Rana ibérica. Ra patilonga. (Rana Patilarga).

Este exemplar é máis pequena que outras ras, pero as súas extremidades posteriores son moi longas. Distínguese,  xa que dende o nariz ó ollo e detrás deste, hai un típico antifaz negro; tamén polos tonos de "folla seca".

É moito menos cantarina que a  ra verde. A súa vida está moi ligada os regatos e ríos. É moi áxil e moi boa nadadora. Aliméntase de caracois, escarabellos, e tricópteros.

De interés especial.

Ver dibuxo e características.

salir.jpg (922 bytes) Saír        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RA IBÉRICA- CARACTERÍSTICAS.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Alimentación
Reproducción Habitat Cando a ra se asusta
Interés Protección Distribución Galicia
Petición Canto Bibliografía

salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Rana iberica. ( Boulenger, 1879)

Reino:              Animalia

Clase:              Anfibios

Orden:             Anuros (anfibios sin cola)

Familia:           Ranidae

Género:           Rana

Especie:          Rana iberica

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego

Ra patilonga, Zampexa, Ra dos regos. Ra dos vals. Ran roxa.

 

Ir a características

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Rana patilarga, rana Ibérica

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

rion2.jpg (19108 bytes)

Entre 30 e 60 mm. Trátase dunha ra máis pequena que a normal, e distínguese perfectamente polo antifaz que ten xunto do ollo, o tímpano máis pequeno que a ra verde e o tono que é tirando a folla seca. Fuciño puntiagudo e ollos tirando a amarelo.

Tono de folla seca case sempre.

Outra fotografía similar. Foro de K59. Moitas gracias.

Poden vivir entre 5 a 6 anos.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

rion2.jpg (19108 bytes)

Ollos grandes e saíntes. Ten antifaz. O diseño dorsal é bastante variable, con manchas claras e máis escuras, difusas, de función críptica.

 As partes inferiores son brancas sucias, pois están manchadas de cincento. Os  tímpanos son pequenos e pouco definidos.

O antifaz, o tímpano moi pequeno, o tono de folla seca e unha uve invertida no lombo son caracteres de identificación bastante claros.

Chámase ra patilonga xa que as súas patas son moi longas como se pode apreciar na fotografía:

Si a ra ten 7 cms., as patas son moi longas, esta é a característica principal.

Esta ra pódese confundir coa ra temporaria (non coa ra verdexada, que non ten antifaz e ademais é máis verde).

Ra temporaria.

Ra temporaria.É mais grande. O seu habitat é distinto. O tímpano é mais grande. As palmeaduras son máis pequenas, non chegan o final do dedo.

Ver o dibuxo de abaixo.

Ra Ibérica Ra temporaria.

 

Ir a características

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Todo tipo de insectos. É moi áxil e caza con saltos todo tipo de insectos e arañas. Pode estar activa todo o día pero parece preferi-lo serán entre lusco e fusco.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a novembro.

Prefire a auga máis ben rápida, pero cursos fluviais de auga limpa. É moi áxil tanto no salto como nadando.

Pode vivir en correntes casi torrencial, onde non paran as outras ras.

Gústanlle os relanzos rodeados de moita vexetación: herba, silvas, ameneiros, etc, onde se pode camuflar moi ben.

Por eso se chama a ra dos regos, xa que lle gusta moito vivir neles, en regos de alta montaña e pequenos regatos con moita vexetación.

En Chandrexa de Queixa, nos primeiros quilómetros do río Navea teño visto está ra, sobre todo nos regatiños que van o río.

Tamén se ten atopado en lagos de alta montaña.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Cando unha ra  se asusta:

Cando se asusta:

Posición típica.

A ra está tomando o sol, xeralmente na orilla do río ou da charca correspondente. Cando se asusta, ¡¡¡chap!! , lánzase a agua e desaparece.

O cabo dun ratiño aparece na superficie, momento no que Trago Silva sacou a fotografía anterior. Aparece para mirar o que pasa, para ver como están as cousas.

Fotografía de K59. Gracias.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

A reproducción empeza en marzo. Os acoplamentos teñen lugar pola noite, nos remansos dos ríos e en pequenas represas das acequias de regadío, onde logo van a depositar os ovos. 

Cando freza pon entre 192 a 445 ovos, número moi baixo entre as ras, estos ovos van parar o fondo de regatos, regueiros e regos en paquetes. As larvas, que teñen o ventre negro con lunares brancos transparentando o paquete intestinal, rematarán a metamorfose entre xuño e setembro, despois de aproximadamente tres meses.

O proceso é similar o das outras ras. (Ver rana verdexada), refírome a súa metamorfosis ou paso de cágado a ra adulta.

 

Cágado de Ra Cágado de salamantiga.

Os cágados, que é como se chaman as larvas dos anfibios antes de convertirse en adultos,  non son fáciles de distinguir. O que realmente esté interesado en distinguilos recomendo o libro de Moisés Asensi "Guía de anfibios e réptiles de Galicia" publicado por Baia Edicións no 2006, entre outros. (Na fotografía é un cágado de ra temporaria a esquerda e un de salamántiga a dereita). Como norma xeral os cágados (o principio)  que dan lugar os limpafontes e saramagantas teñen patas e os que dan lugar os sapos e ras non.

 

O proceso de paso de cágado a ra adulta é moi similar dentro das ras en xeral. Ver o proceso por exemplo para a ra verdexada, que é o mismo que para esta.

Moi pouco gregaria, non forma grupos nin siquera cando está en celo.

Curioso: durante o celo o macho presenta unha callosidade gris ou negruzca no primeiro dedo. O amplexo, sin ningunha duda. O amplexo permítelle o macho agarrarse a femia para deste modo fecundar os ovos, que pon a femia, moito millor e de forma doada.

 

Ir a características

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moito,  como tódolos anfibios. Esta ra é dende logo especial e unha boa medidora do estado natural dos regatos en Galicia.

As minicentrais, como o que escribe, non lle gustan nada. Pensa ( eu creo que as ras pensan) que esnafran os ríos galegos, que creen ( eu creo que teñen creencias) que eran os mellores do mundo, os ríos por suposto.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

No está protexida que eu sepa. Sin embargo, observar o mapa de distribución é unha ra que leva desaparecido de casi toda a península, cando en tempos remotos demostrouse que si existía.

Efectivamente figura na UICN como non catalogada. E na categoría España: vulnerable VU A2ce.

Debera estar protexida no resto de España.

En Galicia é abondosa. Inda que falta no sur de Pontevedra e suroeste de Ourense.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia

Dende logo é moi común en toda Galicia, quizais salvo na terra Cha, onde é menos abondosa. O resto abunda moito. Nas partes altas esta ra tende a ser sustituida pola ra temporaria.

Non se ve esta ra no sur de Pontevedra e no suroeste de Ourense.

É unha especie autóctona da zona noroeste da península. Como xa queda dito polo mapa.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Petición :

Petición:

Ra Ibérica. A fotografía está sacada da fauna do Parque da Serra de San Mamede.

Esta ra pide os grandes nucleos de población de Galicia, como Celanova, Ribadavia, Carballiño, Verín, Ourense  e outros máis pequenos como Montederramo, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambia e outros, que depuren as augas, últimamente non poden vivir como antes, xa que as augas baixan sucias e cada día peor.

¡¡¡ Queda dito !!!

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Canto:

O seu canto:

O canto desta ra e totalmente distinto o da ra verdexada xa que é un "oak.....oak......oak..." rápido. Canta de noite e únicamente cando se aparea. Non é moi cantarina.

Distinto o treee....treee.....crrao..." da  everdexada .

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía

Fontes:

Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán. Tamén utizo o Libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I,  feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.

Tamén a Guía dos anfibios e réptiles de Galicia de Moisés Asensi.

 

Ir a características

flecha.jpg (1049 bytes) Subir