|
|
| Nome científico |
Troglodytes troglodytes (Linn.)
|
| Nome galego |
Carrizo. Hai quen dice tamén carriza.
|
| Nome castelán |
Chochín.
|
| Dimensións |
Mide sobre 9,5 cms. e pesa 9 gramos aproximadamente. Trátase polo tanto dun paxariño máis ben pequeno. Moi pequeniño.
Nesta fotografía da que descoñezo o autor vese o tamaño do carrizo en relación a man. Trátase polo tanto dun paxariño moi pequeno.
A súa envergadura non pasa dos 15 cms.
|
| Identificación: |
É rechoncho, de cor pardo, de cola corta que sempre trae para arriba, moi vivaracho, o seu voo é recto.
Canta dende tódolos sitios un "teck teck" "trr - trr" o un ronroneante "zerr". As veces voa por riba da auga e pousase en milésimas de segundo, con gran dominio do seu voo. Esto vino en xaneiro (2001) por debaixo da Ponte Vella en Ourense.
A cola é moi peculiar, corta e sempre para arriba.
|
| Alimentación: |
Preferentemente de insectos, hemípteros e coleópteros.
|
| Habitats: |
É moi abondoso e atópase ata 1.400 metros de altura aproximadamente. Habita en vexetación mexta e baixa, xardíns, fragas, cultivos. Atópase tamén preto da auga.
En Galicia é máis abondoso na Coruña e Pontevedra que en Lugo e Ourense. En Ourense vino en xaneiro do 2002 por debaixo da Ponte Vella.
|
| Niños: |
O seu niño é totalmente característico, xa que fai un niño esférico con entrada lateral, como se ve no dibuxo sacado do libro "Guia das aves de Galicia" xa citado na bibliografía. Faino ben agachado en lugares baixos, moi globoso e a base de musgo. Pon de primeiros de abril a principios de xullo de 4 a 6 ovos brancos, que chocan os 14 días. Os paxariños xa voan os 17-18 días. Trae dúas ruladas o ano. O seu niño e parasitado polo cuco. Xa se sabe o de poñer o ovo en niño alleo.
|
| Vese nos meses: |
Vese dende abril ata finais do verán. Tamén o vín en Ourense en xaneiro do 2002.
|
| Interés: |
Moitísimo.
|
| Protección: |
Está protexido pola lei, claro que para algunhos esto pouco importa. Eu penso que en Galicia xa vai sendo hora de que estas cousas se estudien na escola primaria. Logo na ESO se repasen un pouco, con coñecementos in situ destes paxariños, é a única forma de amalos , respetalos e conservalos. O demáis non é nada.
|
| Curiosidades: |
Os seus amores son moi ternos, canta moito e fan entre os machos concursos de canto e concursos de arranxar e facer o niño. Incríble.
///¡Ai, como chora o carrizo!///Alguén lle desfixo o niño,///o seu niño de primores, /// o seu primoroso niño /// o seu niñiño de amores./// ( Poesía recollida do libro "Aprendendo coas aves", un libro sensacional ). Debido a estos amores é normal que apareza na literatura galega así: /// Sei dun niño de carrizo /// na cabeza dun repolo,/// certáronme as nenas del /// roeron a cabeza e todo///. ( Cancionero popular) .
|
| Canto: |
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar. As curiosidades e outras cousas están sacadas do Tomo II de Aves da colección Atlas de Vertebrados de Galicia.
O dibuxo está sacado do libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional.
As fotografías son de Vren Scriccido e varios.

Fotografía sensacional de P. Dubois.