Gyrinus natator. Escarabello muiñeiro. Escribano.
|
|
Escarabello muiñeiro: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | A larva do escarabello | Interés |
| Protección | Vese nos meses de | Curiosidades |
|
|
Os Girínidos en Galicia |
|
![]()
| Nome científico |
Gyrinus natatur. Linneo 1758
Taxonomía:
Nota sobre este Girínido: O Gyrinus natator no aparece en algúns libros especializados sobre os invertebrados nos ríos galegos. Ver un dos apartados desta ficha. De tódolos xeitos as diferencias, para o non especialista, entre os girínidos que hai en Galicia e este girínido que se describe nesta ficha son mínimas.
|
| Nome galego |
Escarabello muiñeiro.
|
| Nome castelán |
Escribanos de agua.
|
| Dimensións |
Gyrinus natator Menos de un 1,5 cms
|
| Identificación: |
Chámanse escribanos da auga xa que pasan a maior parte da súa vida deslizándose en voltas e máis voltas pola superficie da auga quetas ou de pouca corrente.
Son insectos negros e brilantes, coas patas medias e posteriores aplanadas e cubertas de pelo para deslizarse por riba da auga e nadar. Normalmente viven na tona do río, ou sexa na misma superficie pero si se ven ameazados tamén saben bucear e incluso voar. Son totalmente gregarios.
Chaman inmediatamente a atención polos seus xiros incesantes, de onde lle ven o nome de gyrinus. Controlan o xiro o parecer coas patas anteriores, e fan o xiro coas patas medias e posteriores.
Si necesitan bucear acumulan baixo os élitros unha burbulla de aire que debe ser renovada periodicamente.
As larvas están no leito do río, viven no fondo e a súa respiración é distinta xa que teñen branquias. Viven polo tanto no fondo e aliméntanse de outros insectos.
Una especialización moi interesante que teñen os Girínidos é a división dos ollos nunha mitad dorsal e outra ventral. O ollos da mitad dorsal dominan perfectamente a superficie do río e o que lle chega para comer, pero cós ollos dorsais poden ver tamén para abaixo, e ter así unha visión subacuática. Na fotografía sacada do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces gallegas" de los autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Ollo nesta fotografía vese o Orectochilus villosos que é outro Girínido.
|
| As larvas dos gyrinus. |
As larvas do escarabello muiñeiro
Dibuxo da larva dun Gyrinus. Sobre entre 1 cms e 1,5 cms. As larvas están no leito do río, viven no fondo e a súa respiración é distinta xa que teñen branquias, polo tanto extraen o oxiseno da auga mediante o sistema traqueo-braquial que son os característicos filamentos abdominais plumosos. Viven polo tanto no fondo e aliméntanse de outros insectos. Teñen no abdomen catro ganchos que lle axudan a trepar entre a vexetación do río sin ser arrastradas pola corriente.
|
| Alimentación: |
Aliméntanse de insectos pequenos que caen por riba da auga, ocasionalmente poden bucear en busca de algunha cousa , pero non é normal.
|
| Habitats: |
Preto dos ríos e charcas. Están sempre a xirar, xiran e xiran, chaman bastante a atención. Pola miña banda sempre os vin en pequenas charcas. Tamén en estanques de xardín, por exemplo na praia de Coruxo a carón de Canido, nun estanque.
|
| Vese nos meses: |
De marzo a agosto.
|
| Interés: |
Son moi espectaculares, polas continuas voltas e máis voltas que dan.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
| Curiosidades: |
No verán vense moitos xuntos , pero logo desaparecen, enterranse no barro para invernar. Reaparecen na primavera.
|
| Gyrinus en Galicia: |
Gyrinus substriatus. Fotografía de F. Kohler Según o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González e Fernando Cobo a familia de Gyrinidae está representada en Galicia por catro especies, tres do xénero Gyridus ( G. Caspius, G. substriatus y G. urinator) e Orectochilus villosus. Seica este é moi común nos ríos e regatos de Galicia.
Gyrinus natator. Observo que non citan o Gyrinus natator que describo na ficha. De tódolos xeitos decir que as diferencias son mínimas e o interés destas diferencias perteñece o campo dos expertos. O Orectochilus villosus tamén é moi parecido os anteriores:
Nesta fotografía é o primeiro da esquerda, arriba.
Una especialización moi interesante que teñen os Girínidos é a división dos ollos nunha mitad dorsal e outra ventral. Na fotografía sacada do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces gallegas" de los autores Marcos A. González e Fernando Cobo. Ollo nesta fotografía vese o Orectochilus villosus que é outro Girínido.
|
![]()