Arbutus unedo L. Érbedo. (Madroño)
Hai moitos na beira do río MIño en Ourense, no paseo das ninfas cara a Reza. É un arbusto moi bonito.
Son arbustos mais ben pequenos, é raro que pase de 5 metros, de follas moi verdes e oscuras que son moi parecidas o loureiro.
Os froitos son os famosos morotes de érvedo que son baias roxas cando maduran e granudas por fora.
A min gústanme, pero dicen que emborrachan si se toman en moita cantidade.. Extremo que non teño comprobado.
Crece de forma espontánea en moitos lugares, en particular a beira dalgúns ríos en Ourense e no sur de Lugo.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Distribución en Galicia | As flores e o froito | O tronco |
| Curiosidades | Fotografías e bibliografía |
Modificado o 12/03/2008 |
| Nome científico |
Arbutus unedo L.
|
| Nome galego |
Érbedo, albedro, madroño. Tamén: erbedeiro, amoroqueiro O froito: morote, amorote, amorodo.
|
| Nome castelán |
Madroño no Paseo das Ninfas en Ourense. Río Miño.
|
| Dimensións |
Ata 5 metros. De tódolos xeitos non é moi normal que chegue a eles. O da fotografía mide sobre 2 metros de alto.
|
| Identificación: |
As follas son verdes oscuras, alternas e duras, entre 5 a 10 cms. As beiras son aserradas e teñen un parecido grande co loureiro. Cando ten o fruto e moi fácil de identificar.
Trátase dun arbusto non moi grande. O da fotografía ten sobre 2 metros de alto.
|
| Habitats: |
A beira dos ríos pero ollo máis ben na zona de Ourense e sur de Lugo. Tamén por suposto en matugueiras secas e ladeiras pedregosas de montañas, pero sempre por baixo dos 1.000 metros. Persoalmente atopei érvedos en Ourense en toda a beira de Mende a carón do río Miño; a carón do río Lor no sur de Lugo, e tamén no cañón do Bibei, preto das Ermitas en Ourense. Sei según a bibliografía consultada que se dan nas rías tanto baixas como altas, neste último caso entre Ferrol e Ribadeo.
|
| As flores e o Froito: |
As flores son hermafroditas, con cáliz de 5 sépalos e a corola é de cor rosa esvaído ou crema, en forma de ola, cos lóbulos da corola revirados para afora.
As flores nacen no outono e tardan un ano enteiro en madurar.
O froito é unha baia, chámanse morotes de érvedo son roxas e granudas por fora. Persoalmente gústanme moito, dicen que si se comen moitas que se emborracha un, a verdade non o sei...
|
| Forma do tronco: |
O tronco e curto dunha cortiza delgada e parda, como se pode ver na fotografía.
|
| Curiosidades: |
A parte do froito que é comestible coa particularidade de que si se comen moitos pódese emborrachar un, cousa que non comprobei; decir que é unha arbore do sur de Europa, que se utiliza como ornamental. Hai xente que fai bebidas e mermelada destas boliñas roxas. As follas e a cortiza son boas para a diarrea e teñen propiedades antisépticas. Arde ben e fai bon carbón.
|
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. Tamén Flora de Galicia de Xosé Ramón García.
As fotografías son todas do autor da www. Secundino Lorenzo.