Fotografía de Alain Girard |
É bastante común nas augas do litoral e nos encoros galegos. Aliméntase de plantas acuáticas, moluscos e peixes . As maiores concentracións danse na ría de Noia, pero atópanse en moitísimos encoros como Castrelo de Miño e a Rúa en Ourense, no encoro de Sabón-Arteixo, no baixo Miño, etc. Tamén nos ríos galegos non soio en encoros destes ríos.
|
CARACTERÍSTICAS DO PARRULO CRISTADO.
![]() |
|
|
| Nome_científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Interés | O seu canto |
| Protección | Vese nos meses de | Outros parrulos Videos |
![]()
| Nome científico: |
Aythya fuligula (Linn)
|
| Nome galego |
Fotografía de Alain Girard Parrulo cristado, porrón moñudo.
|
| Nome castelán |
Fotografía de William Hull Porrón moñudo común.
|
| Dimensións |
Fotografía de William Hull
43 cms. Sobre 1 kg.
|
| Identificación: |
É inconfundible. O macho ten as costas e o ventre branco e o resto é compretamente negro. O macho ten unha cresta característica que vai cara atrás.
Fotografía de Alain Girard Os ollos son amarelos. A femia é de cor marrón, tamén crestada e a menudo cunha mancha branca no pico.
Fotografía de William Hull
Curioso: o peteiro teno azul.
|
| Alimentación: |
Preferentemente todo tipo de peixes, plantas acuáticas, insectos, etc. É un bon buceador que pode chegar ata os 3 metros para coller o que lle interesa.
|
| Habitats: |
En moitos encoros galegos. Tamén no litoral. Esta ave abunda no baixo Miño. En Ourense vense moitos no tramo de Reza. Están continuamente mergullándose. Comen sobre todo plantas acuáticas, moluscos, peixes pequenos, insectos, etc. É un invernante. Chega a finais de agosto, do centro de Europa, pero vese a partir de outubro.
|
| Niños: |
De maio a agosto 8-10 ovos. Que chocan os 23-25 días, e que voan as 9 semanas. Nidifica no chan.
|
| Vese nos meses: |
De abril a octubro. En Ourense vense algúns pola zona de Reza no río Miño e Outariz. Na cunca do río miño e Galicia Costa, concéntranse o 71% de parrulo cristados de Galicia, según datos do censo de 2001. Esta especie vese moito nos encoros.
|
| Interés: |
De interés especial.
|
| Protección: |
Non está protexida.
|
| Curiosidades: |
É un gran mergullador.
|
| Canto |
Fotografía de William Hull
Pulsar aquí para oir o seu canto.
|
| Outros parrulos que se ven nos ríos ourensáns: |
Aythya fuligula. Parrulo cristado Vense dous máis: o Porrón común (Aythya ferina) que seica a súa chegada os nosos encoros vai en aumento. Este porrón según Alberto Rivero Saeta que escribe no diario A Región sobre a natureza en Ourense seica se ve no encoro de Velle, non máis de 50 o ano. Tamén en San Martiño na Rúa. E seica o hai tamén no Xardín do Posío.
Parrulo común (Aythya ferina) do Xardín do Posío. Ourense. Fotografía propia. Vese tamén en Castrelo de Miño no encoro.
Fotografía sensacional de Lobomir Hlasek A fotografía deixa ver bastante ben como é este porrón. E tamén o porrón pardo (Aythya nyroca) pero este é moi dificil de ver e ademais está en extinción. Seica se teñen visto na Limia no encoro das Conchas.
Descoñezo o autor da fotografía.
|
Saír.
![]()