Cyprinus carpio. A Carpa. (Carpa)

(É moi depredadora, come de todo, sobre todos ovos doutros peixes. Adquire dimensións incríbles, ata 100 cms e pode pesar ata  30 kg).

A carpa común é un peixe non autóctono de Galicia. Outro peixe que non sei quen botou nos ríos galegos.  Non quero pensar que foxe Medio Ambiente. Unha mala política cós nosos ríos.  

Outra barbaridade que botaran este peixe  en algúns encoros como nas Conchas en Ourense, ou Lindoso e incluso en Castrelo de Miño, ¡¡ Vaia animalada!.

A carpa, a larga, remata cós outros peixes. ¡Seguro!. Todo lle vale...

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARPA (Cyprinus carpio): características.

 

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Alimentos e hábitos Desove Vese nos meses de
     
Distribución en Galicia. Interés A súa pesca
     
protección Máis sobre as carpas en Galicia Curiosidades       Record pesca

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome Científico

Nome científico:

Cyprinus carpio Linnaeus, 1758.

Clasificación:

Reino: animalia

Filo: chordata

Clase: Actinopterygii

Orden: Cypriniformes

Familia: Cyprininae

Género: Cyprinus

Especie: Cyprinus carpio

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome Galego:

Nome galego:

Carpa

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Carpa

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Pode alcanzar 1 metro e pesar ata 30 kg.

Actualmente o record do mundo está en 38,15 kg.

Record de  pesca de carpa do mundo

Esta carpa pesou 12 kg. Observar as mans, o pescador foi eliminado da fotografía.

Hoxe hai o que se chama o Carp Fishing que é unha modalidade nova de pesca, onde vale todo con tal de coller a maior carpa. O record está en 37,600 kg.

Esta modalidade é simplemente pescar a carpa máis grande sacar a fotografía e deixar a carpa que siga crecendo.

Realmente para chorar...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

La Carpa tampoco es un pez de Galicia.

A Carpa non é un peixe galego, trátase dun peixe foráneo, o que se dice especie exótica a nivel científico.

A boca é terminal e protáctil, ten catro barbelas sensoriais situadas a cada lado da boca, dúas e dúas.

Fotografía de Kent Esbensen, sinto moito ter que cortala así, a fotografía era moi boa. Perdón.

A aleta dorsal é, como se pode ver na fotografía e no dibuxo moi longa, o primer radio que ten é forte e aserrado.

 

Este peixe ten unhas barbelas na mandíbula superior que o distingue do Carpín por exemplo. Amosa un corpo comprimido lateralmente e pouco alongado.

Ten 33 a 40 escamas na linea lateral.

O corpo teno todo recuberto de escamas, ollo xa que hai distintos tipos, despois de cultivos intensivos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Alimentación e hábitos:

Alimentación e hábitos

Son onnívoros ou sexa comen de todo: restos vexetais, insectos, crustáceos, alevíns de todo tipo de peixes, etc.

Gústanlle moito os invertebrados bentónicos. Falando en plata: a carpa sopla os limos dos fondos dos encoros e come de todo dende limo ata gusaniños que levanta o soplo. Tamén lle gustan as herbas e a vexetación.

Os adultos levantan raíces e destruen a vexetación sumerxida o que perxudica a outras especies e outros animais que requiren da mesma. Ou sexa unha auténtica desfeita. En algúns encoros, como nas Conchas en Ourense, as Carpas están rematando cos peixes e troitas do lugar. Unha auténtica desfeita ou desastre natural. A festa do peixe das Conchas, vaise convertir na festa da Carpa. Claro que algún entendido, hai moitos, dirán que a carpa tamén é un peixe... e os pescos como eu que pescamos peixes nas Conchas polos anos 60 diremos...¡vaia por deus, este non sabe o que di!. Hai moito analfabeto en temas de natureza... O positivo é cunha carpa destas fai por mil peixes dos de antes, pódese dormir con ela...

Esta carpa pesou 12 kg. Observar as mans, o pescador foi eliminado da fotografía.

 

O encoro de Castrelo está cheo de carpas, ¿que pasará dentro duns anos?...

Nota curiosa: según o libro "Miscelánea zoolóxica" de Estanislao F. de la Cigoña e José Manuel Oujo, xa se sabe quen meteo as carpas no encoro das Cunchas:

..."O dia 22 de xuño do 2002 fomos invitados polo ex-alcalde de Viana do Bolo D. Fidel Garcia Caurel a comer nun mesón que se acha no lugar do Pereiro (A Mezquita); á beira mesmo da estrada nacional 525. Naquela comida estaban, entre outros moitos señores, o tamén ex-alcalde de Muíños D. Lisardo Quintas Graña que preguntado sobre as carpas que habitan no encoro das Cunchas que se forma na parte media do río Limia, falou deste xeito:

    -Os que levaron as carpas ó río Limia non foron outros cos fillos do sarxento Vizán, que estaba destinado na Casa Cuartel de Muíños, hai disto 20 anos. El era da parte de Castela e trouxéronas de alá nunhas vacacións."...

Esto explica moitas cousas...entre outras que o río Limia dende fai anos non ten máis troitas que as que botan a principio de tempoada. Ademais o famoso peixe das Conchas pasou a historia.

Podo afirmar que nos anos 1970-78 o río Limia tiña unhas troitas impresionantes, ademais dun peixe dos mellores da provincia de Ourense.

Hoxe no ano 2006 este río está defenestrado...por non decir outra cousa.

Razóns do desastre: a mala política seguida polo Concello de Bande (sin mirar para os ríos da zona); o deixar facer a minicentral de Puente Linares e outras, o non depurar para nada Xinzo de Limia nin os pobos da Lagoa e inda por riba o botar as carpas.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

La Carpa tampoco es un pez de Galicia.

Prefiren augas de curso lento ou estancadas, con fondos limosos, sendo moi resistentes a escasez de ousixeno e a contaminación das augas.

Vemos que é un peixe impresentable para Galicia, eso si interesante para non depurar as augas.

Eu penso que o feito de botalo en Castrelo de Miño no encoro, é ese, como cada día o río vai máis porcallento, pois ala carpas, así parece que ten vida...

Esta carpa pesou 12 kg. Observar as mans, o pescador foi eliminado da fotografía.

Teño visto carpas enormes de ata 4 kg. xusto na depuradora de Ourense, entre a merda, xulio do 2001. Andan as bandadas, de catro en catro, realmente sinto pena e vergoña, xa que estou falando do río Miño en Reza, xusto por debaixo da ciudade de Ourense, e estou dando datos de xulio do 2001.

Pido perdón o pescador, as gafas non estaban na fotografía. Por suposto a carpa sí...Destas hai moitas en Reza, a carón do río Miño. Tamén no río Miño. Unha pena...

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Desove:

Desove:

O desove ten lugar a finais da primaveira ou principios de verán, en zonas inundadas con escasa profundidade e vexetación abondosa á que se pegan os ovos. A femia é perseguida por varios machos para estimula a que freze. O número de ovos por kg de peso calcúlase entre 100.000 e 200.000. Os ovos eclosionan os catro días.

Incrible.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de ...

Todo o ano.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Ningún. É un peixe que non debéramos ter en Galicia si as cousas se fixeran ben.

 

Esta carpa pesou 12 kg. Observar as mans, o pescador foi eliminado da fotografía.

Ir a características

 

 

 

 

 

Pesca:

A súa pesca:

Fotografía de Kent Esbensen. Observar que exemplar de carpa incrible, pasa dos 20 kg.. Hoxe en Castrelo seguro que xa hai algunha deste estilo. Un desastre xa que estas carpas comen de todo, en particular, a vexetación do río e os alevíns doutros peixes...

En Galicia é unha auténtica desgracia dende o meu punto de vista.

Para mín non ten ningún interés na pesca, estou falando en Galicia onde tíñamos e inda temos marabillosas troitas e un ciprínido espectacular, amén doutras especies.

A carpa é unha auténtica mágoa. Para chorar...

Os que a botaron e a botan, para mín non teñen perdón.

Dicen Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández, no libro "As bioinvasións na Galiza" : "...A proliferación da carpa ten que considerarse como moi negativo; tense dito que é como un porco acuático. Foza nos fondos lamacentos, atoldando a auga, o que interfire cós peixes  que se guían pola vista. desoxixena a auga  ao movilizar estos sedimentos finos; come de todo, incluso ovos de peixe; moviliza nutrente que promoven o crecementos de algas...Os encoros...teñen contribuido a extensión desta especie..."

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Non está amenazada, en ningún libro aparece como tal.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

As Carpas en Galicia:

As carpas en Galicia

La Carpa tampoco es un pez de Galicia.

A Carpa según a Xunta aparece no encoro de Lindoso e as Conchas no río Limia na provincia de Ourense, no inventario que fixo en 1997-98.

Eu penso que foi botada en máis lugares, polo menos en Ourense. Teño, en xullo do 2001, visto carpas enormes no encoro de Castrelo de Miño.

Outra barbaridade.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.

Fotografía de carpas mortas en Laias nunha baixada do encoro. A verdade é que hai miles de carpas no encoro de Castrelo e outros. Unha auténtica desgracia.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

É un desastre de peixe, polo seu efecto negativo, recoñecido polo Libro vermello  dos peixes continentais de España, editado polo Ministerio de Medio Ambiente de España e o CSIC, na páxina 189 dice textualmente:

"Por su efecto negativo sobre la vegetación acuática es una especie que altera los hábitats acuáticos perjudicando sensiblemente a otros vertebrados."

La Carpa tampoco es un pez de Galicia.

A miña opinión sobre a carpa nos ríos de Ourense é que constitue unha auténtica catástrofe ecolóxica. A carpa come todo, remata con todo, dende as ovas dos peixes e das troitas ata fango. A súa carne hai xente que dice que sabe ben...eu penso que hai xente que come de todo...A carpa o único que pode ter de positivo é que ata come o caranguexo americano si se lle pon por diante, outra plaga de algúns dos nosos ríos.

 

Esta carpa pesou 12 kg. Observar as mans, o pescador foi eliminado da fotografía.

Esta carpa pesa máis de 20 kg.

Carp fishing.

Unha modalidade que se está a preconizar en España. Novembro do 2005.

O das gafas está claro que é unha montaxe...

 

 

Ir a características

 

 

 

Record do mundo:

Record do mundo

O record do mundo, de pesca da carpa,  está actualmente en 38,15 kg,  desta carpa que se ve na fotografía. ¡Menudo peixe!. Carpas deste calibre non tardaremos en telas no Miño, no encoro de Castrelo de MIño. ¡Lástima que un bicho destes non lle tirara de certas partes ó animal que botou ou mandou botar as carpas neste e noutros encoros galegos!. ¡É o menos que merecía...!

Ir a características

 

subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

La Carpa tampoco es un pez de Galicia.

CARPA

A Carpa según a Xunta aparece no encoro de Lindoso e as Conchas no río Limia na provincia de Ourense, no inventario que fixo en 1997-98.

Eu penso que foi botada en máis lugares, polo menos en Ourense. Teño, en xulio do 2001, visto carpas enormes no encoro de Castrelo de Miño. Tamén nunha charca que hai en Paderne (aquí si que pode estar xustificado, pero non no río Limia por exemplo. Hai carpas no encoro das Conchas).

Outra barbaridade.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.

Hoxe hai carpa en tódolos encoros galegos.

Subir.