Rana perezi.

Ra verde.   (Rana verde).

Ra verde. Ra de charco. 

É a gran animadora dos nosos ríos. É a típica ra de Galicia, dos nosos ríos e charcas. É a máis cantora das ras e a máis acuática. A súa canción é, sen dúbida, a nº 1 do Hit parade da natureza. Normalmente en coros. Vive en grandes colonias.

Está presente en toda Galicia, pero desgraciadamente cada vez menos...

Características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ra verde: Características

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Habitat
Alimentación Reproducción Inimigos
Interés Protección Distribución en Galicia
O canto da ra Os ollos dos anfibios Problemas das ras
Fontes da ficha Fotografías

O día o 02/01/2010

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Rana perezi. (Seoane, 1885)

Reino:              Animalia

Clase:              Anfibios

Orden:             Anuros (anfibios sin cola)

Familia:           Ranidae

Género:           Rana

Especie:          Rana perezi (Seoane, 1885)

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

Fotografía sensacional de Javier Fuentes.

Ra verde. Ra verdexada. Ra dos vals. Ra de charco. Ra verdella.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Rana Verde. Rana común. Rana ridibunda.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Ra verdexada.

Entre 50 e 75 mm. As femias son un pouco máis grandes,  poden chegar a 100 mm. Trátase dunha ra grande, co lombo apencado de manchas negras ou pardas, cunha fina liña vertical no lombo. Non ten antifaz despois do ollo (esto é definitivo para distinguilas das outras ras).

No dibuxo aparece co saco vocal hinchado como un globo, prodúcese o cantar, cando fan o cortexo as femias, nese caso cantan desaforadamente. O saco que se ve hinchado actua de caixa de resonancia, desa forma o canto ou chamada chega moi lonxe.

Os dedos dos membros posteriores teñen membranas interdixitais, para nadar mellor. Os dedos dos membros anteriores, soio catro dedos, deles,  o terceiro dedo é moito maior.

A pel é verrugosa e ten plegues dorsolaterais moi patentes, ou sexa que se ven perfectamente. No dibuxo vense o plegue que vai dende o ano o ollo, e o plegue central.

Nesta fotografía vense moi ben os pliegues dos costados, que as veces son de cor dourado.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Ollos grandes e saíntes. Os tímpanos ben visibles. Non ten antifaz. É moi verde ( hai exemplares máis pardos, pero en xeral é verde con algún tono pardo e manchas negras)  e por suposto cantarina.

Observar que non ten o típico antifaz que presentan outras rás.

Ra verdexada. Verde e sin antifaz. Tímpano grande.

Ra ibérica. Observar o antifaz despois do ollo. Tímpano pequeno. Tonos de folla seca.

Observar que o fuciño é redondeado e lixeiramente puntiagudo. Ollos moi saintes e pupila horizontal. Tímpano grande e moi ben señalado. Extremidades fortes, membranas interdixitais amplias.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Todo tipo de insectos, tanto larvas acuáticas como terrestres, ou sexa, dende tricópteros, coleópteros e moluscos, na auga, ata, dípteros, arácnidos, , etc. Tamén peixes moi pequenos, e outros. 

É moi áxil e caza con saltos todo tipo de insectos e arañas. Pode estar activa todo o día pero parece preferi-lo serán entre lusco e fusco.

Cando está en plan de caza salta sobre calquera cousa, un trapiño vermello pequeniño, calquera trapallada, esto sábeno ben os pescadores de ras.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Depredadores:

Inimigos:

Ten moitos. Cando se ve ameazada, salta rápidamente a charca e vai esconderse no fondo. 

Posición típica.

A ra está tomando o sol, xeralmente na orilla do río ou da charca correspondente. Cando se asusta, ¡¡¡chap!! , lánzase a agua e desaparece.

O cabo dun ratiño aparece na superficie, momento no que Trago Silva sacou a fotografía anterior. Aparece para mirar o que pasa, para ver como están as cousas.

Fotografía de Félix Valeiras.

Tén moitos depredadores dende as cóbregas de río, que lle gustan moito as ras, ou sexa é un manxar exquisito, aves, mamíferos como a londra e outros.

Por suposto ten mecanismos de defensa como tódolos animais, estos mecanismos son obxecto de estudios, por exemplo o publicado pola revista Quercus do mes de novembro do 2004, onde Iñigo Martinez-Solano y Mario Garcia París escriben sobre estos mecanismos.

De feito esta fotografía está sacada do seu traballo, (é de Juan Jesús Alarcón) e vese perfectamente un dos mecanismos que ten para parecer moito máis grande, así traba as patas posteriores para ser moito máis grande. Este mecanismo faino en xeral como defensa, por exemplo ante as cóbregas de río.

Nesta outra fotografía vese como arquea a columna para producir o mismo efecto. O final faixe moito máis grande, co que pode salvar a vida en moitos casos.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Preto dos ríos, charcas, prados, etc. De marzo a novembro.

Fotografía do libro Anfibios Españoles de Alfredo Salvador y Mario Garcia.

Prefire a auga máis lenta e non se adapta moito a ríos de caudal rápido. Prefire polo tanto os ríos grandes e lagoas de auga morniña.

Este charco, da fotografía de Luis García Cardenete vaille perfectamente

Os machos poden durar ata  5 anos, as femias ata 6 anos.

 

Volver a características

 

 

 

 

Reproducción:

Reproducción:

A reproducción empeza en marzo. O canto dos machos acompaña os pescos da troita nos primeiros días e dura ata xuño. Os machos poden cantar metidos na auga, nadando, ou ben na beira, formando as veces grandes concentracións.

Por certo o macho ten os membros anteriores mais grandes ca femia e na primaveira mostran unhas rugosidades negruznas na base do primeiro dedo que lle van a servir para agarrarse as femias no momento das manifestacións nupciais. É o que se chama amplexus, que son posturas moi peculiares.

Cando freza pon entre 1.000 e 10.000 ovos. O macho vai fecundando os ovos que pon a femia, con esta postura, que non é o que se pode pensar. O amplexo é precisamente, esa pretuberancia para collerse ben a femia e poder desenrolar esa labor, básica para a vida.

Máis adiante apareceran, a partir dos ovos os cágados. Os cágados poden chegar a ser moi grandes. A metamorfose soe durar 2-4 meses, saíndo da auga a meirande parte dos xuvenís ó remate do verán.

O proceso é moi complicado xa que os cágados pasan da sustitución de algúns membros a aparición de outros. Así aparecen as patas e o aparato respiratorio branquial é sustituido por outro pulmonar.

Ver un pequeno esquema:

METAMORFOSIS.

A metamorfosis das ras é incrible, e aparece nos dibuxos feitos por Felix Rodriguez de la Fuente, nos seus cadernos de campo.

Na parte de abaixo os ovos, que as ras poñen baixo a auga formando grandes masas de globos.

Logo pasa a cágado ápodo, é decir sin patas. Dibuxo 2.

Máis tarde no dibuxo tres aparecen as patas.

Finalmente nos dibuxos de arriba o cágado xa se convirte en rá con cola que perde logo no último estadio.

 

Este proceso pode verse en dibuxos interactivos neste link amigo.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Moito como tódolos anfibios.

En moitos lugares están a desaparecer. Os anfibios son un bon termómetro para medir a natureza dunha comarca. Son bastante sensibles a contaminación.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Proteción:

Proteción:

No está protexida que eu sepa.

En Galicia moita xente considera que esta ra está ameazada, sobre todo pola introdución de especies exóticas, tanto nos ríos como en charcas.

Dende logo a carpa non deixa un cágado en pe, eso seguro...

Pola miña banda e nos ríos que me movo que teñen charcas e demáis observo dende fai uns anos unha disminución galopante desta ra, pero non sei as razóns. Penso que os productos fitosanitarios (os puríns) son un auténtico desastre para esta especie.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

Distribución en Galicia:

Distribución en Galicia:

Dende logo é moi común en toda Galicia, quizais salvo no norte de Lugo que hai menos. Podemos decir que lle gustan os ambientes máis cálidos.

En Galicia vive dende o nivel do mar ata 1.800 metros, na Serra Segundeira e incluso en lagos de orixen glaciar.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

Fotografía de K59

En Ourense foi moi perseguida na Lagoa de Antela. "As ancas de ra" son un bocado exquisito. Hoxe a maioría son de viveiro, e con perdón, non se tragan...

En Ourense tiña a especialidade o Bar "O catador" , na zona dos viños,  tempos aqueles ...

Hoxe a Lagoa de Antela xa foi historia, non existe lamentablemente, está asolagada por unha desecación salvaxe, unha mágoa. Quedan algunhas rás, quedan algúns cantos, pero o coro que se oía polos anos 50 pasou a historia...

Imaxen da Lagoa de Antela nos anos 1950, e imaxen hoxe. Unha Lagoa chea de todo por suposto de rás. Unha Lagoa hoxe que é un patatal. Para chorar. Hai cousas que se fan cós pés...

Hoxe dos poucos charcos que quedan están extraendo area a tope...lamentable. Esta debe ser a recuperación da que falaba o Delegado de Medio Ambiente de Ourense, polo ano 2000, o Sr. Verdeal...

 

Volver a características

 

 

 

 

O canto da ra:

O canto da ra:

Pulsando este link podedes oir o canto da ra, nº 1 no hit-parade da natureza.

Trátase dun "trree...trree...tree...crrao ...crrao...". Canta tanto pola noite como polo día.

Alguna fotografía e o sonido está sacado desta página www do Centro de Agricultura experimental de Valencia.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os ollos dos anfibios:

Os ollos dos anfibios:

Fotografía do libro Anfibios Españoles de Alfredo Salvador y Mario Garcia.

Poño estos dibuxos de Felix Rodriguez de la Fuente, por curiosos. Trátase das pupilas de algúns anfibios. Por exemplo a ra tena que parece unha faba, mentras que o sapo común o Bufo bufo tena como un rombo .

 

Volver a características

 

 

 

 

Problemas das ras  en Galicia:

Problemas das ras en Galicia:

A ra está desaparecendo de moitos lugares de Galicia, algo pasa, por exemplo en Xinzo de Limia (Ourense), en Leboreiro e o máis grave no Courel.

¿Que pasa cós anfibios?. A verdade é que non se sabe, pero máis dun fala da contaminación e por suposto da desaparición das charcas onde vivian.

O de Xinzo está claro,  a desecación da Lagoa, a extracción salvaxe de area do pouco que queda, extracción que se está a producir neste momento, novembro do 2004, fan que os anfibios o estén pasando mal.

En Leboreiro (Ourense) descoñezo o que pasa pero últimamente as rás xa non cantan con fai 20 anos. Prácticamente desapareceron de moitas charcos. Eu, que non teño nin idea, penso nos puríns das fincas, que van o río e quedan en algunhas charcas. Os puríns matan todo canto hai. Pero non teño probas...

Outros dicen que o sol, debido a capa de ozono, queima moito e os anfibios en determinados lugares non aguantan.

No Courel é inda máis complexo, falase dunha nube de NO2 que hai sobre o parque e que  lles pode afectar, o feito contrastado é que cada día hai menos.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Bibliografía da ficha:

Fonte: Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán.

Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I,  feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.

Tamén o libro Anfibios Españoles de Alfredo Salvador y Mario García París.

Tamén utilizo os dibuxos de Felix Rodriguez de la Fuente.

Estos Cuadernos de Campo resultan sumamente curiosos. Son anotacións feitas por Felix R. de la Fuente nos anos 1970-1980.

Maravillosos.

¡¡Gracias Felix!!.

 

Volver a características

 

 

 

 

Fotografía do autor da www.

Leboreiro 16/05/2006.

Esta ra tuvo sorte, fora destos momentos. Seguro que non estaba a gusto; logo da foto,  foi liberada e  menudos saltos...

Sensacional fotografía do meu amigo e compañeiro de pesca Félix Valeiras. Ourense. 2008.

Outra fotografía da misma ra.

 

Volver a características

 

 

 

 

flecha.jpg (1049 bytes) Subir