Osmunda regalis. Dentabrú. Helecho real.

Nesta ficha temos o fento real ou dentabrú, tamén chamado fenta, por exemplo en Camba (Ourense) e recentemente na carballeira do río Ulla en Gres, preto de Ponte Ledesma.

Tamén atopei moitos no río Arnego pola Agolada, que é onde está feita a fotografía.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO FENTO REAL.

Fento real no río Arnoia. Zona de Grixó. Ourense.

Fento real.

Fento real. Usmunda regalis. Dentabrú, dentabrún, dente de agrón, dentiquil, etc.

As frondes ( unha forma de chamar as follas, xa que non son follas propiamente ditas) chegan a 1,5 m. e non semellan de fento.

Por debaixo de estas frondes ( no invés) atopamos uns pequenos bultiños, como se foran grans, estos son os soros, formados por un número grande de esporos que van caer cando abran os soros, ó madurecer.

Pois ben, os soros do fento real, aparte dos foliolos, no cumio das frondes, semellando ponlas frolecidas de cor castaña clara é o máis característico.

Bota os esporos no verán.

Estos dibuxos son de Otto Wilhelm Thomé. Sensacionais.

....

No dibuxo de E. Millán sacado do traballo Os Fentos de Galicia de Ildefonso Barrera Martinez, 1980, vese o fento real cós seus soros na parte alta, no cumio da planta semellando ponlas de cor castaño.

Esta colocación ten a súa lóxica debido a que o fento real soe estar moi a beira dos ríos, así protexe claramente as súas esporas das cheas, sempre que estas non sexan como as do 2000.

Para datos máis concretos ver o traballo referenciado onde se estudian a fondo 52 Pteridófitos de Galicia.

....

Nesta fotografía sacada do libro "Flora da Estufa Fría de Lisboa" vese perfectamente o detalle do fento real, a característica básica é a colocación dos seus soros no cumio da planta, algo que explican perfectamente Victor M. López e  Miguel A. Fernández no libro "A Natureza dos Ríos e Ribeiras de Galicia", o decir que é un fento especializado en vivir no bordo dos ríos, e que aprendeu a salvaguardar as súas esporas das cheas de auga elevando os soros no máis alto das frindes.

....

 

Atópase o carón de tódolos ríos de Galicia e tamén por suposto regatos, o único que quere é unha certa humedade.

Distinguilo dos fentos macho e femia non é dificil xa que é moi distinto.

Ver dibuxo destos fentos noutra ficha.

O fento real é o fento por excelencia dos ríos galegos.

Algún dato: cada una das poliñas que saen do tronco principal ten sobre 22  frondes ( follas).

...

Outra fotografía do Osmunda regalis.

O fento real está mesmo no bordo do río, como se pode ver nesta fotografía do autor da www, sacada no río Arnego.

Por certo neste río existe unha ínsua en Agolada que está cheo destos fentos. É un lugar fora de serie. Hoxe, xuño do 2005, ameazado por unha minicentral.

Fento real a carón da Ponte dos cabalos. Río Arnego. Agolada. Pontevedra.

O nome de A fenta non aparece no libro de "Nomenclatura vernácula da flora vascular galega", ese nome está reservado para o Blechnum spicant, eu con todo escoitei ese nome en Gres, no río Ulla, e así queda dito. Tamén cita este nome Elías Dominguez, nun libro precioso que se titula "Camba, un pobo, unha xente, unha historia" . Na páxina 32, fala da fenta ( Osmunda regalis) e dí que nace na beira dos ríos, entre outras cousas...

As fotografías anteriores están sacadas polo autor da www no río Arnoia, onde o dentabrú é moi abondoso.

Fento real ou dentabrú no río Vilameá en Lobios (Ourense)

Ver os tres tipos de fentos:

Fento real as frondes (follas) son totalmente distintas as do fento femia e fento macho.

Os tres danse ben as beiras dos ríos de Galicia.

Fento femia, é doado distinguilo do fento real, xa do fento macho é outra historia. Para mín o fento femia é moito máis suave que o fento macho. Dende logo é o que poño na cesta das troitas, para conservalas o longo do día de pesca.
Fento macho, é doado distinguilo do fento real, xa do fento femia é outra historia.

Este é moito máis forte que o fento femia, ademais dase máis a beira dos camiños.

 

Nota Importante: os datos anteriores están sacados do libro  Flora de Galicia  de Xose Ramón  García, prácticamente o pé da letra. Tamén do libro Atlas clasificatorio de la flora de España peninsular y Balear, de Mariano Garcia Rollán.

Saír.