibilidade de comida: saltóns, grilos, arañas, etc.

É voadora polo que pode cambiar de lugar con facilidade, de tódolos xeitos non voa grandes treitos.

A mantis. Fotografía de Goz.

Incríble a fotografía de Goz, sacada en Verín.

De tódolos xeitos o orden dos mántidos comprende 8 familias e 2.000 especies. Hai polo tanto moitos tipos.

A fotografía anterior é unha Empusa pennata da familia dos Empusidae que é distinta da familia dos  mantidae.

Nesta fotografía sensacional de Alfred Preud vese tamén a Empusa pennata.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

As femias son máis grandes que os machos. Teñen o abdomen máis grande.

Morir de amor: ( título que fai José Luis Gallego no libro "Descubrir los bosques"):

Sin dúbida trátase dunha amante peligrosa, xa que a cópula remata co seguinte, a femia nun intento de aumentar a potencia sexual e dado que o macho é moito máis pequeno, decapita dun mordisco o macho, para acto seguido, empezar a devoralo.

O pobre macho morre de amor...nunca mellor dito.

Esto de tódolos xeitos non ocurre sempre, o macho sálvase moitas veces, pero ten que andar con ollo, nunca mellor dito...

Na fotografía vese perfectamente o apareamento e a diferencia de tamaño.

A posta dos ovos faixe no outono e na primaveira os ovos eclosionan. Pon os ovos en montonciños espumosos que ata as ramas. Esta espuma endurécese e protexe os ovos. Cada saco ten 200 a 300 ovos.

O crecemento da barbantesa ten tamén un proceso coñecido como  “metamorfosis incompleta”, así non hai estado de larva ou pupa. As ninfas son iguais as adultas. Por suposto o que cambia é o tamaño, a falta de alas, e que non estén sexualmente desenroladas. Os tres estados son ovo, ninfa e adulto.

Durante a súa vida a barbantesa crece e cambian o seu  exoesqueleto (esqueleto exterior) de 6 a 9 veces. Cando alcanzan a madurez os animais aparéanse, as femias poñen os ovos e os pais morren o cabo dun tempo corto.
 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moi curiosa. A mantis na natureza é unha depredadora moi activa e come moitos insectos.

 Son boas nos xardíns.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia:

Vese en tódolos bosques e xardíns de Galicia.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Aparte das xa escritas, que non son poucas, a súa rapidez collendo as presas é incríble, realmente teño observado o fenómeno e non me entero, soio cando xa a presa está entre as súas garras.

É como unha acción borrosa, pola rapidez. Dicen que move os fémures 20 veces máis rápida que o parpadeo dun ollo humán...

Os ollos permítelle a capacidade de ver imáxenes e cores. Ten ademais visión binocular que lle permite facer cálculos moi exactos.

Chámase Mantis Relixiosa ou Barbantesa pola súa maxestuosidade, ver si non a seguinte fotografía:

Esta parece unha Empusa Pennata, máis cunha Mantis religiosa. As duas son da mesma orden pero de familias distintas.

A súa postura favorita é polo tanto sosteñerse alzada sobre as súas extremidades posteriores mentras levanta as patas anteriores e mantenas dobladas frente a cara. Parece que está rezando por eso os galegos a chamamos barbantesa, como si fora unha monxa rezando.

É tamén o único insecto que "pode mirar por riba do ombreiro", efectivamente a súa cabeza pode xirar perfectamente.

Son ademais voadores.

O crecemento da barbantesa ten tamén un proceso coñecido como  “metamorfosis incompleta”, así non hai estado de larva ou pupa. As ninfas son iguais as adultas. Por suposto o que cambia é o tamaño, a falta de alas, e que non estén sexualmente desenroladas. Os tres estados son ovo, ninfa e adulto.

Durante a súa vida a barbantesa crece e cambian o seu  exoesqueleto (esqueleto exterior) de 6 a 9 veces. Cando alcanzan a madurez os animais aparéanse, as femias poñen os ovos e os pais morren o cabo dun tempo. corto.

En certas comarcas de Granada os máis vellos do lugar afirman que a "Santa Teresita", que é como lle llamán alí a Barbantesa é capaz de cortar cós dentes unha cadena de ouro. Evidentemente esto no é certo pero dise xa que é moi rápida e atrapa os insectos dunha forma que é imposible que se escapen xa que no fémur ten moitas espiñas.
 

As súas mandíbulas son moi fortes e cortan perfectamente os insectos como os saltóns , grilos e mismo vacalouras que teñen un caparazón bastante groso. Todo vai para dentro.

O lanzamento dos fémures é vinte veces máis rápido que un parpadeo dun ollo humán. Casi nada.

 

Nas Baleares, outra curiosidade, chámanlle "cavalls de serp" e dice algunha xente que as barbantesas traen mansaxes do máis alá.

Por último hai outro mito que pensa que a barbantesa hipnotiza os demais insectos e así calquera. Unha vez que están quietos e parados lanza as súas patas e logo a comer...

Evidentemente non fai falta hipnotizalos a súa rapidez é incrible e os insectos quedan atrapados rápidamente coas súas patas anteriores.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

En contra da Barbantesa:

En contra da barbantesa:

Evidentemente en contra da Barbantesa están todos os plaxicidas que se botan de forma indiscriminada nas hortas e campos galegos.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías:

A barbantesa fotografiada polo que escribe. Octubro do 2006.

Fotografía sacada do archivo de imáxenes do Ministerio de Educación

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

flecha.jpg (1049 bytes) Subir