Sus scrofa.

Xabarín. Porco Bravo. (Jabalí)

O Porco bravo é moi abondoso actualmente en Galicia.  Non é un mamífero fluvial, pero as súas pegadas, e os seus revolcóns, indican que visita os ríos con frecuencia. Persoalmente soio vín o xabarín dúas veces nas miñas andainas polos ríos galegos: unha vez en Leboreiro, no río Mao en Ourense, estaba o outro lado do río (debía vir o aire en contra) e non botou a correr, púdeno ver ben. Outra vez vino morto, impresionante. O xavatos vinos moitas veces.

Fálase en xaneiro do 2008 de 16.000 exemplares en Galicia. Outros falan de ata 40.000, que me parecen moitos...

En xaneiro de 2019 non hai censos en Galicia, incrible, fálase de que hai o tripe de xabarís que no 2008, ou sexa sobre 50.000 exemplares. A mín parece moito, é un xustificante, non deixa de ser unha opinión,  de todas as matanzas que se fan deste porco bravo, onde se pode cazar e se fan batidas día si e día tamén. Si, é certo,  que hai moitos xa que en Galicia fai tempo que hai un descontrol total do equilibrio ecolóxico, e dese desequilibrio xa se sabe quen queda, o máis forte.... Hai un dato sobre os accidentes de tráfico tres de cada catro están relacionados con animais soltos, dicen que co xabarín...tamén me parece moito... En Ourense e Lugo pode ser...

Neste país, Galicia, xa fai moitos anos, dende uns anos antes de deixarnos a pita do monte ou urogallo,  que os cazadores son os que mandan...e así nos vai coa nosa Natureza...

Ve-las características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XABARÍN- CARACTERÍSTICAS.

NOME CIENTÍFICO:

Sus scrofa ( Linnaeus 1758)

En España o parecer hai dúas subespecies a Sus scrofa baeticus e a Sus scrofa castilianus que é a que existe en Galicia. Esta é de maior tamaño que a baeticus.

O Xabarín é un ungulado artiodáctilo da familia dos suidos. O porco normal tamén perteñece a esta familia, polo que podemos decir que é un porco salvaxe.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOME GALEGO:

Xabarín, xabaril, porco bravo, porco fero

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOME CASTELÁN:

Fotografía sacada da revista Terra.

Femia.

Macho.

Jabalí.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DIMENSIÓNS:

O Porco Bravo.

Entre 1,10 y 1,80 de lonxitude cun peso entre 50 e 185 kg. En altura en cruz ten un metro. En Foramontaos ( Ourense) colleuse un de 210 kilos. O peso medio é de 90 kg. nos machos, e 60 kg. nas femias.

Fotografía sacada da revista Terra.

A femia é menos pesada e ten o fuciño moi puntiagudo e dende logo distinto.

A evolución e desenrolo do xabarín é o seguinte:

Anos Lonx./cms Altura/cms. Peso/Kg
Rallóns 58 36 15/30
1 ano 94 58 40/50
2 anos 110 64 50/60
3 anos 115 69 60/80
4 anos 130 72 80/90
>=5 anos 140/190 76/90 90/120

Fonte: Caderno de campo do Dr. Félix R. de la Fuente "O Jabalí"

 

Este xabarín foi cazado pola Peña Los Abuelos de Domiz e botou 183 kg. o 27/01/2013.

A fotografía é de Carlos Herbella

¡Todo un record!.

As veces chámanlle bacamulos, como o da fotografía, collido en Amoeiro (ourense) o 18/12/2022,  en decembro de 2022. Botou 138,7 kg.

Da un pouco de medo.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

IDENTIFICACIÓN:

 

É o antecesor do porco, pero dende logo é moito máis esbelto. Ten moitas máis diferencias.

É inconfundible e único, o macho é moito máis grande ca femia, ten unha gran cabeza cónica, con pilosidade cerdosa, a coloración está entre negruzco e ocre. Ten unhos colmillos (canteiros superiores) que son auténticas navallas e ademais voltos hacia arriba.

O xabarín presenta un dentes temibles os de abaixo chámanse navallas e poden superar os 20 cms. os de arriba chámanse amocadeiras e son máis pequenos.

Compacto, macizo, bon oido, bon olfato e vista mediocre. Ten todo o corpo cuberto de espesas cerdas moi fortes, que se bifurcan na punta. As cerdas son de cor pardo oscuro. O que se dí unha pelaxe mesta. No inverno a súa pel está recuberta dunha borra que logo perda. Esta borra vaille permitir estar máis cuberto contra a neve, frio, auga, etc.

Ten tamén un fuciño especial (o que se dí en castelán jeta). Por certo o fuciño das femias é un pouco máis grande que o dos machos.

Curiosamente ten os cartos dianteiros máis altos que os traseiros, a diferencia do porco doméstico.

Fotografía sacada da revista Terra.

Femia.

Os animais xovens teñen unhas raias lonxitudinais e orellas tesas. Chámanse raións, polas súas raias.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A SÚA VOZ

O xabarín fai un berro de alarma que é moi parecido o berro dun cerdo doméstico, esto no que respeta ó macho; a femia fai un guarreo mentras camiña coa súa prole.

De todolos xeitos o xabarín que anda so non fai ningún ruido.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

REPRODUCCIÓN:

As paradas nupciais son moi espectaculares, tanto na loita dos machos pola posesión da femia, como unha vez conseguida,  a delicadeza do xabarín coa femia e a sumisión desta na parada sexual.

Todo un espectáculo.

A femia soio acepta a cópula no momento da ovulación, no que permanece quieta en todo o momento nesta. O acto ten unha duración moi longa.

O celo vai dende o mes de  novembro a xaneiro, con 4 o 5 meses de preñez, e poden vir ata 12 crías, que abandonan a parideira xa na primeira semán, seguen a nai e son amamantados tres meses.

As crías chamadas rallóns presentan unha librea especial durante os seis primeiros meses. O fondo é grisáceo e aparecen unhas liñas amarelas.

Os seis meses cambian a pelaxe e toman un tono vermello. Precisamente os monteiros da caza chámanlle  Bermejos (en castelán) neste período.  Na fotografía anterior vese algún.

Logo de adultos chámanlle verracos.

Fotografía sacada da revista Terra.

Os cazadores nunca deberan matar unha femia con rallóns. Pero moitos non saben máis. País...

Evolución dos rallóns e xabaríns.

(Fonte El Jabali. Cuadernos del Dr. Féliz Rguez. de la Fuente)

Anos Lonx./cms Altura/cms. Peso/Kg
Rallóns 58 36 15/30
1 ano 94 58 40/50
2 anos 110 64 50/60
3 anos 115 69 60/80
4 anos 130 72 80/90
>=5 anos 140/190 76/90 90/120

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INIMIGOS:

Fotografía sacada da revista Terra.

Ten moitos inimigos, dende o home ata o lobo que se atreve con estos mamíferos. De tódolos xeitos vai moi para arriba xa que lobos cada vez hai menos, e monte sin traballar cada vez hai máis. Lóxicamente os incendios non lle gustan.

De sempre os grandes depredadores do xabarín foron os lobos e as aguías e por suposto o home.

Hoxe os xabaríns van para arriba, ou sexa, cada vez hai máis xa que os lobos foron moi a menos e as aguías prácticamente non existen. Por outra banda o abandono do campo en Galicia favorece a maleza e os xabaríns están como nunca.

Fotografía sacada da revista Terra.

Tanto os lobos como as aguías actuaban sobre os rallóns, inda que o lobo atrávese contra os machos por grandes que sexan.

De feito vin nunha película de Félix Rodriguez de la Fuente como entre catro lobos daban conta en tres minutos dun gran xabarín.

Deféndese encarnizadamente, e as veces fai puré dos cans que se descuidan e incluso lobos.

Ver este link de 2020 onde o xabarín da conta de seis cans, o que non sabemos é como remata, o máis seguro recibindo unha bala dun cazador... Este é o link.

Calcúlase que morren un 80% dos machos pola caza e un 60% as femias.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ALIMENTACIÓN:

Aliméntase de todo, pero o que máis lle gustan son os vexetais da estación, así na primavera consume plantas herbáceas, landras , raiceiras, insectos, ovos, etc. No verán sigue coas plantas, landras, maiz, insectos. E no inverno, o anterior máis castañas,  bellotas, setas, e plantas silvestres. 

O que máis lle gustan, polo menos en Ourense son : as castañas, bellotas, setas, uvas, centeo e maíz.

O xabarín tamén se atreve con pequenos animais, como ratas ou coellos. De feito cálculase que un 14% da súa alimentación son de pequenos animais que depreda.

É raro pero pode atreverse cunha ovella, ver este video de Guipúzcoa do ano 2020. Xa tiña que ter fame!.

O que non sabía eu é que o xabarín tamén é carroñero ata que o vín nun video filmado na serra da culebra en Zamora onde os xabarín, mentras o lobo non fai presencia, comén nun burro morto.

Vivir para ver...

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HABITATS:

Presente hoxe, ano 2000, en tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non sexa un mamífero ribeireño, pero dende logo, gustanlle os ríos e os regatos.

Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en áreas de cultivo e labradío.

Hoxe prolifera moito xa que hai unha despoblación do home que o favorece. Así aparece en bosques de caducifolio como piñeiral, así como touzas e áreas de mato alto, onde o animal se desenvolve espléndidamente. O monte actual, alí onde non se queima, é o lugar idóneo para esta especie.

En Ourense hai moitísimos pola zona da Ribeira Sacra e na comarca do Bolo.

Normalmente son gregarios, salvo algún macho moi vello que pode andar solto. Van en grupos de 6-10 animais. Chámanse neste caso piaras, que por regra xeral o forma a femia e as súas crias.

As veces un macho moi vello vive so ou acompañado a unha distancia doutro macho chamado neste caso escudero, que lle sirve de vixía, e polo tanto de alerta e precaución.

A súa actividade é diurna e nocturna. No verán gustan de traballar pola noite. Así, dormen polo día e o no solpor comenzan a buscar os seus alimentos. Nestos intres, fan auténticos desastres en algúns lugares.

Durante a noite poden recorrer entre 2 a 14 Km.

No inverno fan máis ben o seu labor de día.

Fálase en 2008 de 16.000 xabaríns en Galicia. A verdade é que me parecen moitos...

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VESE NOS MESES DE:

Pode verse en calquera mes pero, pouco. Nótase máis.

Lugares como este abondan en Ourense. O xabarín busca neles a comida, dende setas ata raíces, talos, bulbos, etc.

Este animal cheira enseguida o home, ten ademáis un oido privilexiado, polo tanto é moi dificil atopalo, teñen que darse moitas condicións de vento en contra, estar moi quedo, etc.

O olfato é moi desenrolado de modo que lles permite detectar alimentos ou inimigos a máis de cen metros de distancia...

As veces o olfato tamén o perde, así hai unha práctica entre algúns cazadores de facer un charco de gasoil nun pequeno descampado por exemplo. O xabarín acudirá a este pequeno charco para desparasitarse; efectivamente revólcase no gasoil e mata os parásitos, esto é así...

Algúns "cazadores ??"  déronse conta de anterior e en tempos foi utilizado para cazalos. Unha vez que está a revolcarse non resulta dificil...

Neste caso o olfato mata o xabarín...

Nas miñas andanzas pola natureza galega soio unha vez me topei cun xabarín, foi en Leboreiro, preto de Monterramo en Ourense,  e tiña polo medio un río de separación. O aire viña na dirección do xabarín hacia mín e por eso non se deu conta. Polo demais nótase por onde pasa pero é moi dificil toparse con el.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INTERÉS:

Como tódolos os mamíferos galegos. Na caza o parecer é a peza estrela. Considérase peza de caza maior.

Estos son as estadísticas de caza de xabarín:

A caza vai a máis...

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PROTECCIÓN:

Figura no anexo III do Convenio de Berna, pero non goza de protección legal.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA

Hoxe atópase en toda Galicia.

É moi abondoso.

Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que é moi frecuente. 

No ano 2.008 fálanse de 16.000 xabaríns en Galicia. Evidentemente o abandono de cultivos explica esta abundancia de xabaríns en Galicia. Está claro que o no facerse as rozas dos montes a proliferación do xabaríns vai a máis.

Hai xente que fala de ata 40.000 xabaríns no ano 2009. parécenme moitos...

 

 

Imaxen de caza do Xabarín. Peñas Paduana 1 e 3. Manzaneda. Decembro do 2010. Nada menos que 15 xabaríns nun soio día de caza, da conta da cantidade de xabaríns que hai hoxe en Galicia. Foto O Sil. Valdeorras.

As veces cae o que chaman un bacamulo que non é máis que un gran jabalí, por exemplo o que se cazou en Ourense o 18/12/2022 que botou 138,7 kg. Unha barbaridade. Foi en Amoeiro (Ourense). Ver si queredes a noticia.

Ver a fotografía:

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As súas pegadas:

Máis que as súas pegadas o xabarín por onde pasa deixa a súa marca, en forma de revolcóns ou afiando as súas navallas (afiadeiros, que son troncos especiais para afilar as navallas)  nos árbores da zona.

Gústanlle moito revolcarse no barro, os baños de barro son básicos xa que se desparasita. Na fotografía sacada da revista terra vese perfectamente un destes lugares.

Estes lugares reciben o nome de revolcadeiros, bañadoiros ou bañas.

Nesta fotografía sensacional de José Luis Gómez de Francisco, vese como o xabarín aproveita o barro para pegarse un revolcón. Neste senso a revista Quercus de xaneiro do 2004 trae un artigo onde expón unha hipótesis relacionada con estes revolcóns, hipótesis que afirma que os revolcóns non son so para desparasitarse sinon tamén tellen unha función sexual, é un feito demostrable que así como no verán estos lugares son usados por todos os xabaríns, no inverno, na época de celo únicamente os machos dominantes teñen aceso a estes lugares. O artigo de Pedro Fernández-Llario penso que aporta datos suficientes para emitir esta curiosa tesis.

É moi característico.

-------------------0------------------

Pezuñas do xabarín.

Esta é a pegada que deixa un xabarín en area. Nótanse as pezuñas dianteiras, sobre 5 cms ou así e dúas pequenas traseiras, máis abertas.

Na veve.

As pegadas dos cervos son máis pequenas.

-------------------------------------------------

O xabarín tamén gusta de rascarse nos chamados rascadeiros que no son máis que árbores nos que se rascan a tope, normalmente no lugar vense pelos...

Gústanlle moitos os piñeiros, seguramente polo cheiro das resinas o rascarse.

------------------------------------------------

As zonas de foza tamén son moi curiosas xa que deixan desfeito moito tramo, normalmente buscan raíces ou setas:

----------------------------------

Os excrementos teñen un grosor de 3 cms e ata 10 de lonxitude. Trátase dunha serie de glóbulos como se ve na fotografía.

© Proyecto Sierra de Baza

------------------------------------------------

As camas son parecidas as bañas pero sin auga.

Por certo os xabarín dormen xuntos e acostados alternativamente en canto a orientación. Así si un enfoca o norte o outro o sur e así sucesivamente.

O anterior é un sistema para detectar de mellor forma os inimigos.

-------------------------------------------------

As desfeitas dos xabaríns son moitas, no ano 2006 foron atendidas pola Xunta de Galicia máis de 700 solicitudes.

------------------------------------------------------------

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CURIOSIDADES: A EDADE DO XABARÍN

Causa cuantiosos daños na agricultura.

En Ourense é unha peza de caza maior moi considerada.

¿Como saber a edade dun xabarín macho?:

Imaxen do fuciño dun xabarín macho, onde se ven perfectamente as navallas e as amoladeiras.

O xabarín pode vivir ata os 15 anos, pero tal como están as cousas a media soe ser entre 2 e 4 anos de vida.

Para calcular a edade un dos sistemas máis rápidos é o seguinte:

Faise en base as navallas que son os dentes grandes de abaixo, medindo na parte máis ancha (na figura no punto A)  e xusto onde remata a amoladera en relación a navalla (punto B na figura) e dividindo estas lonxitudes (Por suposto a máxima entre a mínima).

Si da 1,8 o animal ten un ano. 1,2 o animal ten entre 3,5 e 4 anos. E si da 1 a división terá máis de 7 anos. Os demais datos faise interpolando aproximadamente.

Estos datos están sacados deste link.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O ESCUDEIRO DO XABARÍN MACHO:

Os xabaríns son moi sociables e viven e cazan en grupos que se denominan piaras e que as veces están formados por máis de cincuenta pezas, xeralmente dirixidos por un xabarín femia que é a máis vella do grupo.

Pero os grandes machos, a partir dos cinco anos, andan no monte xoios inda que moitas veces fanxe acompañar por os chamados escudeiros, que son machos máis xovens que lle vixian as correrías.

O escudeiro é unha deferencia que fai o gran macho, o señor, que lle avisa e vixia dos peligros. A cambio o escudeiro recibe as enseñanzas do gran macho.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

OUTRAS COUSAS E LINKS:

O xabarín é a peza máis desexada polos cazadores e en Galicia abonda moitísimo.

Hai moitas formas de cazalos:

A montería do xabarín é con grandes grupos de cans que  van batendo o monte intentando desplazar os xabarín sobre os postos caza.

Tamén se matan a espera nas noites de lúa chea sobre todo. O xabarín acuden os sembrados onde se apostan para matalos.

Non faltan tamén os ganchos e os cepos, etc.

------------------------------------

 

A carne de xabarín é moi apreciada e utilízase para comida normal de consumo humán, e tamén para facer piensos e comidas para cans, etc.

Persoalmente penso que a carne de xabarín é moi forte, de feito hai que telo colgado bastante tempo para que perda o bravío.

Ampliación: notas sobre a caza do xabarín tomadas do libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia"

 

Imaxen de caza do Xabarín. Peñas Paduana 1 e 3. Manzaneda (ourense). Decembro do 2010. Nada menos que 15 xabaríns nun soio día, da conta da cantidade de xabaríns que hai hoxe en Galicia. Foto O Sil. Valdeorras.

---------------------------------------

Este é o link máis interesante que atopei sobre o xabarín.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Últimos datos en Galicia.

Actualmente o xabarín está considerado unha peza moi cotizada na caza. No ano 1988 foron 317 os xavarín cazados mentras no ano 2006 foron 5.300. Penso que as cifras cantan...

Estas son as estadísticas de caza de xabarín en Galicia dende o ano 1990. O diagrama de barras expresa o que se cazou en cada provincia seguindo este orden: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

O feito é que o xabarín vai a máis en Galicia, está claro que o abandono dos cultivos vai en alza.

Hoxe fálase de 16.000 xabarín en Galicia, son estimacións dos cazadores.

Datos do 01/02/2009

Este gráfico está sacado dunha reportaxe da Voz de Galicia onde se facía referencia o "Imparable abandono do campo que apuntala o imperio do xabarín".

Ver este link

 

Imaxen de caza do Xabarín. Peñas Paduana 1 e 3. Manzaneda (ourense). Decembro do 2010. Nada menos que 15 xabaríns nun soio día, da conta da cantidade de xabaríns que hai hoxe en Galicia. Foto O Sil. Valdeorras.

Desastres do xabarín.

A xente empeza a estar cansa de tanto desastre do xabarín sobre todo no millo. O xabarín ten moita debilidade polo millo, polas leiras de millo que deixa estragadas totalmente.

Xeica non valen as tretas con este animal: deixar unha radio encendida pola noite, deixar sacos de pelos humáns en toda a leira, cercar a finca, poñer o pastor. O xabarín supera todo e máis... Aparte é un auténtico sibarita, si hai millo non comerá outra cousa, e por onde pasa deixa todo estragado...un desastre.

Fálase de 5000 leiras estragadas e denunciadas.

Tamén hai cantidade de accidentes en estradas, ata 2000 van denunciadas este ano 2010.

Datos de 20 días do mes de xaneiro de 2019 en Ourense.

Ver este artigo da Voz de Galicia do día 19 de setembro do 2010.

Leira desfeita en Silleda.

Ver este link onde fala destas desfeitas. Voz de Galicia.

Está claro que as máis de 20.000 batidas non fixeron mella non xabaríns...

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía.

Fotografía sensacional de Lubomir Hlasek.

Fonte de información :

 Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995.

Fotografías do libro sobre Mamiferos do Circulo de Lectores.

Outra información "Guía de turismo cinegético de Ourense".

Tamén "Viaje por los montes y chimineas de Galicia" de Castroviejo e Cunqueiro.

 

Volver a características.

 

Saír.