|
Nidificante/Estival , de interés especial.
|
VENCELLO COMÚN: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Interés |
| Vese nos meses de ... | protección | Curiosidades |
| Canto |
![]()
Nome científico
Apus apus (Linn.)
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Apodiformes.
Familia: Apodidae
Xénero: Apus
Especie: Apus apus
Nome galego
Vencello, vencello común, birrio, cirrio.
Outros nomes: en Portugal chámase Andorinhao preto, en Cataluña Falciot negre e en Euskadi Sorbeltz arrunt.
Nome castelán:
Vencejo común
Dimensións
Sobre 16,5 CMS. Envergadura sobre 42 cms. de media.
Identificación:
![]()
Sexos iguais.
Totalmente negro, a non ser unha pequena mancha clara na gorxa.
Picos cortos, boca grandes. Ás moi grandes, longas e lixeiramente curvadas.
O rabo e gallado, a plumaxe negra, un pouco máis clara na gorxa.
Parece unha andoriña.
Ten un voo moi forte, aerodinámico, rapidísimo, bate as ás constantemente e por veces tamén planea pero pouco.
![]()
No solpor voan moi , moi arriba.
Moita xente confunde os vencellos coas anduriñas comúns e coas andoriñas de cu branco, distínguese de forma doada toda vez que os vencellos teñen as ás en forma de gadaña e a cola curta.
...
Este é o vencello ou cirrio, ás en forma de lanza ou gadalla de segar e cola corta. Papo blanco. A cola é ahorquillada pero moito máis corta que na anduriña. O voo é moito máis rápido que a anduriña e os sonidos son moito máis ruidosos.
Esta é unha andoriña normal. As ás son distintas e a cola e longa e moi distinta tamén. Papo vermello e dende logo a cola moi ahorquillada e longa.
No son tan rápidas nos seus vós e fan menos ruido o voar.
Esta é a andoriña de cu branco.
Vencello común no ceo.
Fotografía sensacional de Jiri Bohdal.
Alimentación:
Insectos que captura en voo. Gústanlle moitos as moscas, os pequenos escarabellos e as polillas.
Habitats:
Vense en campo aberto e tamén sobre masas de auga.
Os cirrios son os mellores voadores do ceo. Rápidos é precisos.
Chegan na primeira quincena de abril. Marchan a primeiros de agosto.
Niños:
Descoñezo o autor desta sensacional fotografía.
Aniña a finais de maio ata agosto. Cría en buracos de construcción e baixo tellas. Pon de 2 a 3 ovos brancos que chocan ámbolos sexos durante 18 días; os polos voan ás cinco semáns.
Vese nos meses:
Todos os anos as mismas familias, dende finais de abril ata agosto. En agosto volven para Africa.
Interés:
Nidificante/Estival , de interés especial.
Protección:
Non está protexido que eu sepa, pero é considerado como un paxaro de interés especial dende tódolos punto de vista.
Curiosidades:
A miña anécdota con este tipo de páxaros pasoume no río Cenza nun mes de maio xusto nunha ponte do río, preto da cenza. Dous vencellos non deixaban de voar sobre a miña cabeza en ataque continuo, o principio por sorpresa. Incrible. Moi asustado, despois de 6 ou 7 ataques en voo, descubrín que a un metro por debaixo onde eu estaba apoiado tiñan o seu niño. Inda non o creo hoxe. Paseino moi mal, non caín o principio que mal lles podía haber feito.
As veces vense cópulas no aire. Son aves que nunca se pousan no chan, teñen pouca pata e sería moi dificil levantar o voo, fan de todo no aire e únicamente se pousan para facer o niño ou alimentar a súa prole. Curioso.
Dicen algúns libros que ata dormen en pleno voo, costa creelo, pero si o dicen...
Descoñezo o autor desta sensacional fotografía.
Outra cousa curiosa son os "niños de golondrina" que tanto aprecian os chinos son en realidade niños de vencellos, feitos con saliva. Por certo os chinos comen destos niños...a verdade é que os chinos comen de todo...
Oir como canta e ampliar datos.
O seu canto é bastante raro, defeito hai xente que fala do "Canto do demo". Oir o seu canto nesta sensacional páxina.
Ver imáxenes sensacionais do Apus apus.
Tamén neste link.
Neste link tamén podedes oir o seu canto.
Neste lugar podedes ver videos sobre o vencello Video
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. Tamén algúns datos o libro "Aves" , guía visual océano.
![]()