Ruscus aculeatus L.

Xilbarbeira. (Arrayán silvestre-Ruscu).

 

 

Trátase dun arbusto que está sempre verde . Ata  1 metro de altura, pode chegar a 1,5 m.

Cítano por exemplo nas Fragas do Eume. En Ourense está citado no espacio arqueolóxico- natural de Santomé. Tamén na zona de Entrimo e Lobios.

Eu vín moito o pe do río Lor na Labrada, seguindo a ruta río arriba. A fotografía está sacada nese lugar.  Tamén no río Deva en Arbo e no río Barbantiño en Punxín.

Recibe tamén o nome de azoutacristos, picanceira,  e rascacú. En Galicia ten moitos nomes, ata 36  teño contado.

Ver un dibuxo sensacional

e as características

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ruscus aculeatus L.

Xilbarbeira, rusco, rascacú

 

Fotografía da xilbarbeira no río Lor preto da Labrada.

Trátase dun arbusto que está sempre verde. Ata  un metro de altura. Sei que o citan por exemplo nas fragas do Eume. En ourense tamén na conca do Lonia.

Eu vín moitas no río Lor na Labrada.

O tallo é moi ramificado entre 10-100 cm. 

Pseudofollas de 1-6 cm, ovais ou lanceoladas, como se ve na fotografía. Flores verdosas e frutos vermellos. As follas saen no medio das pseudofollas.

Ver a explicación máis abaixo. 

Atópase en acantilados, en bosques e en matogueiras, non moi lonxe dos ríos galegos.

 

En Ourense está citado no espacio arqueolóxico- natural de Santomé.

Recibe tamén o nome de azoutacristos, xilbarda, xibarda, uvas do can, picanceira ou rascacú. Ten polo menos 36 nomes.

Azoutacristos, baioba, brusca, carrasca, escobas, escudeixo, esvarda, gilbarbeira, melquita, mesquita, mesquito, picaceira, picanceira, picantel, rascacú, rusco, silbarda, simalbeira, silvarbeira, silvarda. silvardo, simalboira, uvas do can, xarda, xardeira, xardina, xibalveira, xibarda, xilbarba, xilbarbeira, xilbarda, xilbardeira e ximalbeira.

Estos nomes están sacados do libro "Nomemclatura vernácula da flora vascular galega" editado pola Xunta de Galicia en 1992 e de autores varios.

Tamén por suposto o de xilbarbeira.

O froito é de cor vermello e trátase dun froito seica tóxico, inda que se teñen usado como aperitivo.

(Descoñezo o autor da fotografía)

As follas verdadeiras son unhas escamiñas cativas, que nacen no pé das follas falsas ou pseudofollas.

 

Fotografía onde se ve a curiosidade da xilbarbeira xa que ten dúas especies de talos, os normais que se ven na fotografía e os aplanados que parecen follas, de feito son as que se ven na fotografía ovaladas, que realmente son falsas follas e se chaman "Filoclados", con punta de pica e aproximadamente 2 cms.

As verdadeiras follas van no pe da anterior e son as que aparecen na fotografía. Son unhas escamiñas moi pequenas que aparecen no pé. Algunhas vense perfectamente. (Sobre 3 mm algunhas).

O froito xa se ve é unha bola vermella de máis dun cm.

Polo vistosos que son úsanse para adornar nas festas de nadal e aninovo.

Os frutos madurecen no outono. Ver as miñas  fotografías.

Na fotografía sacada do libro "Guía de la flora del Parque Natural Baixa Limia Serra de Xurés" de Íñigo Pulgar, vese a Xilbarbeira e cítase como unha característica do sotobosque de carballeiras,  sempre en zonas baixas e abrigadas, no Xurés a carón de corticeiras e madroños.

En castelán chámase rusco, brusco, tamén acebo menor e arrayán silvestre.

En portugués gilbardeira.

Fotografía de Annette Hoggemeie

A xilbardeira utilízase como diurético, depurativo, antiartrítico e vasoconstrictor moi forte. Tamén se emplea para trastornos capilares e afeccións venosas como varices e hemorroides. Tamén se ten usado contra "a gota".

En algúns lugares consúmense os brotes novos de forma similar ós espárragos.

As semillas úsanse como sucedáneo do café.

 


 

Fotografía da xilbarbeira no río Lor preto da Labrada.

Efectivamente estaba a carón de corticeiras e madroños e tamén había moito escaramuxo.

O aumentar a fotografía anterior vese o detalle das follas auténticas.

Rascacú ou xilbarbeira no río Deva en Touzosas (Arbo).

Rascacú ou xilbarbeira no río Barbantiño (08/06/2011).

 

Nota: moita información sacada do libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García. Editorial Follas Novas 1979.

Saír.