Mustela putorius.

Furón bravo. (Turón común).

Furón.

O furón bravo non é nada común. Non é doado velo xa que é eminentemente nocturno. Gusta das cercanías de ríos e regatos.  Aliméntase de outros roedores, páxaros, ras, serpes e insectos.

A sua pelaxe é de cor parda tirando a negra, o corpo moi flexible e as patas moi curtas. Os seus apareamentos son famosos.

O furón doméstico , un furón domésticado vino fai moitos anos dedicado a cazar coellos, era un número, as veces xa non aparecía, pero a maioría das veces compría ben o seu papel e botaba a camada de coellos fora do nido. Logo unha desfeita...

Ve-las características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Furón- CARACTERÍSTICAS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Mustela putorius. ( Linnaeus 1766)

 

Clasificación:

Reino Animalia
Filo: Chordata
Clase Mammalia
Orden Carnívora
Familia Mustelinae
Xénero Mustela
Especie Mustela putorius

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome galego:

Fotografía sensacional de Manfred Danegger.

Furón bravo, rabisaco, tourón.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Hurón. Turón.

 

Ir a características

 

 

 

 

Dimensións:

Entre 35-46 cms.  Un peso ata  1.5 kg.

A cola pode botar entre 12 a 19 cm.

As femias son máis pequenas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Identificación:

Furón.

É moi dificil de ver, polo tanto dificil de identificar. A súa pelaxe  é negra -parda, con lanosidade interna amarela ocre. A cara é de cor máis claro con mascariña oscura, orellas cortas e redondas con borde blanco, o rabo é a mitade de largo que o corpo.

A primeira vista, e en plan rápido,  observar as gafas blancas por riba dos ollos. Tamén na rexión media frontal aparece unha banda negra.

Dende logo o antifaz que ten nos ollos e nas orellas é inconfundible.

É dodado de identificar

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Furón.

O celo vai de marzo a maio. A preñez as 6 semáns, onde trae o mundo entre 3 e 7 crías de pelaxe branco, que abren os seus ollos aproximadamente o mes, pouco a pouco van para arriba e no outono independízasen.

Os seus apareamientos son famosos xa que , para a petición de man, o macho persigue a elexida, durante moito tempo con continuos e silenciosos galanteos. Cando o fin, a femia se dispón o apareamento, o macho vai directamente o asunto con toda brusquedade, cos dentes agarra a súa pelaxe de nuca y levaa dun lado para outro durante un certo tempo, mentras a femia deixa facer, nunha especie de flaxidez corporal...incríble.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Moitos entre eles o home. Pode ser presa de grandes mamíferos, como o lobo.

Emite una secreción especial, cando se defende, esta secreción ten un  cheiro especial que lle sirve como defensa.

Últimamente ten un inimigo mortal: o visón americano. Centos que escaparon das granxas e que andan por todos os lados.

¡Pobre furón!

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Alimentación:

É un cazador nato, na súa dieta atópasen todo tipo de ratóns, rans, aves, serpes e insectos.

Actua sempre pola noite.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Furón.

É frecuente nas ribeiras dos ríos galegos.

Habita en zonas boscosas pouco espesas, con pradeiras e campos de cultivo, atópase moito o lado dos ríos e regatos, donde hai sobre todo salgueiros, amieiros e bidueiros. Ten aparecido en ríos como o Mandeo, no Ulla, no Alba en Pontevedra, etc.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de...

No é doado velo xa que preferentemente  caza pola noite.

Vense desgraciadamente mortos nas estradas, maís do que parece.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

O furón é moi coñecido polos malos cazadores, xa que unha forma domesticada do furón o Mustela putorius furo, utilízase para cazar coellos, para elo introduzese o animal na toba dos coellos. O animal bota os coellos fora, que son abatidos polos cazadores , mentras o furón que obedece os silbidos regresa o dono, si cadra. Cando era rapaz, ala por Randín, en Ourense, vin cazar moitas veces con furón, algunhas o furón desapareceu. Desaparecía xa que collía o coello e comiao e quedabase a durmir na misma madriguera.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Figura no anexo III do Convenio de Berna, pero non goza de protección legal.

As ameazas son as típicas sobre todo os incendios e a caza indiscriminada dos escopeteiros que hai uns cantos...

Por suposto o bon cazador nunca dispara contra un furón. Pero bons cazadores hai moi poucos...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Distribución en Galicia

Furón.

Hoxe atópase en toda Galicia. Pero non en moita cantidade. Ou  sexa vese con baixa densidade pero en moitos lugares.

É máis frecuente en Lugo no Courel e nos Ancares. Menos frecuente en Ourense.

Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que é moi frecuente. 

Non é moi apreciado pola súa pel, polo que é raro velo nos gabinetes dos taxidermistas e peleteiros.

Vai moi a menos...

 

Ir a características

 

 

 

 

Curiosidades:

Furón.

Na enciclopedia de Brehm, en edicción de 1980, fai Geyers una relación dun enfrentamento dun furón bravo con dous cans de caza:

"Ó saír fincou os seus dentes nos fuciños do primeiro can de tal xeito que non foi posible facerlle solta-la presa, a pesar de facelos rodar ós dous sobre a neve. Acudiu en auxilio do seu compañeiro o outro can, collendo ó veso pola metade do corpo; pero non saiu ben librado, pois o animal abandonou ó seu primeiro adversario e cravou os dentes na pata anterior do segundo; non renunciou á loita ata quedar literalmente esnaquizado polos cans"

Para rematar decir que o furón é un animal que lle gustan os xogos dende pequeno. Estos xogos foron obxecto de estudios, que amosaron a súa importancia e complexidade.

 

Ir a características

 

 

 

 

A súa pisada:

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Fonte de información :

Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995.

Tamén utilizo o sensacional libro " Eses nobres cazadores" de Xurxo de Vivero.

 

 

Ir a características