|
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Vese nos meses de... |
| Interés | Protección | Bibliografía |
| O seu canto e ampliación |
|
![]()
| Nome científico: |
Ptyonoprogne rupestris Scop. Tamén: Hirundo rupestris.
Photo © Jules Fouarge Esta é a meior fotografía que atopei en internet sobre a andoriña dos penedos. É de Jules Fouarge.
Taxonomía: Clase: aves Orden: Passeriformes Familia: Hirundinidae Xénero: Ptyonoprogne Especie: Ptyonoprogne rupestris
|
| Nome galego |
Andoriña dos penedos. Anduriña
Andoriñas dos penedos. Avións dos penedos. Descoñezo o autor da sensacional fotografía.
Nota: no Ribeiro e algúns lugares do Barco de Valdeorras vense a carón de ríos e regatos tamén a Andoriña das Barreiras que é a Riparia riparia. Tamén se chama avión zapador. É moi parecida a andoriña dos penedos. É un pouco máis pequena e blanca por baixo. Por suposto moito menos abondosa. Está en perigro de desaparición destas zonas. Fonte libro de Pablo Rodríguez (Oitabén) e outros "Fauna vertebrada do Ribeiro".
|
| Nome castelán |
Avión roquero.
|
| Dimensións |
Sobre 15 cm. e un peso de 20 gr. O dibuxo está sacado dunha boa dirección sobre aves. Merece a pena ver voar este paxaro. É incríble a súa destreza.
|
| Identificación: |
É marrón e por debaixo branca sucia, máis escuras no ventre e nacemento do rabo. O rabo é tirando a cadrado e leva unhas manchas brancas visibles, ver o dibuxo sacado do libro Guia das aves de Galicia (imprescindible).
Os dous sexos son iguais.
Fotografía de Konrad Wothe. Hai outro tipo de andoriñas que son avións, como os das barreiras (Riparia riparia) pero esta é menos abondosa e por outra banda o rabo remata gallado, aparte é branca por baixo, mentras que este avión o rabo é escotado, pero non gallado. É rara.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de mosquitos que colle a grande velocidade por riba da auga.
|
| Habitats: |
É abondosa en Ourense, sobre todo na zona oriental e na baixa Limia, inda que, o encoro de Lindoso fixo que tuvera que buscar outro lugar. Falta pola zona da Coruña e nas rías baixas. O paso prenupcial faino a finais de febreiro e os postnupcial a finais de setembro. Os voos en parella con persecucións comenzan a finais de xaneiro, os niños fanse en febreiro. Abril, maio e xuño son os meses de cría. Sempre sobre paredes rocosas, cañadas e acantilados, onde estén preto as correntes de auga.
|
| Niños: |
O número de polos o final é de tres máis ou menos.
O niño faino en cantís xistosos ou oquedades artificiais. Dúas roladas.
|
| Vese nos meses: |
Abril a setembro.
|
| Interés: |
Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida.
|
| Protección: |
Nidificante/Sedentaria, de interés especial e estrictamente protexida.
|
| O seu canto: |
Neste link podedes ampliar coñecementos
|

Fotografía sensacional de J. Fouarge.
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
Tamén o Libro "As aves". Tomo II. Atlas de vertebrados de Galicia., da colección do Patrimonio Ecolóxico.
![]()