Chara fragilis.

Ougas. Asprella.

Esta é unha ouga (alga), que forma grandes masas de cor verde nos ríos galegos.

Vive case totalmente metida na auga.

Bastante común. No río Miño,  poden verse dende a Ponte Vella en Ourense, por exemplo.

Chámanse en castelán borlas de agua, asprella, ovas o carófitos.

En galego a xente fala de ougas, xougas (en xeral as herbas verdes dos ríos), labazas e outros nomes.

Ver unha fotografía da Chara fragilis e algunhas características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUGAS

As ovas ou carófitos son ougas (algas) verdes moi evolucionadas, que están adaptadas a vivir nos ecosistemas acuáticos. Hai como cinco xéneros distintos e marcan as características ecolóxicas e de conservación dos lugares que colonizan.

A súa identificación é de especialistas.

 

Hai varios xéneros: Chara, Tolypella, Nitella, Lamprothamnium, etc.

Nesta ficha aparece a Chara fragilis, que vive en ambientes pouco mineralizados.

Da Chara aliméntanse moitos peixes como as carpas e tamén o cangrexo vermello que é insaciable o parecer. A presencia, en xeral, de carófitos en lagoas, humedais e ríos é un indicador da boa salude do ecosistema acuático. Teñen un efecto positivo sobre o medio, xa que fixan o nivel superior de sedimentos e manteñen as augas trasparentes. Difunden osíxeno a auga e por suposto son fonte de alimento de moitos peixes.

As ougas o quedar o aire sécanse e quedan uns restos blanquecinos. Ver esta fotografía:

Fotografía de Santos Cirujano, revista Quercus, novembro do 2003

 

A eutrofización das augas (aumento do fósforo por exceso de porquería), efecto que se ve moitos nos encoros, fainas desaparecer, xa que aumentan os nutrintes e prodúcese un desenrolo incontrolado de plancton, con falta de osíxeno.

Sobre estas ougas trae un estudio a revista Quercus do mes de novembro do 2003, que é moi interesante.

Neste artigo está claro a importancia destas plantas xa que marcan o estado da auga.

 

Saír.