|
|
O escarabello acuático: Características.
![]()
| Nome científico |
Dytiscus marginalis.
Taxonomía:
|
||
| Nome galego |
Escarabello acuático. Ditisco
|
||
| Nome castelán |
Escarabajo acuático, ditisco.
|
||
| Dimensións |
Pode ter o tamaño da figura. Casi 4 cms. De tódolos xeitos a talla é bastante variable. Poden vivir ata 5 anos.
|
||
| Identificación: |
Dende logo é moi común. Teñen como se pode ver na figura unha linea aerodinámica incrible. Coa cabeza metida, son nadadores natos. As patas de atrás utilízanas para nadar e son anchas e peludas.
A parte dorsal é negra, borde amarelo o abdomen tamén amarelo, as patas teñen pelos longos que sirven perfectamente para remar. Nas patas dianteiras do macho teñen tres ventosas, que sirven para coller e suxetar a femia no apareamento.
Os elitros do macho son lisos, os da femia teñen profundos surcos. Presentan adaptacións especiais para dispoñer de aire durante o mergullo. Vese as veces unha branquia baixo os elitros de bastante tamaño. Os machos diferencianse das femias xa que nas patas dianteiras teñen unhas ventosas, que se ven perfectamente na fotografía, e que van a servir para aparearse. Con elas poden xuntarse, poñerse un por riba do outro sin caer, xa que si non as tuvera resbalaría totalmente xa que o ditisco ten unha sustancia que impregna os elitros para nadar mellor e facelos resbaladizos.
|
||
| Alimentación: |
Son unos devoradores natos, carnivoros feroces, poden rápidamente con rás, tritóns, peixes. Son incríbles. As larvas incluso son máis feroces que os adultos, o que pasa e que a súa alimentación é distinta, xa que cravan unha agulla nas víctimas e despois chúpana. Incríble.
Larva do ditisco. Esta larva cólgase da superficie da auga para respirar, pero ante unha presa, serpentea con rapidez para atrapala. A larva ten as patas ciliadas e na punta leva dous garfios cós que colle as presas. É moi voraz.
|
||
| Habitats: |
Xunto os ríos e charcas. Normalmente vexo o ditisco en pequenas charcas que deixou o río o baixar o nivel. De tódolos xeitos como son moi bons nadadores e tamén voadores cambian de charca con facilidade.
Prefire as augas estancadas, claras e con moita vexetación. Son voadores, polo tanto poden colonizar, rápidamente outros lugares.
|
||
| Vese nos meses: |
De maio a agosto.
|
||
|
Reproducción: |
A femia leva por riba o macho durante varios días; o apareamento leva en sí poucos minutos. Na primavera pon ovos de 7 mm. de lonxitude e algo curvados que os depositan nas plantas acuáticas. As larvas, o eclosionar o ovo, miden 10 mm. de lonxitude e alcanzan moi pronto os 80 mm; logo no verán saen da auga e en terra fan a fase ninfal. O remate, despois de dúas semáns máis saen os escarabellos xa adultos. Este proceso non é doado de entender xa que do ovo saen as larvas que se ve na fotografía. Da larva sae a ninfa a terra e da ninfa o escarabello final. Incrible.
Esta é a larva do ditisco, que é unha depredadora nata, leva as patas ciliadas e na punta garfios.
Esta larva cólgase da superficie da auga para respirar, pero ante unha presa, serpentea con rapidez para atrapala. A larva ten as patas ciliadas e na punta leva dous garfios cós que colle as presas. É moi voraz.
|
||
|
Interés: |
Son moi espectaculares. En Galicia a fauna dos Ditíscidos esta representada por unhas ochenta especies, pertencentes a 24 xéneros, entre eles está este escarabello que é o de maior tamaño. Algúns xeneros como o Hydroporus o Agabus incluen especies da nosa fauna e en moitas ocasións endemismos. Ver os interesados o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y Fernando Cobo Grandín.
|
||
|
Protección: |
Non están protexidas.
|
||
|
Curiosidades: |
Ollo xa que son moi voraces. Son na opinión de moitos os máis voraces dos ríos. Poden vivir ata 5 anos. O ditisco renova o aire entre 4-7 veces por hora. A reserva de aire tena debaixo dos elitros. Si queres ver algúns levanta unha pedra do río e fixádevos. Entre os bichos que saen seguro que hai un ditisco. Hai unha excepción o anterior. Si hai unha minicentral por riba, o máis seguro e que o levantar a pedra non saia nada. Pasoume no río Tuño. O río debe quedar seco, seguro, e morre todo canto hai.
En Galicia a fauna dos Ditíscidos esta representada por unas ochenta especies, pertencentes a 24 xéneros, entre eles están os escarabellos de maior tamaño da nosa fauna como o ditíscido desta ficha o Dityscus marginalis, e tamén o Cybister lateralmarginalis. Algúns xeneros como o Hydroporus o Agabus incluen especies da nosa fauna e en moitas ocasións endemismos. Entre eles figuran o Deronectes costipennis costipennis , o Deronectes ferrugineus, o Nebrioporus carinatus e o Hydroporus brancoi. Ver os interesados o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y Fernando Cobo Grandín. Hercules Edicións. 2006.
|
||
|
Mala sorte: |
O distisco é moi bon voador, pero as veces aterriza en lugares, sobre todo si están mollados, non desexados, como pode ser unha rúa dun pobo ou tellados acristalados. Un caso de mala sorte.
|
Algunha información está collida do libro "Animales de charcas y estanques" de Werner Machtigall, Guia de la Naturaleza de Everest.
Tamén do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y Fernando Cobo Grandín. 2006.

Fotografía espectacular sacada da Wikipedia.
![]()