Lavandula stoechas

 Cantroxiña. (Cantueso).

A controxiña non a tiña na miña relación de plantas a carón dos ríos galegos; pero decidín poñela xa que efectivamente aparece en moitos lugares,  sobre todo a carón do río Miño na zona de Crecente e Arbo. Tamén no río Sil pola zona de Torbeo e na Cubela.

Así aparece citada por Eliseo Alonso no libro "Pescadores  del río Miño" editado en 1989 pola Diputación de Pontevedra.

Posteriormente vin moitas entre Vilardevós e Vinhais, sobre todo na cunca do río Rabaçal, no Parque de Montesinhos.

Ver  características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cantroxiña: propiedades

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
dimensións Identificación Habitats
     
Curiosidades Fotografía

No canón do Sil.  Modificada 19/11/12

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

cientíco

Nome CIENTÍFICO.

Lavanda stoechas L.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

galego

Nome galego

Cantroxiña, arzaia, azaia, cantraxo, cantroxo, cantruexo, esprego, lavanda, rasmono.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome

castelán

Nome castelán

Cantueso, tomillo borriquero, romero de las piedras.

Fotografía da cantroxiña sacada por Parque de Matosiños, a carón do río RabaÇal no norte de Portugal.

Os cataláns chámanlle cabezuda, e dende logo non me estrana.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimen-

sións

Dimensións

É un pequeno arbusto entre 30 a 80 cms. Pode chegar o metro.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identi-

ficación:

 Identificación:

Trátase dun pequeno arbusto ramoso grisáceo, recto é ramificado que non pasa de 80 cms.

As ramas son de cor verde e abondosas.

De primeira intención podémola confundir, mirando as ramas, có romeu, logo vese que é distinta e o cheiro tamén distinto. De tódolos xeitos en algúns lugares chámanlle romero de piedra, por algo será...

As follas nacen enfrentadas e son largas e estreitas.

A flores aparecen apiñadas en espigas, son atrompetadas,  e teñen unha cor azul ou púrpura.

Flores atrompetadas, en cabeciñas moi densas, os pétalos son de cor púrpura moi oscuros. Poden chegar a un metro e florecen na primaveira.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats

Habitats:

Dase en terrenos pedregosos e graníticos, polo que aparece entre as rochas que cita Eliseo Alonso.

Tamén por suposto sobre terreos ácidos.

Vin cantidade, que por certo nos chamou moito a atención o meu amigo Páxaro e a mín no Parque de Montesinhos no norte de Portugal a carón do río RabaÇal, había cantroxiñas a miles, cheiraban marabillosamente e entonaban coa paisaxe de forma marabillosa.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Curiosi-

dades:

Curiosidades:

Florece por abril Xuño e trátase dunha árbore típica mediterranea.

Sin embargo aparece citada por Eliseo Alonso no libro "Pescadores  del río Miño" editado en 1989 pola Diputación de Pontevedra.

Trátase dun arbusto moi aromático,  de feito as ramas e as flores utilízanse como herbas aromáticas para perfumar a auga dos baños; é tamén relaxante.

Tamén se utiliza para limpar feridas.

É util tamén contra o meteorismo.


Outra curiosidade é que a cantroxiña tamén se utiliza, en algúns lugares, para facer feitizos de amor. Casi nada...

Volver a características

 

 

 

 

Fotografías:

 

A flor chama moito a atención. Fotografía do autor da web.

 

Fotografía de Cantroxina na ruta do Contrabando por Vilardevós e Gigirey preto dos ríos Mente e Rabaçal. 2012.

Volver a características

No canón do Sil na Cubela.

Canón do Sil baixando a Cubela.

Cantroxos na Cubela. Fotografía do día 28/05/2010

 

Volver a características

Saír.

 

 

 

 

 

o canón do Sil na Cubela.

Canón do Sil baixando a Cubela.

Cantroxos na Cubela. Fotografía do día 28/05/2010

 

Volver a características

Saír.