Outra árbore de primeira liña nos ríos galegos, o amieiro ou ameneiro.
Eu diría que a máis importante.
Forman tamén parte dos bosques de galería dos ríos galegos.
É outra árbore que se fixa perfectamente nas riadas. Ten usos medicinais e artesanais xa que se usaba para facer zocos e os eixes dos carros. As follas son moi boas para os pés cansados, entre outras moitas aplicacións.
Na fotografía, do autor da www, vese un amieiro á beira do río Miño en Ourense, no "Tinteiro", frente a Reza, un lugar marabilloso da nosa ciudade.
Hoxe, xuño do 2009 están en peligro de morte nos nosos ríos.
![]()
|
|
|
|
Amieiro xoven. |
Gran dibuxo dp Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé Flora von Deutschland Österreich und der Schweiz. |
Esta é a súa ficha:
| Nome científico: |
Alnus glutinosa (L.) Gaertner Nota: alnus significa vivir a carón dos ríos e glutinosa é que as follas son moi pegañentas.
|
||||||
| Nome galego |
Amieiro, ameneiro, abeneiro, amieira, amineiro, amineira, arche, aveneiro, avineiro, pau do demo, samoeiro, umeiro, etc.
|
||||||
| Nome castelán |
Aliso, alno, vinagrera.
|
||||||
| Dimensións: |
Na fotografía de Marc Carriére, pode verse un amieiro a carón dun río. A folla é inconfundible e determinante.
Amieiro en Ourense, no río Miño. Este sí resistiu as enchentas.
Outro amieiro.
|
||||||
| Identificación: |
Fotografía do autor da www.
Envés da folla. Foto do autor da www.
Nesta sensacional fotografía pode apreciarse perfectamente a forma da folla.
Neste dibuxo, de Carl Lindman´s, nótase perfectamente a diferencia na folla segun a face.
|
||||||
| Habitats: |
A beira dos ríos de toda Galicia. Eu penso que é a arbore máis abondosa nos ríos galegos, dende logo as beiras dos ríos.
|
||||||
| Froito: |
Froito:
|
||||||
| Interés: |
É unha especie que fixa o nitróxeno atmosférico, protexe o chan e crea auténticas insuas de vexetación.
|
||||||
| Protección: |
Fotografía de Hans Otto. Non está protexida.
|
||||||
| Tronco: |
Fotografía do autor da www. Amieiro vello e novo a esquerda, nacendo do mesmo tronco. Copa alta , regular, primeiro cónica e logo redondeada. Resumen da madeira:
Datos sacados deste link: http://home.utad.pt/~floresta/LPF/alnus_glutinosa.htm
|
||||||
| Curiosidades: |
Amieiro en Ourense, paseo das Ninfas. Río Miño.
|
||||||
| Uso polos pelegríns, polos camiños a Santiago: |
As follas frescas son moi boas para o cansancio dos pés, a dor dos pés e o malestar por sudar moito: en efecto un bon montón de follas frescas, canto máis viscosas mellor, colocadas debaixo dos pés, ou ben por riba, cubrindo con unha tela ou ben cós calcetíns, dórmese con esto e pola mañán os pés están moito mellor sobre todo si se fai en varios días.
As follas son tamén moi boas para as feridas, chagas e úlceras varicosas. Tamén se utilizan para que non molesten os mosquitos: é moi simple facer un feixe de follas frescas e colocalo na ventana ou similar, as moscas e mosquitos van todos e todas a este feixe. Aparte é astrinxente, febrífugo, antirreumático e antihemorrágico, casi nada... Estas e outras aplicacións están sacadas do libro sobre "Plantas e remedios naturais de los Caminos de Santiago" de Txumari Alfaro.
|
||||||
| Ampliar datos |
Nesta www podedes ampliar datos. Para a súa plantación e poda ver este link.
|
||||||
| O amieiro en peligro de morte; |
Noticia de xuño do 2009
|

O amieiro é bastante tupido como pode verse.
Casi toda a información está sacada do libro "Guía das Árbores de Galicia" de Henrique Niño Ricoi e Cadros Silvar. Os dibuxos son deles. As fotografías son do autor da www.
Tamén algúns datos do libro "Árboles de nuestros bosques" , guía didáctica de Susana Domínguez y Ezequiel martinez.
Tamén usei o libro "Plantas y remedios naturales de los Caminos de Santiago" de Txumari Alfaro.
![]()